top of page
AldeaNadal 2025 verde.jpg

As actividades de promoción económica e Aldea de Nadal 2025 convertirán a Rúa Clara Campoamor e a Peixaría Vella nun Conto de Nadal Dickensiano.

A programación de actividade e eventos será moi intensa, e terá lugar  do venres 19 de decembro ao luns 5 de xaneiro.

A nova edición das actividades de promoción económica e Aldea de Nadal en Vilagarcía propón unha experiencia cultural e sensorial que transcende a simple decoración ou programación de actividades.

Trátase dun proxecto global que entende o Nadal como un espazo de encontro, memoria e emoción compartida, articulado arredor dun relato común inspirado no “Conto de Nadal” de Charles Dickens e no imaxinario decimonónico das primeiras postais de Nadal. A través da integración de música, danza, teatro e intervencións artísticas no espazo público, así como dunha coidada proposta escenográfica e lumínica, búscase crear unha atmosfera viva, participativa e inclusiva, na que a cidadanía se recoñeza como parte activa do acontecemento.

A implicación dos comercios, da hostalaría e das familias reforza o carácter comunitario e sostible da iniciativa, consolidando un modelo de Nadal propio, recoñecible e de referencia para Vilagarcía de Arousa.

En definitiva, a Aldea de Nadal aspira a converter o espazo urbano nun escenario de ilusión e creatividade compartida, onde arte, tradición e vida cotiá se funden para celebrar o mellor do espírito colectivo destas datas.

 

“Honrarei o Nadal no meu corazón e tentarei conservalo todo o ano.”

Ebenezer Scrooge, Conto de Nadal, Charles Dickens

VENRES 19 DE DECEMBRO

INAUGURACIÓN OFICIAL DA ALDEA DE NADAL COA PERFORMANCE "NOITE DE PAZ"

19:00 h. Discurso inaugural do Excmo Sr Alcalde, D. Alberto Varela Paz.

A continuación: Inicio da performance itinerante colectiva “Noite de Paz” Concentración no escenario da Aldea de Nadal (Rúa Clara Campoamor-Pza de Galicia).

Itinerancia polas principais rúas comerciais de Vilagarcía cantando “Noite de Paz” e outras panxoliñas:

Rúa do Río, Castor Sánchez Praza Ravella, Praza Independencia, Praza de España, Rúa Covadonga, Praza do Castro Juan García, Avda da Marina, Clara Campoamor, Praza de Galicia.

 

20:00 h "Conto de Nadal" no escenario da Aldea de Nadal (horario orientativo, á chegada da itinerancia)

Cantada colectiva final no escenario da Aldea de Nadal: “Noite de Paz” con Brais González no piano de cola ao vivo + Coro de Cámara Rías Baixas.

Lectura dramatizada de Conto de Nadal de Charles Dickens Concerto de Nadal con Brais González, Nelson Quinteiro, Coro de Cámara Rías Baixas e agrupación Máis Cantos e amigos/as.

Postal de Nadal (pintura ao vivo) con Alba F.Troiteiro

 

En caso de choiva, todas as actividades serán adaptadas e terán lugar na Peixería Vella.

A inauguración oficial da Aldea de Nadal concíbese como unha acción artística colectiva e participativa que marca simbolicamente o inicio das festas en Vilagarcía. A performance itinerante Noite de Paz transforma o canto nun acto de encontro, levando a música polas rúas comerciais da vila ata desembocar no escenario da Aldea de Nadal, onde se celebra unha cantada final compartida. A proposta combina música en directo, lectura dramatizada, creación plástica e participación cidadá, integrando artistas profesionais e agrupacións locais nun mesmo ritual de apertura, pensado para activar o espazo público, xerar comunidade e introducir os valores de convivencia, memoria e celebración que atravesan toda a programación do Nadal.

F4A4946-1536x1152.jpg
_BAS2523-1.jpg
120551799_10157262259686022_359811536742173887_n.jpg

SÁBADO 20 DE DECEMBRO

DINAMIZACIÓN COMERCIAL, PROPOSTAS FAMILIARES, DANZA DICKENSIANA NO ESPAZO PÚBLICO E UN CABARET INFANTIL!

10:30 h. Dinamización comercial e street marketing (Mercadillo ambulante e Praza de Abastos).

 

A animación e o reparto da nosa programación man a man polo mercadillo ambulante e na Praza de Abastos achegan o espírito do Nadal aos espazos de compra cotiá, xerando interacción directa coa veciñanza e co comercio local.

 

11:30 h Obradoiros de Nadal na Peixería Vella: Nadal Chef

 

12:30 h. Contacontos en inglés na Peixería Vella: Storytime con Kids&Us.

 

A programación continúa na Peixería Vella cunha proposta participativa e educativa, como o obradoiro Nadal Chef, da man de Rubén García, que convida ás crianzas a achegarse ao Nadal desde o xogo e a creatividade, e o contacontos en inglés Storytime con Kids&Us, que integra a lingua e a narración oral nun contexto lúdico e festivo.

 

13:00 h. ESTREA: Danza Itinerante polas rúas comerciais Conto e danza de Nadal: O espíritu do Nadal presente

A compañía de danza Contra2, dirixida polo Premio Max de danza Iván Villar (Nova Galega de Danza) e acompañado dun elenco destacado da escena de danza galega —Ricardo Fernández Louro, Estefanía Gómez, Alba Vázquez— percorrerán as principais rúas e prazas de Cangas cun espectáculo de danza itinerante inspirado no célebre Conto de Nadal de Charles Dickens coa participación artística de Nelson Quinteiro..

A través dunha combinación de danza tradicional galega, movemento contemporáneo, interpretación teatral e atmosfera emotiva, a compañía ofrece unha viaxe emocional que revisita os espíritos do pasado, presente e futuro, convertendo o espazo urbano nun auténtico escenario vivo. Unha experiencia inmersiva e próxima, pensada para sorprender e emocionar a pequenos e maiores e dinamizar

 

19:00 h. Espectáculo infantil no escenario da Aldea de Nadal: Cabaret Infantil de Nadal con Nelson Quinteiro (en caso de choiva na Peixería Vella)

A xornada péchase cunha proposta escénica de gran aceptación familiar, o Cabaret Infantil de Nadal de Nelson Quinteiro, un espectáculo cheo de música, humor e participación, pensado para compartir en familia e consolidar a Aldea de Nadal como punto de encontro cultural e social.

481082126_10237298995081544_7470563572662206850_n.jpg
P1147553.jpg

DOMINGO 21 DE DECEMBRO

ENCONTRO, CALOR HUMANO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

11:30 h Espectáculo de Danza Itinerante polas rúas comerciais Conto e danza de Nadal: O espíritu do Nadal presente

 

13:00 h. Concerto de Nadal no escenario da Aldea de Nadal “De ramo en ramo” con Leni Pérez e Roberto Comesaña

+ Postal de Nadal (pintura ao vivo) con Alba F.Troiteiro.

 

18:30 h Chocolatada Zona Aberta. Na Aldea de Nadal. Con dinamización musical dos Gaiteiros de Nadal.

O domingo propón unha xornada de Nadal amable, interxeracional e pensada para o encontro, na que a arte, a música e a convivencia ocupan o espazo público dun xeito natural e próximo.

Pola mañá, o espectáculo itinerante Conto e danza de Nadal tomará forma de Flashtop, ofrecendo dous pases que se celebrarán na Rúa Castelao ás 11:45 h e na Rúa Baldosa ás 12:30 h.

Ao mediodía, o escenario da Aldea de Nadal acolle o concerto De Ramo en Ramo, a cargo da cantareira Leni Pérez e o acordeonista Roberto Comesaña, unha proposta musical de raíz e sensibilidade contemporánea que revisita o Nadal desde a tradición oral, a intimidade sonora e a conexión coa memoria colectiva.

 

O concerto complétase coa Postal de Nadal, unha acción de pintura ao vivo de Alba F. Troiteiro que dialoga coa música e transforma o momento nunha experiencia artística compartida.

A xornada péchase cun espazo para a celebración e a convivencia arredor da chocolatada organizada por Zona Aberta, acompañada da dinamización musical dos Gaiteiros de Nadal, reforzando a Aldea de Nadal como lugar de encontro, calor humano e participación cidadá.

496925721_10238379494333350_8717323572621259975_n.jpg
1657074-1043bfa20711da35bee9576bf429e3d6-r.jpg

LUNS 22 DE DECEMBRO

DÍA DA LOTERÍA DE NADAL. INTERVENCIÓN URBANA AO SON DAS VOCES DOS NENOS E NENAS DE SAN ILDEFONSO

11:30 h. Espectáculo de Danza Itinerante polas rúas comerciais Conto e danza de Nadal: O espíritu do Nadal presente

O espectáculo itinerante Conto e danza de Nadal tomará forma de Flashtop, ofrecendo dous pases que se celebrarán na Praza da Independecia ás 11:45 h e na Praza da Ravella, diante do Concello ás 12:30 h

 

12:00 h Manualidade en inglés: Arts&Crafts con Kids&Us na Peixería Vella

A continuación, a Peixería Vella convértese nun espazo de aprendizaxe lúdica co obradoiro Arts & Crafts de Kids&Us, unha actividade de manualidades en inglés pensada para achegar o idioma de forma natural, creativa e participativa, adaptada ás idades máis pequenas.

 

17:30 h. Sesión de musicoterapia educativa e Obradoiro de panxoliñas na Peixería Vella con Nelson Quinteiro

Xa pola tarde, o protagonismo é para a música como ferramenta educativa e de benestar, coa sesión de musicoterapia educativa e o obradoiro de panxoliñas impartido por Nelson Quinteiro (Master en musicoterapia pola UNIR e mestre de Musicoterapia na UNED).

.

 

19:00 h. Espectáculo infantil de títeres e teatro de sombras na Peixería Vella: Olga de Abad – A nena Lentella.

A xornada péchase co espectáculo A nena Lentella, de Olga de Abad, unha delicada proposta de títeres e teatro de sombras que aposta pola narración pausada, a imaxinación e a emoción, ofrecendo un peche escénico íntimo e coidadosamente adaptado ao público infantil.

_REP5123-1.jpg

MARTES 23 DE DECEMBRO

CHEGA O APALPADOR XIGANTE!

DÍA DE PASATABERNAS E ANIMACIÓN HOSTALEIRA

13:00 h. Pasarrúas e pasatabernas polas rúas comerciais cos Gaiteiros de Nadal.

 

17:30 h. Obradoiro Ukeleles & Panxoliñas na Peixería Vella con Nelson Quinteiro

 

19:00 h. Animación con ukeleles e panxoliñas pola Aldea de Nadal

 

20:00 h. Pasatabernas cos Gaiteiros Desbrozadores e o Apalpador Xigante polas rúas comerciais.

O martes propón unha xornada marcada pola música tradicional, a participación cidadá e a celebración compartida, facendo das rúas comerciais e da Aldea de Nadal un espazo vivo e en constante movemento. Ao mediodía, os Gaiteiros de Nadal protagonizan un pasarrúas e pasatabernas que enche de son e identidade galega o centro urbano, acompañando o tránsito comercial cunha presenza festiva que conecta tradición e convivencia.

Pola tarde, a Peixería Vella acolle o obradoiro Ukeleles & Panxoliñas, dirixido por Nelson Quinteiro, unha proposta aberta e participativa que achega este instrumento dun xeito sinxelo e accesible, convidando a nenos, nenas e familias a descubrir a música como xogo colectivo e ferramenta de expresión.

Ao remate do obradoiro, a actividade trasládase á Aldea de Nadal cunha animación musical con ukeleles e panxoliñas, prolongando no espazo público o espírito participativo da sesión e convidando ao público asistente a cantar, acompañar e formar parte activa da celebración.

A xornada péchase cun novo pasatabernas a cargo dos Gaiteiros Desbrozadores, que percorren as rúas comerciais xunto ao Apalpador Xigante, figura emblemática do Nadal galego. Unha intervención festiva e itinerante que combina música, imaxinario popular e proximidade, consolidando unha noite de encontro, tradición e alegría compartida.

Papa Noel.jpg
Papa Noel 2.jpg

MÉRCORES 24 DE DECEMBRO

CHEGA PAPA NOEL! VOLVEN OS ELFOS!

PASARRÚAS E RECEPCIÓN CO CIDADÁN MÁIS ILUSTRE DE LAPONIA!

12:00 h. Pasarrúas de Papá Noel cos Gaiteiros de Nadal. Saída do Concello.

 

12:30 h. Recepción de Papá Noel no escenario da Aldea de Nadal (en caso de choiva na Peixería Vella)

A mañá da Noiteboa convértese nun momento especialmente simbólico dentro da Aldea de Nadal, pensada para o encontro interxeracional e a ilusión compartida.

 

Ás 12:00 h, Papá Noel inicia o seu pasarrúas acompañado polos Gaiteiros de Nadal, partindo do Concello e percorrendo as rúas comerciais nun ambiente festivo e próximo, no que a música tradicional galega dialoga coa iconografía universal do Nadal.

Este percorrido itinerante funciona como unha chamada colectiva á celebración, enchendo o centro da vila de son, cor e emoción, e convidando a veciñanza a saír ao encontro dun dos personaxes máis agardados do calendario navideño.

Ás 12:30 h ten lugar a recepción oficial de Papá Noel no escenario da Aldea de Nadal, un acto especialmente dirixido ao público infantil e ás familias, no que se crea un espazo de escoita, benvida e proximidade. Un momento para as fotografías, as mensaxes de Nadal e o reforzo da imaxinación compartida, que consolida a Aldea como lugar de encontro e celebración.

En caso de choiva, a actividade trasladarase á Peixería Vella, garantindo o correcto desenvolvemento da proposta nun ambiente igualmente acolledor e festivo.

CÉ ORQUESTRA PANTASMA.jpg

VENRES 26 DE DECEMBRO

CHOCOLATADA DE ZONA ABERTA NA PRAZA DE ESPAÑA AMENIZADA POLO HOME ORQUESTRA!

18:30 h Chocolatada Zona Aberta. Praza de España. Animación a cargo do Cé Orquestra Pantasma. A Voar!!!

O espectáculo “A Voar!” é unha proposta emotiva, musical e participativa ideada por Cé Orquestra Pantasma (César Freiría) que combina contacontos, música e xogo para ofrecer unha experiencia máxica para público familiar.

A partir do relato da pequena Xoana, movida pola curiosidade e o desexo de voar, empréndese unha viaxe de descubrimento persoal que representa unha metáfora sobre a liberdade, o crecemento e a confianza nun mesmo.

O espectáculo caracterízase por un estilo fresco, intelixente e moi próximo, onde o humor e a música funcionan como canle de conexión directa coa infancia. A estética é colorida e minimalista á vez, facendo que o protagonismo recaia na expresividade do artista e na participación do público. A atmosfera é lúdica, familiar e completamente segura para o xogo libre e o baile.

cartel BULEBULE a3.jpg

SÁBADO 27 DE DECEMBRO

A ALDEA DE NADAL VAI SER UN FERVEDOIRO!

11:30 h. e 12:30 h. Obradoiros de Nadal: Nadal Chef na Peixería Vella A continuación: Obradoiros en inglés con Kids&Us na Peixería Vella

12:00 h. Pasarrúas de música tradicional e cantos de Nadal co grupo de Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.

Ás 12:00 h, as rúas da vila énchense de música coa saída en pasarrúas das Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa, que percorren o centro interpretando cantos tradicionais de Nadal, achegando ao público a riqueza da tradición oral galega e xerando un ambiente próximo e participativo.

Ás 13:00 h, o grupo ofrece un concerto de música tradicional galega no escenario da Aldea de Nadal, un recital que pon en valor o canto colectivo, o repertorio popular e a transmisión interxeracional. En caso de choiva, o espectáculo trasladarase á Peixería Vella, mantendo a súa esencia e calidade artística.

13:00 h. Espectáculo de música tradicional coas Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa no escenario da Aldea de Nadal (en caso de choiva, será na Peixería Vella)

19:00 h. Espectáculo infantil: Paco Nogueiras – Radio Bule Bule no escenario da Aldea de Nadal (en caso de choiva, será na Peixería Vella

Radio BULEBULE é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Abre as orellas!

Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta.

Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.
Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

596641026_1452977820170773_2878596598588955423_n.jpg

DOMINGO 28 DE DECEMBRO

CHEGA O ROCK AND ROLL INFANTIL!

13:00 h. Espectáculo infantil: Pakolas no escenario da Aldea de Nadal (en caso de choiva, será na Peixería Vella)

Pakolas chega novamente a Vilagarcía a presentar o seu último traballo "Ecoralia, a lambona ecolóxica", unha proposta na que contaremos e cantaremos a historia de Ecoralia, que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

Así, a través das cancións e a narración, adentramos nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas.

530280677_10225784786719908_4980217320457442162_n.jpg

LUNS 29 DE DECEMBRO

CANTOS DE NADAL PARA TODAS E TODOS!

11:30 h Maquillaxe en inglés Make Up! Con Kids&Us na Peixería Vella

 

18:30 h. Pasarrúas de música tradicional e cantos de Nadal polas rúas comerciais co grupo de Cantareiras Fentos e Frouma.

 

19:00 h. Concerto de panxoliñas co grupo Fentos e Frouma no escenario da Aldea de Nadal (en caso de choiva, será na Peixería Vella)

A partir das 18:30 h, as rúas comerciais énchense de música coa saída en pasarrúas das Cantareiras Fentos e Frouma, que interpretan cantos tradicionais de Nadal, creando unha atmosfera cálida e próxima que acompaña o tránsito polo comercio local e convida á participación espontánea do público.

Ás 19:00 h, o grupo ofrece un concerto de panxoliñas no escenario da Aldea de Nadal, un recital baseado no canto colectivo e na tradición oral galega, pensado para ser escoitado e compartido en familia. En caso de choiva, o concerto trasladarase á Peixería Vella, mantendo a intimidade e o carácter acolledor da proposta.

0C9A2503 copia.jpg

MARTES 30 DE DECEMBRO

TOMAMOS AS RÚAS AO GRANDE POLA MAÑÁ E RECOLLÉMONOS POLA TARDE A CANTAR PANXOLIÑAS NA PEIXERÍA!!!

11:30 h. Pasarrúas polo mercadillo, Praza de Abastos e rúas comerciais co Apalpador Xigante, Gaiteiros Desbrosadores e Espectáculo de Danza Itinerante Conto e danza de Nadal: O espíritu do Nadal presente

19:00 h. Concerto de Tino Baz con Nelson Quinteiro “Panxoliñas Man a man. Que ben o imos pasar!” na Peixería Vella

O martes 30 de decembro é unha das xornadas máis expansivas e participativas da Aldea de Nadal, concibida para facer da rúa o gran escenario colectivo e converter a cidade nun espazo de celebración compartida.

Ás 11:30 h, o Nadal espállase polo mercadillo ambulante, a Praza de Abastos e as principais rúas comerciais cun grande pasarrúas festivo protagonizado polo Apalpador Xigante, os Gaiteiros Desbrozadores e o espectáculo de danza itinerante “Conto e danza de Nadal: O espírito do Nadal presente”. Música tradicional, movemento, narración e personaxes do imaxinario galego conviven nunha acción escénica pensada para sorprender, emocionar e xerar encontro entre comerciantes, paseantes e público de todas as idades, reforzando a dimensión simbólica e comunitaria do Nadal.

 

Pola tarde, ás 19:00 h, a Peixería Vella convértese nun espazo de proximidade e escoita para acoller o concerto “Panxoliñas man a man. Que ben o imos pasar!” 

Despois de 25 anos desde que Tino Baz e Nelson Quinteiro se coñeceran no seo da Asociación de Músicos/as en Língua Galega (AMELGA), estes dous amigos sempre tiveron a espiña de facer algo conxunto.

Como un desexo cumprido do espíritu do Nadal presente, desta vez ofrecerán, por primeira vez, un concerto conxunto, coas panxoliñas como pano de fondo.

Mais non crean que vai ser algo convencional! Para nada! Polo repertorio deste concerto aparecerán poemas de Valle Inclán, Eduardo Blanco Amor, músicas de Suso Vaamonde, cantos de Nadal tradicionais ou panxoliñas pouco coñecidas a pesar da súa beleza e alegría.

Unha escolma de temas moi variado, no que tocarán guitarra, ukelele, caixón flamenco, pandeiro, pandeireta ou campaíñas para desfrutar unha experiencia forte, grave e poderosa.

Un da Guarda, outro de Cangas, prometen unha actividade para a lembranza emocional na que festexar a amizade e o espíritu de Nadal. Un espectáculo cheo de complicidade, música e emoción, onde tradición e creatividade se dan a man para celebrar un cuarto de século de amizade e traxectoria compartida.

footerimg.jpg
actuaciones.jpg

VENRES 2 DE XANEIRO

PREPARANDO A CHEGADA DOS REISES MAGOS

11:30 h. Sesión de musicoterapia educativa e obradoiro de Cantos de Reis na Peixería Vella con Nelson Quinteiro (15 nenos/as + acompañantes).

 

Un obradoiro musical e participativo pensado para familias que queiran gozar dun Nadal activo, creativo e emocional. A través da musicoterapia infantil educativa, as crianzas mergúllanse nas panxoliñas e ritmos propios desta época, creando un espazo de xogo, aprendizaxe e conexión familiar.

Potenciaremos a expresión musical e corporal en nenos/as, favoreceremos a participación das familias en actividades de Nadal compartidas, achegaremos a tradición das panxoliñas dun modo divertido e adaptado á infancia e crearemos un ambiente afectivo que fomente a convivencia e a celebración comunitaria.

Todo a través de xogos rítmicos con instrumentos sinxelos (pandeiretas, claves, shakers), aprendizaxe e interpretación de panxoliñas populares galegas, actividades de movemento e coordenación, integrando música e corpo, pequenas dinámicas de improvisación guiada pensadas para fortaleceren a creatividade individual e un feche colectivo con mini “concerto” grupal.

 

19:00 h. Espectáculo familiar de clown: Bergamotto Show na Peixería Vella.

 

A sentar e relaxarse! Aquí chega Bergamotto en procura de novos amig@s……. Humor, fantasía e xogo mestúranse para acariñar todos os matices da FELICIDADE – o sorriso, o suspiro, a énfase, a espera, o estupor e a tenrura – e chegar a un público de todas as idades. Teatro-Clown de rúa e de sala. Sen palabras. Baseado no humor branco, no xogo e a constante improvisación co espectador.

IMG_3903-682x1024.jpg

SÁBADO 3 DE XANEIRO

PEQUENOS /AS GRANDES COCIÑEIROS/AS E TEATRO DE MONICREQUES!

11:30 h. e 12:30 h. Obradoiros de Nadal na Peixería Vella: Nadal Chef

 

19:00 h. Espectáculo de títeres: O Crebanoces con Larraitz Urruzola na Peixería Vella

O Crebanoces é un espectáculo de títeres con técnica mixta, inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á “Raíña dos Ratos” e nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.

CARTAZ BARULLO DE NADAL 2025 FOTO.jpg

DOMINGO 4 DE XANEIRO

PEDIDE UN INSTRUMENTO MUSICAL AO REISES MAGOS!!!

13:00 h. Espectáculo infantil: Barullo de Nadal! Con Nelson Quinteiro na Peixería Vella

Un espectáculo infantil e de clown onde Nelson Quinteiro se transforma no divertido Trasno Pataghullo, un axudante do Apalpador ao que acompaña o seu amigo Pepe, un simpático porquiño. 

O espectáculo baséase na aventura de escribir a carta ao Apalpador para Pepe, quen quere pedir un instrumento musical da música tradicional galega.

Nunha viaxe divertida e visual, descubrirán unha grande variedade de instrumentos: gaitas, pandeiros, peitoques, cunchas, tarrañolas... e coa axuda de pedais de loop crearán ritmos complexos.

Todo isto mestúrase co encanto do clown, creando un personaxe cómico que combina a música galega coa arte do pallaso.

Con ritmos esenciais como a xota, a muiñeira ou o pasodobre, o espectáculo convida as nensas e os nenos a cantaren, bailaren e participaren desde o primeiro momento.

Barullo de Nadal! ofrece unha experiencia única e emocionante sobre o Nadal pensada para toda a familia.

unnamed.jpg

LUNS 5 DE XANEIRO

IMOS COA MÚSICA A OUTRA PARTE. GRANDE FECHE ESPECIAL DA ALDEA DE NADAL CON RAÚL MÁRQUEZ.

13:00 h. Feche especial: concerto de música de circo con El Gran Ra (Raúl Márquez) no escenario da Aldea de Nadal (en caso de choiva, será na Peixería Vella)

O violinista Raúl Márquez presenta o seu selo persoal; O violín infinito, un proxecto inspirado nas músicas do mundo para expor o seu traballo debut e botar a voar as súas composicións orixinais e con elas a imaxinación do público.

Despois de investigar musicalmente na copla, o flamenco e o swing, Raúl forxou un estilo propio no que atopa o seu universo musical a través de melodías cativadoras e ritmos do mundo acompañado por músicos da talla de David Sancho (teclados), Fran Gayo (percusión) e Paul Sánchez (trompeta).
Raúl Márquez convive hai tempo entre a figura de interprete, músico de estudo e creador, achegando e compoñendo para diferentes compañías de danza de renome, como a de Sara Baras, Joaquín Cortés, Antonio Canles, Manuel Liñán, Novo Ballet Español; Compuxo música orixinal para espectácus no TEATRO CIRCO PRICE ou para a representación de películas de cinema mudo como A Folga de Einsestein no CENTRO DE CULTURA CONTEMPORANEA CONDE DUQUE de Madrid e para diferentes proxectos educativos do MUSEO DE ARTE MODERNA RAÍÑA SOFIA. Axitador cultural a través dos seus proxectos persoais “Tributo a Grappelli”, “O Gran Ra», “Menil Swing»… fundador de proxectos colectivos como “Swing Machine Orchestra”, “Cabaret Flotante”, “A Rúa Soa” ou “Folclore Vivo”.

bottom of page