




















QUEN SOMOS
Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias escénicas que combinan música, danza, teatro de rúa e animación.
Deseñamos e producimos propostas temáticas que conectan coa emoción e co imaxinario colectivo, creando formatos pensados para sorprender, implicar e facer participar ao público en contextos moi diversos.
Estamos especializados en cabaré, teatro de rúa e contidos vinculados ao ciclo festivo do ano, desenvolvendo espectáculos e programacións para todos os públicos, tanto en espazos escénicos como en contornas urbanas e non convencionais.
Ao longo da nosa traxectoria impulsamos e producimos festivais e eventos singulares, así como programacións culturais completas, combinando creación artística, produción e comunicación.
Traballamos con institucións, empresas e organizacións no deseño de propostas a medida, adaptadas a cada contexto e necesidade.
Creamos experiencias que fan vibrar, participar e celebrar. Espectáculos propios e proxectos a medida pensados para comunicar, emocionar e deixar pegada.
PROXECTOS DESTACADOS
Programacións temáticas e ciclo festivo
Cantata Comunal Grándola Vila Morena. Pontevedra. 2023-Actualidade
Aldea de Nadal. Concello de Vilagarcía de Arousa (2022- Actualidade)
Onde Habita o Nadal. Concello de Cangas 2025
O Bosque de Nadal · Viveiros O Piñeiro (2017–2025)
Pequeno Circo de Nadal · Rianxo / Salceda de Caselas (2016–2024)
Pequeno Circo de Entroido en María Pita · A Coruña (2017–2018)
Festas e intervencións a medida
Festa de Raia en Portonovo (2018, 2019, 2025)
Tarde dos Pepes e das Pepitas en Marín (2019 e 2026)
Festas de San Xoán en Poio (2018-Actualidade)
Festas de verán · Sanxenxo (San Xenxo, Santa Rosalía)
Batalla de Flores · Pontevedra (múltiples edicións)
Street marketing e accións especiais
Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos VIños de Galicia - Xunta de Galicia (múltiples edicións)
Parranda & Trucks · Portonovo (2017–2018)
Festival Rilla na Rúa (2026-2018)
Inauguración de A Sede RC Celta de Vigo (2018)
Dinamización Gala Iberconsa (2023-2024)
Feira Modernista de Cartagena 2018
Feira Modernista de Sada (múltiples edicións)
Cabaré e creación escénica
Festival Galego de Cabaré · 12 edicións (2006–2021)
Compostela Carpa Cabaré. Festas do Apóstolo 2009
Ciclo Cabaré Cabaré · Concello de Pontevedra (2021)
QUE FACEMOS
MÚSICA
No ámbito musical partimos das raíces para explorar novas formas de creación, combinando tradición e contemporaneidade en propostas escénicas que buscan emocionar e sorprender.
A nosa traxectoria inclúe proxectos discográficos como Músicas de Domingo ou Orquesta Gharbo!
Actualmente desenvolvemos concertos escénicos e formatos que integran disferentes disciplinas creando experiencias vivas e pouco convencionais.
Paralelamente, impulsamos cantatas colectivas e proxectos participativos nos que a música se converte nun espazo de encontro e creación compartida, así como iniciativas de musicoterapia social con fins educativos, terapéuticos e comunitarios.
NADAL
Nos últimos anos desenvolvemos algunhas das propostas de Nadal máis singulares do panorama galego, impulsando e producindo proxectos que combinan creación escénica, ambientación temática e participación do público.
Iniciativas Pequeno Circo de Nadal (Rianxo e Salceda de Caselas), O Bosque de Nadal en Viveiros "O Piñeiro" (Pontevedra) ou sobre todo, Aldea de Nadal (Vilagarcía) forman parte dunha traxectoria consolidada no deseño de experiencias que transforman o espazo e conectan coa emoción destas datas.
Contamos cunha ampla variedade de propostas propias e formatos adaptables, pensados para levar a ilusión do Nadal a públicos diversos a través de ideas creativas, coidadas e a medida.
CABARET
Somos especialistas en cabaré contemporáneo, cunha traxectoria iniciada en 2006 na creación, produción e desenvolvemento de espectáculos e eventos vinculados a este xénero.
Traballamos tanto en formato de sala como en espazos non convencionais —rúa, praza ou carpa—, adaptando o cabaré a contextos diversos e explorando as súas posibilidades escénicas en diálogo co público.
Esta liña de traballo concrétase en proxectos como o ciclo Cabaré Cabaré do Concello de Pontevedra, as 12 edicións do Festival Galego de Cabaré ou iniciativas como Compostela Carpa Cabaré, así como en múltiples creacións propias como As Nenas Perdidas, Cabarédeambulante, Flashtop Cabaret ou Master Class Cabaret.
A nosa achega ao cabaré contemporáneo complétase coa edición de Pequeno Manual de las Artes Perversas, unha publicación centrada na reflexión e práctica deste xénero escénico.
INFANTIL
No ámbito do teatro e a animación infantil desenvolvemos propostas escénicas altamente participativas, nas que o xogo, a música e a interacción co público son parte esencial da experiencia.
Creamos contidos pensados para sorprender e implicar tanto a pequenos como a maiores, combinando humor, ritmo e narrativas accesibles que conectan coa curiosidade e coa imaxinación.
O noso traballo incorpora tamén unha dimensión social e emocional, vinculada á experiencia de intervención artística en contextos hospitalarios a través da colaboración con Fundación Theodora, levando a escena a espazos onde a arte se converte nunha ferramenta de acompañamento e benestar.
SERVIZOS
IDEAS
Creamos proxectos orixinais con ideas únicas e exclusivas segundo as túas necesidades. Eventos, festivais, plans formativos ou divulgativos cun marcado carácter innovador.
COMUNICACIÓN
Comunicación corporativa, street marketing, dinamización de eventos, deseño gráfico e web e redes sociais
A MEDIDA
Deseñamos experiencias á medida das túas necesidades. Escoitamos e analizamos todos os factores para crear propostas únicas e irrepetibles
PROPOSTAS
Temos unha propia batería de espectáculos e producións, así como proxectos propios e un roster de propostas do máis completo para satisfacer as túas necesidades.












