top of page

Espectáculos Itinerantes

RUA_4827.jpg

Trad-Cabaré

Versión itinerante + Coreos espontáneas

Xénero: Pasarrúas de danza-teatro. Fusión música e danza galega con cabaret.

Estrea: Verán 2021
Concepto e dirección: Nelson Quinteiro Roa

Un innovador cóctel estético que mestura un laboratorio de movementos da danza tradicional galega e danza jazz-swing-cabaret, con música en directo e en formato pasarrúas, ofrecendo coreografías espontáneas.

Para este espectáculo, reflexo itinerante da nosa nova montaxe "Fala-Me. Trad Cabaré" desenvolvimos un laboratorio de movementos propio que mestura as formacións, picados, brazos, puntos do baile tradicional galego fusionándoos cos posh, movementos sensuais, actitude e carácter propio do cabaret.

Con un vestiario moi rompedor, que o mesmo emprega unha monteira que un dengue nos homes ou que se recrea no fetichismo da roupa tradi, para o mesmo desenvolvimos a creación de instrumentos musicais a medida, máscaras ancestrais ou outros recursos que non deixan a ninguén indiferente.

Coa música en directo e outros momentos con música máis actual amplificada mediante un equipo portátil, o Trad-Cabaré é a sensación do verán!

Pasacalles Trad Cabar+®_79.jpg
DSC_6416-2.jpg

Flashtop Cabaret

Xénero: Danza-Teatro / Cabaret / Intervención urbana

Data de estrea: Campaña 125 anos 125 funcións do IGAEM. 2006
Concepto e dirección: Nelson Quinteiro Roa

Un asalto escénico que converte as rúas en unha auténtica festa con coreografías e escenas de cabaré ao máis puro estilo berlinés.

 

Dinamización comercial, street márketing e cabaret de impacto ou de guerrilla.

 

Unha proposta que combina a filosofía do flashtop como método de intervención urbana pero entroncándoo co cabaret: o seu ritmo, a súa cor, a súa frescura, a súa música alegre e divertida, o seu descaro, a súa provocación, a súa forza e a súa presenza escénica.

Para todos os públicos, quedándonos co lado máis desenfadado e circense do xénero, facendo do espectáculo unha proposta que conecta tanto co público máis maior, que revive tempos inalcanzables así como o público infantil, os nenos e nenas, que quedan entusiasmados co colorido, alegre e enérxico da proposta.

Unha montaxe de rúa que converte as prazas nun music-hall, as alamedas en voulevards, as praias ou areais en escenario casual dun can-cán.

7B.jpg

De Picnic

Nova montaxe de rúa 2022

Xénero: Danza-Teatro / Cabaret / Intervención urbana / Pasarrúas

Data de estrea: Pendente de estrea. Verán de 2022
Concepto e dirección: Nelson Quinteiro Roa

A Compañía Nelson Quinteiro volverá a mergullarse de cheo na ambientación e recreación dos anos 50 e 60 coa posta en marcha da proposta de animación e intervención urbana titualda "De Picnic", que fai da comida ao aire libre e de toda a estética tupper ware o seu forte para accións itinerantes e estacións de teatro cómico, teatro de obxectos e danza para chamar a atención dos paseantes/as e animar o corazón das vilas e cidades.

 

Coa posta en escena dun coche de liña clásico, un equipo de 4-5 intérpretes ao máis puro estilo "Mad Men" iranse a montar pic-nics do máis surrealistas a través de todos os fotoxénicos e cinematográficos recursos que ofrece a idea de montar un pic-nic nos anos 50 e 60. 

7B.jpg
7B.jpg
_REP9134-1.jpg
3P0A3227 copia.jpg
IMG_20200830_204652.jpg

Desfile e Serán Mais Cantos

Xénero: Performance Popular. Itinerario Cantado por rúas, prazas e espazos emblemáticos.

Intérpretes: Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita), Nelson Quinteiro (ukelele, voz, percusión e dirección) + Gaiteiros Desbrosadores Sexteto + Colectivos Mais Cantos de Marín, Lourido e Pontevedra.

Datos de Interese: Somos artífices dun modelo de experiencia que xa levamos posto en escena con moitísimo éxito en propostas como os Festivais "O Bosque de Nadal" en Pontevedra, "Pequeno Circo de Nadal" en Rianxo", "Pequeno Circo de Entroido" na Praza de María Pita da Coruña 2018, Festa da Raia en Portonovo 2018 e 2019, Festas de San Xoán de Poio 2018, Festas do Carmen de Moaña 2018, Festas do Mexilón en Combarro 2018, Festas de Sanxenxo e Santa Rosalía 2018 e 2019 ou "Nadal ao Noso Xeito" en Rianxo 2018, "Tarde dos Pepes e das Pepitas" en Marín 2019, Festas da Peregrina 2020, Entroido en Zas 2022, etc... 

O Desfile e Serán de Mais Cantos é unha proposta que ofrece unha nova forma de desfrutar dos cantos tradicionais, populares e de taberna e de reivindicar a nosa língua e cultura popular para a cal mobilizamos a un autobús cheo de artistas.

Unha proposta destinada a desfrutar da nosa música popular e tradicional para a que botamos man da nosa banda residente, co acordeonista Álvaro Cardalda, o gaiteiro Iago Prieto, o sexteto tradicional "Os Desbrosadores" e as máis de 50 gorxas dos grupos "Mais Cantos" de Marín, Pontevedra e Lourido baixo a batuta do mestre de canto Nelson Quinteiro.

O Rodaballo, De Marín a Portonovo, Teño un amor en Rianxo, Fisterra, O Miudiño, Os Mariñeiros, Vivir na Coruña que bonito é ou San Benitiño entre moitísimas outras forman un repertorio alegre, con enerxía e vibrante que consigue armar unha auténtica festa.


Imaxinación ao poder!.O Desfile e Serán Mais Cantos pode ser itinerante, praza por praza; pódese comezar en formato pasarrúas, pode estirarse, acortarse, interrumpirse, ser o arroupo doutras actividades ou adaptarse ao gusto e necesidades da festa en cuestión.

Pódese acompañar de xigantes ou cabezudos, de fogueteiros, podemos caracterizarnos para a ocasión ou facer un repertorio específico para a ocasión. 

 

Témolo feito!

bottom of page