top of page
CLASES PANDEIRETA 2023 2024.jpg

Un ano máis, e desde que rematara o famoso confinamento e as medidas de distanciamento social, e mergullados/as por completo no efecto "Tanxugueiras" volvemos á carga coa actividade de "Pandeireta" que levamos realizando no Centro Cultural de Lérez (Pontevedra) todos os luns en horario de 20:00 h en adiante dende xaneiro de 2021.

A actividade, impartida por Nelson Quinteiro é un achegamento á percusión tradicional global tendo como instrumento principal a pandeireta, tanto para o acompañamento musical como para o acompañamento vocal e o canto tradicional.

Ata o momento máis de 30 persoas pasaron pola actividade, sendo un nutrido grupo de persoas as que se interesan por este instrumento.

Este ano, como novidade, desdoblamos dous grupos para atender as necesidades tanto das persoas que comecen dende cero o teñan un dominio básico do instrumento (iniciación) como daquelas que xa desexan perfeccionar a súa técnica, montar repertorio e animarse a montar un grupo de pandereteiras, novo obxectivo desta actividade (perfeccionamento).

Fala Me Culleredo 1.jpg
FALA ME CULLEREDO ENTRADAS ESGOTADAS.jpg

Furancho, cantos de taberna, salón de baile, zarzuela galega, cuplé, sensualidade, provocación, varietés, máscaras ancestrais, laboratorio de movementos, empoderamento.

 

Todo isto é moito máis é Fala-me, a montaxe máis agardada da Compañía Nelson Quinteiro.

 

A nosa deliciosa compañía pon rumbo a Culleredo coa MAGNÍFICA NOVA de termos esgotadas todas as localidades. Poñemos rumbo ao Auditorio do Edificio de Usos Múltiples do Burgo, en Culleredo para convertilo nun salón de baile dos anos 30 e facer unha homenaxe de empoderamento, xogo e gozo coa nosa tradición cultural mediante a súa fusión co cabaré!

Fala-Me! é unha montaxe de empoderamento da língua e a cultura galega a través da súa fusión co cabaré mediante a mestura de estéticas, de linguaxes, de imaxinarios, música e danza.

Nunha montaxe musical e coreográfica a partes iguais, en Fala-me un elenco de 5 bailaríns, un pianista e 4 figurantes musicais daranlle unha volta de parafuso a todo o que pensabas sobre a língua e a cultura galegas.

Con un elenco de vértixe entre os que descatan o pianista Brais González, os bailaríns Iván Villar (Nova Galega de Danza), André Adrio (Compañía Fran Sieira), Ariadna Vázquez (Falcatrueiros de Monterroso), Lucía Sueiro (deportista acrobática) ou o propio Nelson Quinteiro, mestre de cerimonias e director da peza.

370596777_10231647034463155_4291378610476130704_n.jpg
370545482_705132881640577_4126320025334169509_n.jpg
370545682_10231647220867815_4024196440150540803_n.jpg
370577294_705133124973886_2493533258642973004_n.jpg
370557288_705136088306923_2730945701356076466_n.jpg

Nelson Quinteiro e a Agrupación Máis Cantos abren as Festas de Sanxenxo 2023 coa proposta "Sanxenxo en Branco" que por terceira edición enche de cantos populares, cabezudos, música tradicional e ledicia a Praza Pascual Veiga e o Paseo Marítimo de Silgar.

O pasado xoves 24 de agosto, e como proposta de inicio das Festas Patronais de San Xenxo e Santa Rosalía en Sanxenxo tivo lugar a posta en escena da proposta "Sanxenxo en Branco" que a agrupación Mais Cantos e Nelson Quinteiro deron en armar por terceira edición para a Concello de Sanxenxo.

Cantos populares, gaiteirada, cabezudos, cor e participación veciñal e dos moitísimos visitantes que a vila recibe nestes días foron os ingredientes principais dun formato de festa que comeza cunha sesión grupal de musicoterapia social, continúase dun concerto participativo e remata con un colorido desfile.

A proposta funcionou ás mil marabillas!

A xente vibrou e nós pasámolo xenial, nunha xornada con moita música e moitísima ledicia.

Mais Cantos é unha proposta de dinamización cultural, envellecemento activo e musicoterapia social creada por Nelson Quinteiro a partir do ano 2017 e que ten grupos de traballo permanentes en Marín e Lourido (Poio).

Dende a súa orixe máis dun cento de persoas teñen pasado por esta actividade que se artella en sesións de musicoterapia grupal e ensaio vocal tomando como base a música tradicional e popular, os cantos de taberna e as serenatas.

Cun carácter moi numeroso, unha enerxía e ilusión desbordantes e unha posta en escena sempre orixinal, imaxinativa e cunha búsqueda estética escénica, Mais Cantos ten pasado, ao longo destes últimos anos, por todas as festas gastronómicas, patronais e temáticas da bisbarra, chegando a Marín, Pontevedra, Cangas, Moaña, Poio, Sanxenxo, Rianxo, Zas, A Coruña, Portonovo, Combarro en multitude de ocasións.

Recentemente estivemos na apertura das Festas Patronais de San Xoán de Poio, nas Festas da Virxe do Carme de Marín, na Festa da Ameixa de Campelo, na Festa do Mar de Combarro, na programación das festas de Nadal de Poio, no Samaín de Campelo, e tamén encetamos encontros e festas propias.

Unha ferramenta de emporderamento das persoas maiores, convivencia, encontro, envellecemento activo, tecido sociocomunitario e aumento da calidade de vida de moitas persoas que atopan nesta iniciativa en punto de encontro, de motivación, de festa, de celebración e de "ikigai" nas suas vidas.

0dcc6cce-4e88-45b8-92ef-67f4a5f98f32.jpg
e81c7373-411e-4a58-8ba3-29995b8a212c.jpg
WhatsApp Image 2023-08-19 at 19.24.24.jpeg
aa3f52c4-f558-4eaf-9211-1f3cf1148260.jpg

O novo "Cabaret Acuático" da Companía Nelson Quinteiro preséntase en sociedade coa participación na Batalla de Flores Pontevedra 2023 estreando proposta visual, escenografía, atrezzo e novo elenco.

O pasado venres 18 de agosto tivo lugar en Pontevedra a tradicional "Batalla de Flores" que vén sendo como o prato forte das Festas da Peregrina, cun grande desfile que enche as rúas de carrozas, propostas performáticas, grupos de música e propostas de teatro e danza de rúa.

Entre o númeroso desfile tivemos o pracer de facer presentación oficial e posta en escena do noso "Cabaret Acuático", unha proposta de cabaret inspirada nos areais de principios de seculo XX, a ritmo de swing e manouche e con un vestuario e atrezzo que nos leva directamente ós areais de Marsella, Biarritz, San Sebastián, Santander ou A Coruña, regado con elementos tan típicos como as casetas de baño, vestiario de raias, traxes de baño vintage, toallas, gorros de baño, aspersores, balóns de prais ou chapeus canutier.

Despois do noso "casting de verán" a Compañía Nelson Quinteiro lucíu novo elenco con fermosura, elegancia, ganas de pasalo ben e moita enerxía no contexto dun proxecto que toma esta representación como punto de arranque e partida do que pretende ser o noso prato forte de cara á proxima temporada escénica 2023-2024.

O "Cabaret Acuático" da Compañía Nelson Quinteiro está proxectado como unha montaxe escénica con dous formatos, un de sala ou praza e outro itinerante, ou combinando a animación de rúa coa posta en escena máis convencional, con estética marítima modernista e música swing-manouche, construíndo un espectáculo moi visual, alegre, desenfadado para todos os públicos e que nos emocionará facéndonos sentir o son da auga e as sensacións de mollarnos, refrescarnos, mergullarnos rematando a posta en escena cunha festa da auga e ¿por que non? unha festa da espuma!

Con un vestiario de última xeración e tecido con nanotecnoloxía hidrófuga, unha caracterización moi coidada e un elenco que desfruta, vibra, entra no personaxe e nos ofrecerá o mellor de cada un/ha neste espectáculo de variedades con coreografías corais, números individuais, fío argumental e narrativa inspirada nas teorías musicoterapéuticas  de Rolando Benezon sobre a Identidade Sonora (ISO) e toda a ledicia de vivir que nos caracterizou sempre como compañía.

Un novo proxecto co que dar un paso adiante, amosándonos ideóneos para animar paseos marítimos, feiras modernistas, areais, festas da auga ou feiras/festas mariñeiras

Mergúllense con nós!

san-xoan-2023-web-.jpg
3P0A7762 copia.jpg

Nelson Quinteiro deseña unha apertura de Festas de San Xoán de Poio 2023 do máis emocionante, coa estrea da "Danza e Contradanza de San Xoán de Poio", unha danza branca inspirada nas danzas ancestrais, ademais de pintura ao vivo, Charanga tradicional e música popular co grupo "Mais Cantos".

3P0A7504 copia 2.jpg
3P0A7591 copia.jpg

O pasado 22 de xuño, día de apertura das Festas Patronais de San Xoán de Poio, e a partir das 21:00 h tivo lugar a presentación da “Danza e Contradanza de Poio”, unha danza branca creada orixinalmente para as Festas de San Xoán e que se inspirou en outras danzas brancas que son tradicionais en moitas vilas galegas.

A “Danza e Contradanza de Poio” toma como banda sonora a “Foliada de Campelo” para a danza e a “Muiñeira de Poio” para a contradanza. A peza, creada en exclusiva para esta festa e ensaiada nas instalacións do Centro Coreográfico Galego (A Coruña), foi froito dunha creación colectiva da man dos bailaríns Iván Villar (Premio Max 2021 como mellor intérprete e danza masculino), Ricardo Fernández Louro (Candidato aos Premios Max 2022 como mellor intérprete e danza masculino), Ariadna Vázquez (mestra de danza e coreógrafa) e Nelson Quinteiro, inspirador e director da peza.

Foi interpretada por 4 bailaríns nesta edición, pero pensada para que en vindeiras celebracións sexan veciños e veciñas de Poio os que aprendan e interpreten esta danza convertíndoo en algo popular e que se poida convertir nunha tradición. A música en directo correu por conta de David Lorenzo e Nelson Quinteiro á gaita e Simón Fdez Calvo ao tamboril.

Ademais desta danza, duns 20 minutos de duración, a festa continuou coa amenización da “Charanga Mais Cantos” e das voces de perto de 50 cantareiros e cantareiras “Mais Cantos”, un grupo de musicoterapia social e envellecemento activo que ensaia regularmente no Local Veciñal de Lourido e Mogor, e no que conflúen xentes de toda a bisbarra.

PEQUENO CABARET INFANTIL A3.jpg

O Pequeno Cabaret Infantil de Nelson Quinteiro pasou por Ribadeo o pasado domingo 30 de abril por medio da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia-AGADIC

O noso querido amigo Pedriño Mendrugo e o seu teatriño, a artista internacional Jacinta Florette e toda a maxia e atmósfera que leva á escena o espectáculo "Pequeno Cabaret Infantil" de Nelson Quinteiro pasou por Ribadeo o pasado domingo 30 de abril, ás 13:00 h dentro da Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia-AGADIC.

Pequeno Cabaret Infantil é o noso espectáculo máis distribuído e representado. Unha tolemia de proposta de rúa na que os contos de sempre encétanse co cabaret como concepto, o circo e o humor, nunha proposta enérxica, descarada, moi participativa e na que, partindo dende o fracaso escénico do clown, o protagonista desta historia consigue levantar un espectáculo xenial grazas á participación do público.

Un espectáculo que consigue ambientar toda unha praza creando unha atmósfera moi característica e inconfundible, que nos retrotrae ás barracas de feiras, ós circos de pulgas, ós freaks e as varietés.

Que ben o pasamos en Ribadeo!!!!

PATAJULLO 4.jpg

O espectáculo infantil BARULLO chegou a Boiro dentro da programación do MAIO VINTAGE MARKET que se celebrou o sábado 6 de maio na Rúa Pablo Iglesias.

O sábado 6 de maio tivo lugar en Boiro unha das festas máis agardadas, o MAIO VINTAGE MARKET que durante unha xornada encheu a Rúa Pablo Iglesias de Boiro de música, cor, baile, roupa, comida ou todo tipo de inventos con moito sabor "vintage".

Despois de varios anos participando, Nelson Quinteiro volveu a aportar o seu granciño de area nesta festa tan especial coa posta en escena do espectáculo infantil "Barullo!", unha proposta didáctica moi divertida arredor dos instrumentos, ritmos e tipoloxías da música tradicional galega.

En Barullo presentamos ao "Señor Patajullo", unha mestura especial entre o mundo gaiteiro e o mundo do clown para presentar todos os instrumentos que podemos atopar na música tradicional galega.

Todo axudado co pedal de loops para montar unha banda sonora orquestal que puxo a todo o público a bailar!

O noso amigo Señor Patajullo pasouno de escándalo co público infantil de Boiro facendo moooito BARULLO! co seu amigo Pepe, o porquiño! Amosamos os instrumentos da música tradicional, os tipos de instrumentos, os materiais, os tamaños, as formas, e rematamos montando unha auténtica foliada. Cando o porquiño se puxo a cantar empezou a chover!!! Jajajaja! Pero Peeeepe! Que mal cantas!!!! Menos mal que xa era o remate do espectáculo!!!! Foi unha sesión marabillosa!

LATITUDES 12 05 2023 UNED.jpg

O pianista Brais González e Nelson Quinteiro poñen banda sonora á celebración do Día das Letras Galegas na UNED, Universidade Nacional de Educación a Distancia, Faculdade de Pontevedra, o venres 12 de maio de 2023 coa participación da iniciativa Mais Cantos.

O prestixioso pianista Brais González foi o artista seleccionado para poñer banda sonora ao acto de celebración das Letras Galegas na Faculdade da UNED no Campus de Pontevedra, compartindo escenario co cantareiro Nelson Quinteiro nun acto institucional no que instalamos un piano de cola auténtico no Salón de Actos da Faculdade situada na Rúa de Portugal 1, Monteporreiro, Pontevedra.

Neste emotivo encontro, e ante un numeroso aforo, o pianista vigués artellou unha viaxe pola música galega chegando a outras latitudes peninsulares a través da fusión e mestura de temas populares das Illas Baleares, Euskadi, Cataluña ou as Illas Canarias. Como colofón o cantareiro aportou os temas "Tango da Illa de Ons", "Tres Hojitas", "Xota do Norte" e "Maneo de Baldaio", levando e traendo temas da música tradicional e popular a latitudes novas e sorprendentes grazas ó talento de Brais González.

Como broche de ouro e "volta á orixe", a agrupación Mais Cantos interpretou os temas "Alalá de Herbón", "Ruada de Pontevedra" e "Cantiga de Camariñas", fechando o acto dun xeito emocionante e moi participativo.

Foi ben lindo!

_RET0177-1.jpg

O espectáculo tivo lugar, no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) que se atopa xunto á biblioteca. 

O Pequeno Cabaret Infantil de Nelson Quinteiro chegou á Biblioteca Isidro Novo de Lugo o pasado xoves 25 de maio dende as 18:00 h do serán.

Contos grandes. Contos pequeniños. Contos anchos. Contos estreitiños. Contos longos, e contos curtiños, e todo nun pequeno teatriño a modo de tenderete ou barraca de feira para  Jacinta Florette, a nosa artista internacional.

"Pequeno Cabaret Infantil" é un espectáculo de narración oral onde os contos, dun xeito moi participactivo encétanse co cabaré como xénero: o seu ritmo escénico, a ruptura da cuarta parede, a súa música alegre e desenfadada e moitos toques de incorrección deliciosamente divertidos.

En "Pequeno Cabaret Infantil" coñecimos a Pedriño Mendrugo, un mestre de cerimonias moi pouco convencional que, desesperado porque a artista principal do seu espectáculo non dá aparecido, ten que facerse cargo do show.

Despois de fracasar estrepitosamente como acróbata, como cantante ou como bailarín, este pequeno artista optará por contar contos, algo que non se lle dá de todo o mal. Pero claro, os contos no cabaré son moi diferentes. Aquí as princesas poden papar ao sapo do conto. Os ratiños de Hamelín poden bailar muiñeira, rock, ska ou mesmo reagetton, poden ser insubmisos fiscais ou negarse a comer brócoli. O sultán do conto das 1001 noites pode ir preso por maltrato doméstico. E para colleitar o "Nabo de Lugo" precisaremos de moitísimas mans!!!!

Finalmente, a nosa artista Jacinta fixo a súa aparición estelar. Pero moito coidado! Non a pisedes! É que resulta ser unha pulga dunha micra de tamaño!!!!!!

25 abril ateneo pontevedra.jpg

Nelson Quinteiro e Mais Cantos participan na conmemoración do 25 de abril organizada dende o Ateneo de Pontevedra con un recital de música popular e tradicional portuguesa diante do Teatro Principal de Pontevedra.

O pasado martes 25 de abril conmemorouse o 49 aniversario do movemento progresista das forzas armadas de Portugal coñecido como "Revolución dos Cravos" que deu en derrocar o réxime da dictadura de Salazar e comezar a transición de Portugal á democracia.

A "derradeira revolución romática" como tamén é chamada, tivo o peculiar engado de ter banda sonora de seu, a cantiga "Grándola Vila Morena" de José "Zeca" Afonso, unha cantiga no seu momento prohibida pola dictadura e que servíu de santo e seña para o inicio da revolución, chegando a convertirse nun himno total pola democracia e a liberdade.

Como conmemoración desta efeméride, o Ateneo de Pontevedra convidou a todas as persoas interesadas a concentrarse, con un cravo vermello na man, o día 25 de abril ás 19:00 h na Rúa Charino, diante do Teatro Principal de Pontevedra.

O acto estivo amenizado pola voz de Nelson Quinteiro, quen fixo un percorrido por diferentes músicas populares de Portugal para concluir, acompañado do grupo Mais Cantos cantando varias das pezas máis significativas como "Oh Rama", "Milho Verde" ou como non, "Grándola".

O Acto rematou sendo, en palabras de Xaime Toxo, do Ateneo de Pontevedra. «un fermosísimo tsunami»

Él mesmo se encargouse de lembrar a importancia que tiveron os cantautores nas revolucións, e concluíu: «Estamos vivindo tempos convulsos e de crispación. E parece que hai ganas de berrar pola liberdade. Eu non creo que este fora un acto de nostalxia, senón de necesaria memoria». 


Accede á publicación do DIARIO DE PONTEVEDRA do 26 de abril de 2023


Accede á publicación de PONTEVEDRA VIVA do 26 de abril de 2023


Accede á publicación de FARO DE VIGO do 26 de abril de 2023


Accede á publicación de LA VOZ DE GALICIA do 26 de abril de 2023

PONTESÁN 2023.jpg
340666761_245718031205506_57793906591568619_n.jpg

Nelson Quinteiro participa na  IV FEIRA DE SAÚDE E BENESTAR Pontesán 2023 de Pontevedra con un relatorio sobre MUSICOTERAPIA falando do curso que regularmente ofrece na UNED Campus de Pontevedra.

A Feira Pontesán regresou a Pontevedra nunha cuarta edición na que participaron máis de 40 entidades sen ánimo de lucro e que estivo dedicada á nutrición e a loita contra a obesidade

A Praza de España acolleu do 14 ao 16 de abril de 2023 a IV Feira da Saúde e o Benestar Pontesán, na que tomaron parte asociacións socio-sanitarias; asociacións, federacións e clubs deportivos; colexios oficiais e institucións.

Unha das actividades de apertura correu da man de Nelson Quinteiro, que impartíu un relatorio sobre a Musicoterapia e o poder da música como axente de benestar e felicidade, presentando a actividade que regularmente imparte na UNED de Pontevedra e falando dende a súa propia experiencia en hospitais, residencias de persoas maiores ou musicoterapia social.

Foi o venres 14 ás 13:00 h na Praza de España, en Pontevedra. Mirade que percha!

351537151_110268288756483_7506241358216957375_n.jpg

Nelson Quinteiro e Brais González, finalistas do concurso INTERITMOS da Asociación Deloa, actuarán o vindeiro sábado 10 de xuño no Nautico de San Vicente (O Grove)

Xa se anunciaron os 10 finalistas de Interritmos Sons do Rural!!! Parabéns!! Moitas grazas a tod@s os/as inscritos/as por participar.
Se queres asistir a Audición final que se celebrará no Náutico De San Vicente Do Mar o día 10 de xuño, e onde se decidirán os 4 gañadores, inscríbete na seguinte ligazón:
https://interritmos.deloa.es/xornadas-2023/

Promovido por: GDR Salnés-Ulla-UmiaGDR Ribeira Sacra - CourelAsociación de Desenvolvemento Comarca de OrdesGDR Comarca de Lugo e Asociación Deloa

FINALISTAS: 

FIXE TRIO#NelsonQuinteiroMaghúa cantareirosOs Viqueiras de Ordes#TirapraláXandre Millet#LeniPérez&RobertoComesaña, #TresTristesTigresAs LembranzasDe Ninghures
.
.
#INTERRITMOS #musicatradicional #traballoenrede #desarrolloterritorial #desenvolvementorural #AGADER #LEADER #musicagalega

bottom of page