
Pequeno Cabaret Infantil
Xénero: Teatro de rúa / Cabaret Infantil
Data de estrea: Festival Portamérica 2016.
Director/a: Nelson Quinteiro Roa
Intérprete: Nelson Quinteiro Roa
Escenografía: Nelson Quinteiro & Cristina Veira
Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.
Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado e a súa alegre música creando unha atmósfera suxerente e moi envolvente e na que abordamos os contos de toda a vida.
Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable, co engado dunha escenografía moi especial con ilustracións da artista Cristina Veira.
Datos de interese:
Un espectáculo que vén avalado por máis de cen funcións e citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea), Feira Modernista de Sada, Festival Interritmos (Asociación DELOA-Fundación Paideia), Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Pequeno Circo de Nadal Rianxo, Pequeno Circo de Entroido A Coruña, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2018 de Circo Contemporáneo de Extremadura, Día Internacional contra o Bullying en Iruña de Oca (Álava), Feira Modernista de Cartagena, etc...
Dispoñible
en GALEGO, CASTELLANO ou en INGLÉS
AUTONOMÍA TÉCNICA.
Os nosos espectáculos infantís están pensados para ser autónomos a nivel técnico, aportando o noso propio equipo de son de 4000 w (Dúas pantallas HK POLAR 10), axeitado para aforos e formatos medios, así como máquina de fume.
Os orzamentos inclúen este equipamento, así como unha persoa de asistencia técnica e de produción.
A ficha técnica redúcese a permiso de circulación e estacionamento para NISSAN NV200 7813LYP, toma de corrente de 220 v e camerinos con auga corrente e espellos. No caso de optar por tarima ou escenario, o tamaño ideal é de 6 x 4 m, cunha altura de 0,60 m
No caso de espazos non convencionais dispoñemos de xenerador de CA 220 v!













