MUSICOTERAPIA
Artes aplicadas á saúde, musicoterapia activa e humanización hospitalaria empregando a música, a creatividade e a relación humana como ferramentas de benestar emocional, comunicación e vencello.
Entendemos a intervención artística como unha forma de acompañar, escoitar e construír espazos emocionalmente significativos en hospitais, residencias, asociacións e proxectos comunitarios.
![]() | ![]() |
|---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
O noso traballo conecta observación, escoita activa, empatía, aceptación, visión optimista, autenticidade en proxectos de participación comunitaria e creación compartida en hospitais, residencias, centros educativos e proxectos sociais.
Inspirados polas principais modelos en musicoterapia dende unha perspectiva humanista desenvolvemos experiencias artísticas onde a relación humana ocupa un lugar central.
As expereincias musicais e artísticas convértense así nunha ponte para favorecer a comunicación, tecer obxectivos terapéuticos e humanizar espazos sanitarios, educativos e comunitarios desde unha mirada próxima, sensible e profundamente contemporánea.
TRAXECTORIA E PROXECTOS
Nelson Quinteiro posiciónase, desde Galicia, como un sólido referente en artes aplicadas á saúde, musicoterapia e humanización emocional desde as artes creativas
É Máster en Musicoterapia pola Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), DOUTOR SORRISO en Fundación Theodora, docente e divulgador da Universidade Nacional de Educación a Distancia UNED e impulsor de numerosas iniciativas relacionadas con musicoterapia, benestar emocional e artes aplicadas á saúde.
Como artista hospitalario, desenvolve dende 2018 intervencións musicais e emocionais en hospitais xunto a equipos sanitarios e familias.
Tamén impulsa o proxecto comunitario Mais Cantos, centrado en memoria musical, envellecemento activo e participación colectiva.
A súa experiencia inclúe traballo en residencias públicas, asociacións vinculadas ao Alzheimer como AFAPO Pontevedra ou proxectos de saúde mental como “Barraca XXI” de Fundación SGAE con pacientes ambulatorios do Hospital Psiquiátrico de Conxo (Santiago de Compostela).

VISIÓN E PROPOSTA
A nosa proposta parte dunha idea sinxela pero profundamente transformadora: as persoas necesitan sentirse escoitadas, acompañadas e emocionalmente recoñecidas.
Por iso entendemos a musicoterapia, a humanización hospitalaria e as artes aplicadas á saúde como procesos de relación e coidado emocional. Inspirados na visión humanista de Carl Rogers, traballamos desde a escoita activa, a aceptación incondicional, a empatía, a compaixón e a creación de experiencias positivas compartidas.
A música, o xogo, a improvisación e a creación artística funcionan como pontes relacionales capaces de facilitar comunicación, autoestima, expresión emocional e benestar.
O noso enfoque combina o rigor metodolóxico cunha mirada cálida e profundamente humana, onde o humor positivo, a autenticidade e a sensibilidade forman parte esencial de cada intervención.
Cremos nunha cultura capaz de coidar, conectar e transformar emocionalmente os espazos e as comunidades, especialmente alí onde as persoas atravesan situacións de vulnerabilidade, enfermidade, soidade ou fraxilidade emocional.
SERVIZOS
Dentro do universo creativo de Nelson Quinteiro desenvolvemos diferentes liñas de traballo integrando música, creatividade, relación humana e participación comunitaria.
DOCENCIA E DIVULGACIÓN
Impulsamos actividades de formación, conferencias e divulgación sobre musicoterapia, humanización sanitaria, intervención artística e benestar emocional en colaboración con universidades, congresos, asociacións e entidades culturais. Cómpre destacar a liña de actividades regulares desenvolvidas dende o 2022 na área de extensión universitaria e na Universidade Sénior da UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA (UNED)
PERSOAS MAIORES E ENVELLECEMENTO ACTIVO
Desenvolvemos proxectos de memoria musical, participación colectiva e envellecemento activo en residencias e entidades sociais.
Aquí destaca a posta en marcha e consolidación, dende o 2017 da iniciativa MAIS CANTOS, iniciativa centrada en música comunitaria, identidade cultural e benestar emocional en persoas maiores.
PROXECTOS HOSPITALARIOS E HUMANIZACIÓN
Realizamos intervencións de humanización hospitalaria, acompañamento emocional e clown musical en contextos sanitarios, especialmente en oncoloxía pediátrica e infancia hospitalizada. Cómpre destacar a pertenza de Nelson Quinteiro á plantilla de FUNDACIÓN THEODORA ESPAÑA como DOCTOR SONRISA SÉNIOR en proxectos con diferentes centros hospitalarios públicos (Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Hospital Teresa Herrera de A Coruña)
MUSICOTERAPIA ACTIVA E PROXECTOS PARA CLIENTES ESPECÍFICOS
Deseñamos programas personalizados de musicoterapia activa, saúde mental e intervención artística para hospitais, asociacións, fundacións e colectivos específicos. Inclúe experiencias como “Barraca XXI” xunto a FUNDACIÓN SGAE para usuarios ambulatorios do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
MUSICOTERAPIA E ARTES APLICADAS Á INFANCIA
Creamos experiencias musicais e artísticas dirixidas á infancia desde o xogo, a creatividade e a expresión emocional.
Traballamos autoestima, comunicación, vínculo e benestar mediante propostas participativas adaptadas a contextos educativos.
ENTIDADES E RESPALDO INSTITUCIONAL
A confianza, a través de PROXECTOS REAGULARES en hospitais, residencias, universidades, asociacións e entidades culturais apoia un modelo de traballo onde a música e as artes vivas convértense en espazos reais de benestar, comunicación e coidado emocional.
DOCTOR SONRISA. Fundación Theodora. Programa Planta.
MUSICOTERAPIA. Área de Extensión Universiteria da UNED. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
ARTISTA DE HOSPITAL. Área de Extensión Universiteria da UNED. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
BAILOTERAPIA E BAILE GALEGO. UNED SENIOR. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
PROXECTO BARRACA XXI. Fundación SGAE
MUSICOTERAPIA. Asociación de Familiares de Personas con Alzheimer-AFAPO Pontevedra
MUSICOTERAPIA. Asociación de Familiares de Personas con Alzheimer-AFAPO Marín
MUSICOTERAPIA. Residencia Pública de Maiores de Campolongo
MUSICOTERAPIA. Residencia Pública de Marín
COLABORACIÓNS E INTERVENCIÓNS PUNTUAIS:
Asociación ANDAINA de persoas discapacidatas de REDONDELA
Asociación BICOS DE PAPEL de nenos e nenas oncolóxicas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Asociación de mulleres diagnosticadas de cancro de mama ADICAM
Asociación Española contra el Cáncer
Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Redondela XUNTA DE GALICIA
![]() | ![]() |
|---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |






















