![]() Nelson QuinteiroBarullo! Allariz, setembro de 2025 | ![]() Nelson QuinteiroDe Libertas. Performance de Vasco Araujo na Bienal de Pontevedra. Xuño de 2025 | ![]() Nelson QuinteiroGrándola Vila Morena, 25 de abril de 2025 |
|---|---|---|
![]() Nelson QuinteiroFartura! Carril e Vilaxoán, setembro de 2025 | ![]() Nelson QuinteiroFala-Me. Trad Cabaré. Agosto de 2021 | ![]() Nelson QuinteiroBarullo! Imaxe Promocional |
![]() Nelson QuinteiroAs Nosas Músicas D´Aquí | ![]() Nelson QuinteiroDemoday Coworking de emprendimento en industrias culturais | ![]() Nelson QuinteiroFala-Me. Trad Cabaré. Agosto de 2021 |
![]() Nelson QuinteiroFlashtop Cabaret. Festival Portamérica 2026 | ![]() Nelson QuinteiroPontesan 2023. Charla sobre musicoterapia. | ![]() Nelson QuinteiroMais Cantos. Festas de San Xenxo 2018. |
![]() Nelson QuinteiroAs Nosas Músicas D´Aquí. | ![]() Nelson QuinteiroO Bosque de Nadal 2021 | ![]() Nelson QuinteiroFala-Me. Trad Cabaré. |
NELSON QUINTEIRO
Nelson Quinteiro é un artista profesional no que conflúen máis de 20 anos de formación e experiencia no mundo artístico, tanto sobre os escenarios, rúas e prazas, como na xestión e consultoría de contidos culturais, programacións e festivais para todo tipo de institucións e clientes.
Formación
Nelson Quinteiro é Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (97-2002) e Master Oficial en Musicoterapia pola Universidade Internacional de La Rioja Unir (2023-24).
Dende moi novo completa a súa sempre continua formación en múltiples áreas artísticas que o levan a un marcado recoñecemento, sobre todo como artista infantil, musicoterapeuta social, cabaretero e dinamizador cultural.
Ao longo destes anos realiza diversos cursos para mellorar as súas competencias como “Emprendemento en industrias culturais" (Fundación Paideia, Escola de Organización Industrial), “Gestalent: Xestión do talento” (HayGroup, Instituto de Empresa de Madrid), “Dinamización cultural” (Concello de Pontevedra) ou Cursos de Verán da Universidade Internacional Menéndel Pelayo, entre outros.
Proxectos máis recentes
Actualmente é profesor das actividades "Musicoterapia", "Intervencións Artísticas no Ámbito Hospitalario" ou "Bailoterapia e danza tradicional" na Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, Campus de Pontevedra.
En xuño de 2025 realiza a dirección musical da performance "De Libertas" do artista portugués Vasco Araújo dentro da programación "Artes Vivas" da Bienal de Arte de Pontevedra 2025.
É, por outra banda, responsable artístico e musical da Cantata comunal de "Grándola, Vila Morena" que cada 25 de abril se celebra na cidade do Lérez organizada dende o Ateneo de Pontevedra.
Destaca o seu papel como programador, director e intérprete de contidos para o Nadal en colaboración con concellos como Vilagarcía de Arousa ("Aldea de Nadal"), Salceda de Caselas ("Pequeno Circo de Nadal") ou Cangas do Morrazo ("Onde habita o Nadal") entre outros.
Artista infantil
Destaca o seu perfil como artista infantil, creando diferentes propostas e espectáculos que combinan música, danza e teatro para nenos e nenas de todas as idades. Algúns dos seus traballos destacados Pequeno Cabaret Infantil, Barullo!, As Nosas Músicas D´Aquí ou Papiroflexias: o Asteroide de Papel.
Cabaret
Un dos seus perfís máis recoñecido a nivel estatal é o de cabaretero, como director e programador de todas as edicións do "Festival Galego de Cabaré" (12 edicións, dende 2006 a 2021) editando o libro "Pequeno Manual das Artes Perversas" (Primeiro tratado teórico sobre cabaret contemporáneo), programando contidos de festivais como "Compostela Carpa Cabaré 2009", "Cabaré Cabaré! 2021" (Excmo Concello de Pontevedra) ou participando en eventos como o I Festival Iberoamericano de Cabaret o Cabaret Flotante ou o FestiMAD de Madrid.
Música e musicoterapia social
Como músico e intérprete de música tradicional galega publicou os discos "Orquestra Gharbo!" (2014) e Músicas de Domingo" (2019), e ten dirixido innovadoras iniciativas como o programa "Supercantos 2017" do Excmo Concello de Pontevedra, ou creado a iniciativa "Mais Cantos".
Desde o ano 2017 formouse e certificouse como artista de hospital por Fundación Theodora, chegando a ser "Doctor Sonrisa" e traballando en hospitais públicos de toda Galicia e proxectos a nivel estatal.
Traballou en diferentes proxectos de musicoterapia con persoas maiores nas residencias públicas de Campolongo (Pontevedra) e Marín e na Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFAPO) en Pontevedra e Marín.
Entre setembro e decembro de 2024 emprende unha colaboración coa Fundación SGAE dentro do proxecto "Barraca XXI" para levar Musicoterapia, movemento e cabaré aos usuarios ambulatorios/as do Hospital de Saúde Mental de Conxo, Santiago de Compostela.
Producións
Durante todos estes anos creou e dirixiu propostas moi diversas en toda Galicia, como o espectáculo de música e danza “Gharbo!" (2012) en co-produción co Centro Coreográfico Galego, "Brancas. Itinerario Escénico Urbano" (2012, para a Noite Internacional dos Museos da Coruña),"Portamérica Circo Cabaret" no Festival Portamérica 2016, "Pequeno Circo de Nadal" en Rianxo (2016 – 2018) e Salceda de Caselas (2019-2023), o Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Pîñeiro (2017-2022),"Parranda & Trucks” en Portonovo (2017, 2018) ou "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" na Coruña (2017, 2018) entre moitas outras.
...






















