
Vivan as insolentes! é o novo concerto escénico-musical de Nelson Quinteiro: unha viaxe entre cancións propias, tradición e himnos da liberdade.
Un espectáculo participativo que mestura música, memoria e rebeldía, inspirado no espírito da canción protesta dos anos 70.
Un convite a sentir, pensar e cuestionar o mundo que nos rodea.
Inspirándose no legado de autores como José Afonso, Vitorino, Mikel Laboa, Voces Ceives, Víctor Jara ou tantos outros/as, o espectáculo recupera o espírito da canción protesta e de autor e da música como ferramenta de transformación social.
Sobre o escenario, a voz e a interpretación íntima de Quinteiro mestúranse cunha instrumentación diversa —ukelele, guitarra, percusión tradicional galega— e co uso de recursos como loops en directo, xerando unha experiencia sonora contemporánea e envolvente.
O repertorio percorre emocións e contextos históricos, desde a loita pola liberdade ata a afirmación da identidade cultural.
“Vivan as insolentes!” é unha proposta participativa que invita ao público a escoitar, sentir e cuestionar, convertendo o concerto nun espazo compartido de reflexión e celebración colectiva.
Alberto Pombo
Director do IES Rafael Dieste
(A Coruña)

Un espectáculo musical vibrante, participativo e cheo de sensibilidade, ideal para centros de ensino. A través da música ao vivo e dunha posta en escena próxima e dinámica, conecta co alumnado desde a emoción, a creatividade e a reflexión, ofrecendo unha experiencia cultural enriquecedora e inesquecíbel.
ALBERTO POMBO
Director IES Rafael Dieste (A Coruña)
Isabel G. Piñeiro
Coordinadora da Biblioteca
do IES Rafael Dieste

A través da música, a literatura e a tradición galega, conseguiron crear unha experiencia emocionante e participativa para o alumnado, destacando tamén unha dinámica de musicoterapia moi enriquecedora. A actividade foi un grande éxito e unha fermosa celebración da cultura galega. Grazas, Nelson e Iago, por compartir o voso talento, a vosa sensibilidade e a vosa paixón pola cultura galega connosco.
ISABEL G. PIÑEIRO
Coordinadora da Biblioteca
do IES Rafael Dieste (A Coruña)
Vivan as insolentes! móstrase especialmente indicado para contextos educativos con adolescentes. Transmitindo valores de memoria histórica, reflexión sobre a rebeldía e imaxinación sociolóxica, así como unha lección de historia sobre a canción protesta.
Consultar a crónica completa do concerto VIVAN AS INSOLENTES na Instituto Rafael Dieste de A Coruña o pasado 23 de abril de 2026 da man de Isabel G. Piñeiro, coordinadora de bibliotecas.
