BUSCAMOS OS/AS MELLORES ARTISTAS PARA DAR O MELLOR DE NÓS MESMOS/AS
MERGÚLLATE
CON NÓS
Se che gustaría formar parte do noso equipo prestando un servizo profesional ben sexa como músico/a, bailarín, actor/actriz ou aportando as túas competencias profesionais ao noso staff (fotografía, deseño gráfico e web, audiovisuais, produción, comercial, etc...) estamos abertos á recepción de currículos e candidaturas.
Artísticamente, seleccionamos perfís multidisciplinares, persoas con competencias artísticas e musicais e, sobre todo, de movemento, con un marcado carácter dinámico, empático e vocacional.
O training permanente é parte da rutina da compañía. Soemos ter dun día fixo á semana ou cada dúas semanas de adetramento e ensaio na zona de Pontevedra. Grazas a el podemos enfrentar as producións que non encargan ou que nos contratan. A partir de esa rutina armamos os elencos en función da dispoñibilidade, tipo de evento ou espectáculo a representar, forma do actor/actriz e constancia co traballo de grupo.
Profesionalmente, se te estás a formar ou vés do mundo da produción, comunicación audiovisual, xornalismo, marketing cultural ou calquera outra disciplina que poida encaixar coas nosas áreas de actividade, non dubides tamén en contactar connosco.
Precisamos de persoas con experiencia que poidan formar parte dos nosos proxectos, tanto a nivel de produción, comunicación, asistencia técnica así como perfís artísticos para formar parte dos nosos elencos deseñando "Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".