POLÍTICA DE CANCELACIÓNS E APRAZAMENTOS

Nelson Quinteiro Producións.

Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro.

 

Despois de varios anos de funcionamento, e de ter visto como se teñen instaurado certas tendencias consuetudinarias entre os clientes e as empresas e colectivos dedicados/as ás artes escénicas, animación ou espectáculos, e despois de certas situacións derivadas pola pandemia da COVID19 que nos levaron a vivir certas situacións delicadas, creemos pertinente trazar unha POLÍTICA DE CANCELACIÓNS E APRAZAMENTOS da nosa empresa a ter en conta sempre que se queira contar cos nosos servizos.

 

Somos unha entidade pequena, que tenta, en todo momento, facer as cousas ben e acorde á legalidade.

Isto supón que existen uns prazos determinados á hora de tramitar as altas e baixas dos traballadores, facer reservas nos aloxamentos do personal a desprazar ou a hostelería, investir en ensaios e desprazamentos do elenco artístico para ofrecer un producto profesional. Tamén hai inversións derivadas do deseño gráfico e marketing das propostas, xestión de proxectos, comercialización e venta.

Toda esta orde de factores supoñen que haxa sempre un investimento previo ó día da actuación, ao que unha vez suspendida ou aprazada  temos que responder, habitualmente, de xeito patrimonial.

 

Por todo iso, creemos pertinente establecer os seguintes principios e política, a ter en conta para todas as persoas, físicas ou xurídicas, que queiran contar cos nosos servizos:

 

1) CANCELACIÓNS OU APRAZAMENTOS POR COVID19

 

-As cancelacións ou aprazamentos derivados de medidas hixiénico-sanitarias que afecten directamente e por imperativo legal á actividade programada, e dictadas por autoridades locais (Acta do pleno do concello, BOP) autonómicas (DOG) ou estatais (BOE) terán o efecto de "Extinción do contrato por motivos de forza maior", ofrecendo a posibilidade de post-programación da proposta en outro momento ou a cancelación definitiva da proposta sen nengún tipo de compensación por ambas partes.

 

-Todas as cancelacións SEN este tipo de respaldo legal (Acta do pleno, BOP, DOG ou BOE), e polo tanto, non axustadas á legalidade, non terán efecto de extinción do contrato de xeito unilateral. 

Entendemos que moitas veces se suspende por prudencia, por presión social ou por oportunidade política. 

Pero non entendemos que sexamos nós  sempre o eslabón máis feble e teñamos que responder patrimonialmente ante esta situación. 

En este tipo de situación propoñemos o seguinte tipo de medidas:

-Sustitución da proposta presencial por un formato virtual, a celebrar no espazo na que esta estaba programada sen presencia de público ou con medidas de prevención en canto a aforos e distancia social.

- Post-programación da proposta cun incremento do 40% do caché bruto negociado en concepto de indemnización por gastos de reserva dos artistas, xestión de nóminas, ensaios, etc...

- Sustitución por un espectáculo de menor contía (-40% sobre o bruto) a celebrar posteriormente nas datas que se acorden co cliente.

 

2) APRAZAMENTOS POR CLIMATOLOXÍA ADVERSA

 

Somos unha empresa que habitualmente ofrece propostas de rúa ou a celebrar ao aire libre.

A climatoloxía é un aspecto a ter en conta á hora de poder ofrecer os nosos servizos.

Tentamos ser flexibles con este aspecto, pero establecemos o seguinte marco de cara a ter en conta:

 

- As cancelacións ou aprazamentos derivados ás inclemencias metereolóxica terán en conta o seguinte marco temporal, derivado de aspectos como ensaios, reserva de datas dos artistas do elenco, xestión de altas laborais, adquisición de material funxible ou consumibles. Á hora de contar os prazos temporais non se terán en conta os días festivos ou non laborables:

 

Ata 72 horas de antelación:

Posibilidade de aprazamento polo total do importe pactado ou de cancelación asumindo o cliente o 10% do importe acordado pola actuación*

 

Ata 48 horas de antelación:

Posibilidade de aprazamento polo total do importe pactado ou de cancelación asumindo o cliente o 20%  do importe acordado pola actuación*.

 

Ata 24 horas de antelación:

Posibilidade aprazamento polo total do importe pactado sustituindo a proposta por outra dunha contía un 50% inferior ou cancelación asumindo o cliente o 70% do importe acordado pola actuación*.

 

Menos de 24 horas de antelación:

Posibilidade aprazamento polo total do importe pactado sustituindo a proposta por outra dunha contía un 70% inferior ou cancelación asumindo o cliente o 100% do importe acordado pola actuación*.

 

*As contías de reducción serán destinadas a gastos de xestión de nóminas, cobertura de gastos derivados e indemnización aos artistas do elenco por ensaios e dispoñibilidade das datas reservadas