Nelson
Quinteiro
Producións
"Música, danza e animación. Experiencias emocionantes que fan vibrar e celebran a vida e a ledicia de vivir"
Proxecto cultural e compañía multidisciplinar lideradas por Nelson Quinteiro, con máis de 20 anos de formación e experiencia no mundo artístico. Desde o escenario ata a xestión e consultoría de contidos culturais, colaboramos cunha ampla gama de entidades e institucións. Especializámonos na creación de experiencias temáticas que fusionan a música, a danza e o teatro, combinando perfís excepcionais con ideas creativas innovadoras. Desde espectáculos de cabaré e teatro de rúa ata propostas infantís e música popular, abarcamos o ciclo festivo do ano. Contamos cunha ampla traxectoria en comunicación corporativa, street márketing e animación para todos os públicos.
O noso obxectivo é ofrecer experiencias emocionantes que che fagan vibrar, participar e celebrar a vida e a alegría de vivir.
Xa sexa con espectáculos propios ou adaptados ás túas necesidades específicas, estamos aquí para proporcionarche todo o que requiras a medida das túas expectativas e mensaxes a comunicar."
"A nova tempada escénica inaugúrase con gran enerxía e entusiasmo, co propósito de presentarche todas as nosas propostas activas e aquelas en as que estamos a traballar para facer do período 2023-2024 un curso repleto de vibracióne celebración.
Descobre quen somos, a nosa traxectoria máis recente, o noso elenco e todas as nosas producións, así como as propostas que celebran o ciclo festivo do ano.
O noso catálogo está cheo de ideas frescas, de novos horizontes, marcando o inicio dun novo ciclo, un enfoque renovado no noso traballo e as nosas accións, apoiado por un equipo renovado e unha ilusión desbordante.
¿Gustaríache coñecernos máis a fondo?
Todas as nosas propostas activas
en Galicia para o ciclo 23-24
Todas nuestras propuestas activas
en el resto de la península para el ciclo 23-24, en castellano, tanto el dossier como las propuestas escénicas de danza, música y teatro