top of page
22528392_10155208417612893_9164319198322
Muerdago.jpg

Nelson 

Quinteiro

Producións 

Chegou o Nadal e de súpeto a nosa compañía convírtese nunha auténtica trepulación de elfos que animaron as rúas, prazas, escenarios e programacións. Animación de Nadal, street marketing, dinamización comercial, panxoliñas, elfos baialaríns, circo de nadal e dúas propostas escénicas ad hoc para crear auténticas experiencias de Nadal. Mil e unha datas nas que desfrutamos con ilusión da maxia do Nadal!!!!

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro"

galletas-navidad.jpg

Viva o Nadal!!!! Un ano máis colgamos o cartaz de "COMPLETO" para as nosas propostas escénicas e musicais concebidas específicamente para as Festas de Nadal.

Nestas datas, os/as integrantes da Compañía Nelson Quinteiro andiveron moi atarefados/as!

Os artistas da nosa pequena empresa de experiencias emocionantes convertímonos en elfos para levar a maxia do Nadal aos máis inimaxinados espazos da nosa contorna.

Pouideronse ver en Poio: Samieira, San Salvador, Campelo, Lourido, San Martiño, en Noalla, en Sanxenxo, na UNED de Pontevedra, en Portas, en Moaña, en Arteixo, en Vigo, en Meaño, e sobre todo en Vilagarcía e Salceda de Caselas, onde ademais, producimos dous festivais de Nadal do máis completos e entrañables.

Mirade como foi o noso calendario!

CALENDARIO DE NADAL

Nelson Quinteiro Producións

VENRES 1 DE DECEMBRO

18:00 h ACENDIDO DO ALUMEADO DE MARÍN

MAIS CANTOS DE NADAL

 

MARTES 5 DE DECEMBRO
17:00 h PASARRÚAS POLA VILA

18:30 h ACENDIDO DO ALUMEADO EN CANGAS
APALPADOR XIGANTE + GAITEIROS DESBROSADORES

+ ELFOS/AS ANIMADORES


SÁBADO 9 DE DECEMBRO
17:30 h POIO. SAN SALVADOR

ALDEA MUSICAL DE NADAL

Novo espectáculo de Nadal 2023 2024

da Compañía Nelson Quinteiro


VENRES 15  DE DECEMBRO
18:30 h POIO. SAMIEIRA

ALDEA MUSICAL DE NADAL


SÁBADO 16  DE DECEMBRO
SANXENXO. Bosque de Nadal en Noalla
.

PEQUENO CIRCO DE NADAL


DOMINGO 17  DE DECEMBRO
PORTAS. Teleclub de Romay

PEQUENO CABARET INFANTIL DE NADAL


MARTES 19  DE DECEMBRO

12:00 H VISITA ESCOLAR SALCEDA

ALDEA MUSICAL DE NADAL


XOVES 21 DE DECEMBRO

19:00 h Auditorio da UNED Pontevedra

ALDEA MUSICAL DE NADAL


VENRES 22  DE DECEMBRO
DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA

APALPADOR XIGANTE + MAIS CANTOS DE NADAL


SÁBADO 23  DE DECEMBRO
DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA

11:00 h BULIDEIRAS
18:00 h VISITA DE PAPÁ NOEL

DOMINGO 24  DE DECEMBRO
DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA

12:30 h CASPERVEK: CINEMA MUDO DE NADAL


MARTES 26 DE DECEMBRO
PEQUENO CIRCO DE NADAL DE NADAL SALCEDA DE CASELAS

11:00 h OS ELFOS DE PAPÁ NOEL (Pasarrúas)
17:00 h CÉ ORQUESTA PANTASMA

18:00 h PEQUEÑO CIRCO DE NADAL (Espectáculo)

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA
18:00 H PAKOLAS


MÉRCORES 27 DE DECEMBRO
PEQUENO CIRCO DE NADAL DE NADAL SALCEDA DE CASELAS

11:00 h ALDEA MUSICAL DE NADAL (Pasatabernas e comercios)
17:00 h CAXOTO: “O Apalpador conta con vós” 
18:00 h ALDEA MUSICAL DE NADAL

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA
18:00 h PINOCHO DESCUBRE LA NAVIDAD. Con Fabiana Gastaldello

 

XOVES 28 DE DECEMBRO
PEQUENO CIRCO DE NADAL DE NADAL SALCEDA DE CASELAS

12:00 h PINOCHO DESCUBRE LA NAVIDAD. Con Fabiana Gastaldello
17:00 h  OBRADOIRO TITERES CON PAPEL
18:00 h O KIKIRIKI.VIRAVOLTA TÍTERES

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA
18:00 h ERICA GONZÁLEZ. A SALA DE CATAPUM CHIS PUM.

CARPA DE NADAL DE ARTEIXO

PRAZA DO BALNEARIO

18:00  h PEQUENO CIRCO DE NADAL

VENRES 29 DE DECEMBRO
PEQUENO CIRCO DE NADAL DE NADAL SALCEDA DE CASELAS

12:00 h CALISTA, ESPECIALISTA 
18:00 h UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

ESPAZO NADAL DE MOAÑA

Praza de Abastos. Programa Arrechouchíos
18:00 H PEQUENO CIRCO DE NADAL

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA:

18:30 h FENTOS E FROUMA

SÁBADO 30 DE DECEMBRO
DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA

11:00 h FLASHTOP CHRISTMAS

12:30 h PEQUENO CIRCO DE NADAL

NADAL EN POIO
17:30 h Poboado de Nadal LOURIDO

20:00 h Poboado de Nadal SAN MARTIÑO
PEQUENO CIRCO DE NADAL


DOMINGO 31 DE DECEMBRO
NADAL EN POIO

18:30 h Poboado de Nadal de Campelo
ALDEA MUSICAL DE NADAL
 


MARTES 2 DE DECEMBRO

Centro Comercial A Laxe (Vigo)

18:00 h ALDEA MUSICAL DE NADAL
DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA
18:30 h PACO NOGUEIRAS


MÉRCORES 3 DE DECEMBRO
NADAL EN POIO

Pazo de Besada
18:00 h MAIS CANTOS DE REIS + FENTOS E FROUMA

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA
18:30 h CAXOTO: O PAXE DOS REIS MAGOS


XOVES 4 DE DECEMBRO

 

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA

11:00 h ALDEA MUSICAL DE NADAL (ITINERANTE)

12:30 h ALDEA MUSICAL DE NADAL (Concerto na Pza Independencia)


NADAL EN SANXENXO
17:00 h ALDEA MUSICAL DE NADAL (ITINERANTE)

18:00 h ALDEA MUSICAL DE NADAL (Concerto na Pza Pascual Veiga)

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA
18:30 h CÉ ORQUESTRA PANTASMA


VENRES 5 DE DECEMBRO

12:00 h RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS EN MEAÑO

DINAMIZACIÓN COMERCIAL DE NADAL EN VILAGARCÍA

12:30 h VISITA DO PAXE DO REIS MAGOS!

AF PORTADA PEQUENO CIRCO DE NADAL 2023 2024.jpg
AF PEQUENO CIRCO DE NADAL 2 2023 2024.jpg

Volveu o Nadal!

E unha vez máis volvimos conseguir que estas datas foran as máis doces do ano coa posta en marcha, un ano máis do festival "Pequeno Circo de Nadal".

Un Nadal máis, e por quinta edición consecutiva, volveu o festival máis entrañable á Praza do Concello de Salceda de Caselas para ofrecer un grandísimo menú de Nadal na que non faltaron os mellores ingredientes para o público infantil e familiar. 
Panxoliñas cantadas porta a porta nunha escenografía que recrea unha aldea de Nadal, un home orquestra, un auténtico Circo cos elfos/as do Polo Norte, contacontos sobre o Apalpador, un espectáculo musical arredor das cancións de Nadal de todo o mundo, monicreques e marionetas artesanais, mimo, clown en feminino ou a banda máis animada e popular do momento nunha programación redondiña pensada para que os máis pequenos/as volveran a sentir a ledicia do Nadal. 
Este ano con arrecendo a bolachas de xenxibre, viño quente con especias e todo o agarimo culinario que caracteriza ás nosas festas máis queridas.

Salceda volveu sentir o Nadal!

PROGRAMACIÓN

Pequeno Circo de Nadal 2023 2024

Martes 26 


11:00 h FLASHTOP CHRISTMAS Pasatabernas e comercios coa Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro.

16:00 h Apertura da Carpa.

Obradoiro de Bolachas de Xenxibre

17:00 h Espectáculo musical co completísimo

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

18:00 h Espectáculo de circo e variedades coa Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro:

PEQUENO CIRCO DE NADAL


Mércores 27 
11:00 h Animación polo mercadillo, pasatabernas e comercios coa ALDEA MUSICAL DE NADAL (Itinerante)
16:00 h Apertura da Carpa.

Obradoiro de panxoliñas e karaoke de Nadal. 
17:00 h Espectáculo musical co inigualable

CAXOTO: O APALPADOR
18:00 h Espectáculo de música e ritmo participativo arredor das panxoliñas internacionais

ALDEA MUSICAL DE NADAL (Espectáculo)


Xoves 28 
12:00 h Contacontos dentro da carpa a cargo da artista franco-italiana Fabiana Gastaldello

PINOCHO DESCUBRE O NADAL
16:00 h Apertura da carpa.

Obradoiro de monicreques de papel con Viravolta Títeres. 
18:00 h Espectáculode monicreques e títeres tradicionais a cargo de Viravolta Títeres con música en directo.

O GALO KIRIKO
 

Venres 29 
12:00 h Espectáculo de clown a cargo de Hilo Producciones (Cantabria) 

CALISTA, ESPECIALISTA


18:00 h Espectáculo especial de clausura.

Concerto de rock infantil con

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

 

CALISTA.jpg
UXIA LAMBONA.jpg
FLYER VILAGARCÍA AF.jpg
CÉ ORQUESTRA PANTASMA.jpg
CAXOTO.jpg
317096620_10229712248774722_7381654167917992753_n.jpg
NogueirasPaco_01.jpg

A principios de novembro recibimos a magnífica encomenda de dar vida ás rúas, prazas, comercios e Aldea de Nadal do Concello de Vilagarcía.

Dende aquela puxémonos mans á obra para deseñar unha programación na que os elfos residentes, os obradoiros, as panxoliñas, os pasarrúas, os concertos e os espectáculos infantís máis destacados do panorama galego puideran acender a ilusión do nadal e dar vida ós comercios e establecementos da vila aurosá.

Estamos moi orgullosos da nosa proposta e pensamos que este Nadal en Vilagarcía será completamente memorable coa posta en escea dunha batería de propostas de calidade, ritmo, ledicia e moita participación dos nenos e nenas de Vilagarcía.

Un programa pensado para desfrutar e vivir unha experiencia de Nadal sen igual que terá o seu epicentro na Praza da Independencia, coa instalación dunha auténtica Aldea de Nadal!

Cé Orquetra Pantasma, Caxoto, a Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro, Paco Nogueiras e moitos artistas máis como Pakolas, Fabiana Gastaldello, Erica González,Caspervek, Mais Cantos, Fentos e Frouma, o grupo de cantareiras Bulideiras ou o Apalpador Xigante encherá de música, ledicia e cor as rúas e prazas de Vilagarcía e a Aldea de Nadal da Praza da Independencia.

ALDEA MUSICAL DE NADAL UNED.jpg

Ao remate ofreceuse un ágape especial con viño quente especiado e galletas de xenxibre!

Sipnose: Montaxe musical de animación dirixido a público infantil e familiar apto para TODOS OS PÚBLICO con percusión corporal, percusión con elementos pouco convencionais, axóuxeres, campás, campaniñas, campanas afinadas e un feixe de instrumentos.

Os habitantes da Aldea Musical de Nadal contarán a historia de panxoliñas universais e doutras más cercanas, e das peculiaridades da súa aldea onde sempre é Nadal.

O arranxo polifónico das voces, a súa caracterización, e o emprego dunha fórmula de creación do espectáculo baseada na musicoterapia educativa leva a escena unha montaxe do máis entrañable e tenra para estas datas.

Elenco: Giovanni Peixoto, Ana Pérez, Miguel Anxo Gzlez Solla, Sibila Pujadas, Marina Hurtado e Nelson Quinteiro. Colaboración especial da Agrupación Mais Cantos.

Duración: 60 minutos (aprox)

Clasificación: Concerto escénico de Nadal. Espectáculo de animación

*

NUN BOU. LINGUA DE SIGNOS. Nelson Quinteiro & XOGA Organización de Diversidade Sensorial de Galicia
03:06

NUN BOU. LINGUA DE SIGNOS. Nelson Quinteiro & XOGA Organización de Diversidade Sensorial de Galicia

VIDEOCLIP "NUN BOU". Nelson Quinteiro. Músicas de Domingo Videoclip do tema "Nun Bou", quinto clip do disco "Músicas de Domingo" de Nelson Quinteiro e Brais González. O videoclip foi concebido en colaboración con XOGA, Organización de Diversidade Sensorial de Galicia. O videoclip pretende sensibilizar e visibilizar o emprego da Língua de Signos no ámbito infantil, e para elo concebimos unha montaxe na que interveñen varios nenos e nenas con diversidade sensorial. Por medio de accións cotiáns como as manualidades, a cociña, a recolección de froitos, etc... nas que empregamos as mans e co "xogo" como ferramenta, os nenos e nenas convírtense en protagonistas dun videoclip fresco, cheo de cor e de vida. Esta montaxe audiovisual, da man de Pio Cribeiro, formará parte dunha campaña didáctica maior que chegará a moitos centros de ensino. VIDEOCLIP "NUN BOU". Nelson Quinteiro. Músicas de Domingo. Videoclip del tema "Nun Bou", quinto clip del disco "Músicas de Domingo" de Nelson Quinteiro y Brais González. El videoclip fue concebido en colaboración con XOGA, Organización de Diversidad Sensorial de Galicia. El videoclip pretende sensibilizar y visibilizar el empleo de la Lengua de Signos en el ámbito infantil, y para ello concebimos un montaje en el que intervienen varios niños y niñas, varios de ellos con diversidad sensorial. Por medio de acciones cotidianas como las manualidades, la cocina, la recolección de frutos, etc... en las que empleamos las manos y con el "juego" como herramienta, los niños y niñas se convirten en protagonistas de un videoclip fresco, lleno de color y de vida. Este montaje audiovisual, de la mano de Pio Cribeiro, formará parte de una campaña didáctica mayor que llegará a muchos centros de enseñanza. Música: Nelson Quinteiro (voz) Brais González (piano) Roi Adrio (percusión) Gerardo Amigo (edición e masterización) Videoclip gravado en Campelo (Poio) 2020 XOGA Organización de Diversidade Sensorial de Galicia Nelson Quinteiro Producións
PEQUENO CABARET INFANTIL Teaser
03:40

PEQUENO CABARET INFANTIL Teaser

PEQUENO CABARET INFANTIL é o nome dun orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades a cargo da Compañía Nelson Quinteiro . O máis chamativo desta montaxe é que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo. Nel o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga internacional "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual. Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado e a súa alegre música para falar dos contos de toda a vida. Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable. Un dos atractivos fundamentais do espectáculo reside na instalación dun pequeno teatro de 3 metros de boca por 2,2 metros de alto, con equipo de son autónomo, fume ou efectos lumínicos. Un espectáculo que vén avalada por citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea), Festival Interritmos, Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Feira Modernista de Cartaxena, Pequeno Circo de Nadal Rianxo 2016, Pequeno Circo de Entroido da Coruña, Festival PARRANDA&TRUCKS Portonovo, Festival da Luz, e un interminable etc... Intérpretes: Nelson Quinteiro como Pedriño Mendrugo A vosa imaxinación como Jacinta Florette! Asistentes e técnicos: Susi Ons, Leonor Sangabriel, Andrea Paz Castro, Yohel Santos. Vídeo e edición: Paulo Bouzas (DEICA AUDIOVISUAL) Fotógrafo oficial: Bruno Rodríguez (BROD A SECAS Fotografía)
bottom of page