ESPECTÁCULOS
Creamos espectáculos vivos que combinan música, teatro e participación, propostas escénicas pensadas para públicos diversos e contextos moi diferentes.
Experiencias que transforman o escenario —ou calquera espazo— nun lugar de encontro, xogo e emoción compartida.
Espectáculos que dialogan coa tradición, coa cultura popular e cos ciclos festivos do ano.
Historias contadas con música en directo, personaxes e humor.
Cantando, xogando, sorprendendo.
Aquí atoparás algúns dos nosos espectáculos en carteira máis representativos.
Premendo nas imaxes dos nosos espectáculos terás acceso a ligazóns e dossieres completos sobre cada proposta.
Imaxina TODO o que podemos facer contigo!
ARTISTA INFANTIL!
Presentamos un catálogo de propostas escénicas dirixidas ao público infantil e familiar nas que a música en directo, o teatro e a participación activa do público son os eixos principais da experiencia.
Na nosa concepción de deseñar espectáculos infantís e familiares partimos dunha idea sinxela: facer do escenario —ou de calquera espazo— un lugar de xogo, encontro e imaxinación.
Os nosos espectáculos están pensados para que nenos e nenas non sexan só espectadores, senón tamén parte activa da acción, a través do humor, da música e da interacción constante.
Propostas como Barullo! , Pequeno Cabaret Infantil ou As Nosas Músicas de Aquí combinan interpretación, música en directo e elementos da cultura musical popular, dando lugar a espectáculos dinámicos e participativos que convidan a cantar, moverse e descubrir.
Este catálogo complétase con espectáculos temáticos, obradoiros centrados na música, o movemento e a expresión creativa, pensados para contextos educativos, festivais e programacións culturais.
Todas as propostas están deseñadas para adaptarse a espazos diversos —teatros, rúa, centros culturais ou espazos educativos— coa mesma intención: facer da cultura unha experiencia viva, próxima e compartida para as crianzas e as súas familias.
Todas as nosas propostas infantís activas
para a campaña 2025 2026


















