top of page

PEQUENO
CIRCO DE NADAL 2022

Entren! Vaian pasando!

Achéguense ao espectáculo, nenos e nenas, damas e cabaleiros!

A Concellería de Cultura do Concello de Salceda de Caselas ten o pracer de presentarlles novamente, por  cuarto ano consecutivo, o programa "PEQUENO CIRCO DE NADAL" que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2022.

 

Unha proposta que partindo dun fermoso teatriño instalado na carpa de Nadal da Praza do Concello ten como obxectivo dinamizar as festas máis doces do ano atendendo as mellores e máis esixentes expectativas do público infantil e familiar.

 

Pasen! Pasen e vexan! Corran!

Aquí poderán atopar cantantes de panxoliñas, elfos e trasnos de Nadal chegados dende o Polo Norte, músicos/as, artistas de circo, malabaristas, acróbatas, paiasos, gaiteiros, contacontos e demais funambulistas.

Ata un artista de hospital, moi especial, nunha proposta solidaria por medio da Fundación Theodora grazas á cal os Doctores e Doctoras Sonrisa visitarán a 50 nenos e nenas nos hospitais galegos!

 

Déixense engaiolar pola maxia do Nadal!

​

Benvidos/as ao Pequeno Circo de Nadal! 

​

Roll Up Pequeno Circo de Nadal 2022 Acoplado web.jpg

PROGRAMACIÓN

Os trasnos.jpg
Logaritmo.jpg
Kicirke.jpg
Fredi.jpg

Luns 19 de decembro

​

12:40 h Visita escolar dos TRASNOS DE NADAL no Colexio Altamira

​

Luns 26 de decembro

​

10:00 h Montaxe e decoración da carpa

​

13:00 h Pasatabernas cos TRASNOS DE NADAL

​

17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello

​

18:00 h Espectáculo: EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL

Cia Nelson Quinteiro (Galicia)

 

Martes 27 de decembro

​

11:00 h Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello

​

12:00 h Espectáculo: OS TOLOS RITMOS DO DOCTOR LOGARITMO

Fundación Theodora (España-Suíza)

​

Espectáculo solidario grazas ao cal os Doctores/as Sonrisa da Fundación Theodora visitará a mais de 50 nenos e nenas nos hospitais galegos

​

17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello

​

18:00 h Espectáculo: COMEDIANTE

Cia Kicirke (Burgos)

 

Mércores 28 de decembro

​

12:00 h Pasarrúas e Pasatabernas cos TRASNOS DE NADAL

Cia Nelson Quinteiro (Galicia)

​

17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello

​

18:00 h Espectáculo: CIRCANELO

Cia N+1 (Galicia)

 

Xoves 29 de decembro

​

11:00 h Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello

​

12:00 h Espectáculo: EL ÚLTIMO REGALO

Cia O TITIRIBAILE (Galicia-Palencia)

​

17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello

​

18:00 h Espectáculo: BACKSTAGE

Cia NegroLópez (Galicia)

Erica.jpg
NegroLopez.jpg
Galleta.jpg
bottom of page