top of page

Conto-Danza de Nadal

“Os espíritos do Nadal danzan entre nós.”

 

Un espectáculo inmersivo de teatro-danza inspirado no universo de Charles Dickens que transforma rúas, prazas e escenarios nunha experiencia viva para toda a familia.

Danza tradicional galega, movemento contemporáneo, música en directo e narración emocional nunha proposta itinerante e escénica creada por Nelson Quinteiro Producións.

Descripción:

O Nadal convértese nun escenario vivo en Conto-Danza de Nadal, unha experiencia escénica inmersiva inspirada no célebre A Christmas Carol de Charles Dickens.

A compañía de danza de Nelson Quinteiro Producións, dirixida  a nivel coreográfico polo Premio Max de Danza Iván Villar, presenta unha proposta poética e emocionante que combina danza tradicional galega, movemento contemporáneo, interpretación teatral e música en directo nun espectáculo pensado para emocionar a públicos de todas as idades.

A través da palabra narrada pola xornalista Eva Millán e o piano en directo do músico Brais González, o público emprende unha viaxe polos espíritos do Nadal —pasado, presente e futuro— nun relato próximo, evocador e profundamente humano.

O elenco, integrado por figuras destacadas da danza galega como Ricardo Fernández Louro, Estefanía Gómez e Alba Vázquez, converte cada representación nun encontro entre tradición, emoción e contemporaneidade.

Conto-Danza de Nadal pode desenvolverse tanto en formato itinerante como escénico, adaptándose a rúas comerciais, prazas, mercados de Nadal, auditorios ou programacións culturais especiais.

 

Unha proposta creada para sorprender, emocionar e dinamizar os espazos urbanos durante as Festas de Nadal.

 

DATAS CONFIRMADAS NADAL 2026-2027

4 DE DECEMBRO. SADA. ACENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL. REDE CULTURAL DA EXCMA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. VERSIÓN MIXTA.

19 DE DECEMBRO. VILAGARCÍA DE AROUSA. ALDEA DE NADAL. O NADAL VÍVESE AQUÍ! VERSIÓN ESCÉNICA NO SALÓN GARCÍA

20 DE DECEMBRO. VILAGARCÍA DE AROUSA. ALDEA DE NADAL. O NADAL VÍVESE AQUÍ! VERSIÓN ITINERANTE

21 DE DECEMBRO. VILAGARCÍA DE AROUSA. ALDEA DE NADAL. O NADAL VÍVESE AQUÍ! VERSIÓN ITINERANTE
26 DE DECEMBRO. POIO. CARPA DO NADAL MÁXICO. REDE + ESCÉNICAS DA EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. VERSIÓN ESCÉNICA.

IDEAL PARA:
Programacións culturais de Nadal
Campañas de dinamización comercial
Mercados e vilas de Nadal
Auditorios e teatros
Programación familiar
Festivais e eventos urbanos

Contratación e información:

Disponible para o Nadal 2026-2027

RGTA, RGS, +Escénicas, Culturea, Rede Cultural Coruña...

📩 contacto: nelson.quinteiro@gmail.com

Teléfono (+34) 647647404

bottom of page