top of page
ANIMA AS TÚAS RÚAS, PRAZAS, AREAIS E TERRAZAS CO NOSO

CABARET
ACUÁTICO

"Mergúllate nun mundo evocador e mariño co noso espectáculo de cabaré acuático. Goza dunha experiencia única en forma de pasarrúas ou intervención escénica na rúa que combina o arte da música, danza, movimento e animación coa maxia da auga, creando un ambiente cautivador e memorable para todos os espectadores. Únete a nós nesta aventura acuática e déixate levar pola corrente de emocións e asombro no noso cabaré acuático, onde cada onda é unha nova sorpresa."

WhatsApp Image 2023-08-19 at 19.24.24.jpeg
b0adebe2-76af-48ee-ae53-294edccf0201.jpg

Unha proposta de cabaret inspirada nos areais de principios de seculo XX, a ritmo de swing e manouche e con un vestuario e atrezzo que nos leva directamente ós areais de Marsella, Biarritz, San Sebastián, Santander ou A Coruña, regado con elementos tan típicos como a caseta de baño, vestiario, toallas e elementos de raia mariña, traxes de baño vintage, gorros de baño, aspersores, balóns de praia ou chapeus canutier.

Refrescante e veraniega!

O "Cabaret Acuático" da Compañía Nelson Quinteiro está proxectado como unha montaxe escénica con dous formatos, un itinerante, en formato pasarrúas e outro escénico, a celebrar nunha praza ou espacio emblemático. 

Combinando a animación de rúa coa posta en escena máis performática, con estética marítima modernista e música swing-manouche, construíndo un espectáculo moi visual, alegre, desenfadado para todos os públicos e que nos emocionará facéndonos sentir o son da auga e as sensacións de mollarnos, refrescarnos, mergullarnos e rematando con unha festa da auga!

0dcc6cce-4e88-45b8-92ef-67f4a5f98f32.jpg
e81c7373-411e-4a58-8ba3-29995b8a212c.jpg

Con un vestiario de última xeración e tecido con nanotecnoloxía hidrófuga, unha caracterización moi identificable e un elenco que desfruta, vibra, entra no personaxe e nos ofrecerá o mellor de cada un/ha neste espectáculo de variedades con coreografías corais, números individuais e fío argumental e dramturxia que fala do papel do son da auga e do ritmo das mareas como artelladores da nosas Identidade Sonora (ISO).

Unha proposta en forma de pasarrúas de 40 minutos que remata cunha intervención escénica de 50 minutos de tipo performática. Ideóna para animar paseos marítimos, feiras modernistas, areais, festas da auga ou feiras/festas mariñeiras.

O noso cabaret acuático non é só unha innovadora proposta artística, senón que tambén unha experiencia inesquencible que transforma cualquiera espacio costeiro nun escenario vibrante e cheo de maxia.

64dfd807a8-20230818-patxot-batalla-flores-1554.jpg
bottom of page