

AS NOSAS MÚSICAS D´AQUÍ.
Contos e cantigas da Illa do Con!
Espectáculo musical participativo infantil e familiar creado por Nelson Quinteiro. Música tradicional galega, narración oral, xogos musicais e instrumentos en directo nunha experiencia educativa, divertida e emocional para nenos e nenas
Que canta un mariñeiro cando sae ao mar? Como soa un pandeiro? E unhas cunchas? E un punteiro? Pode unha canción facer remar unha traiñeira? Como cantan as sereas?
As Nosas Músicas D’Aquí é un espectáculo musical participativo para público infantil e familiar creado por Nelson Quinteiro no que nenos e nenas descobren a música tradicional galega a través do xogo, da narración oral, da participación e da música en directo.
Inspirado na tradición popular, nas festas da nosa terra e no universo imaxinario da Illa do Con, o espectáculo transforma o escenario nunha aventura musical chea de humor, ritmo e emoción compartida, especialmente pensada para público familiar e programación cultural infantil.
Ao longo da representación, o público participa activamente cantando cantigas tradicionais, xogos musicais e melodías populares galegas nunha experiencia viva e inmersiva onde aprender, xogar e emocionarse forman parte da propia historia.
Neste espectáculo cantaremos un Maio.
Festexaremos o Entroido e o San Xoán.
Cantaremos cantigas de canteiros e de mariñeiros.
Tocaremos o ukelele, os pitos, o peitoque, a gaita a pandeireta.
Remaremos nunha traiña. Bogaremos nun batel. Empuxaremos pedras de canteiro. Tocaremos o bombo imaxinario.
Cada escena da escenografía deseñada por Leandro Lamas convértese nun xogo colectivo onde a música tradicional galega aparece ligada ao movemento, á imaxinación, ao humor e á participación activa dos nenos e nenas.
En escena, Nelson Quinteiro “Señor Patajullo” e Iago Prieto “Señor Xurelo” crean un universo musical próximo e divertido no que instrumentos tradicionais galegos, cancións populares e ritmos tradicionais cobran vida diante do público familiar.
A proposta destaca polo seu forte compoñente musical e multiinstrumental, empregando instrumentos tradicionais galegos e populares como ferramenta de xogo, descubrimento e expresión artística.
A través da música en directo, da improvisación e da interacción constante co público, o espectáculo favorece a creatividade, a escoita, o ritmo e a conexión emocional coa cultura galega.
Lonxe dunha visión folclórica ou dunha animación infantil convencional, As Nosas Músicas D’Aquí presenta a tradición oral e musical galega como unha experiencia contemporánea, participativa e profundamente viva, adaptada ás novas xeracións sen perder autenticidade nin raíz cultural. O espectáculo incorpora ademais recursos inspirados na musicoterapia educativa e na participación musical colectiva, converténdose nunha proposta ideal para programación escolar, campañas de dinamización lingüística, auditorios, bibliotecas, festivais infantís e programación cultural familiar.
As Nosas Músicas D’Aquí convértese así nun encontro musical cheo de humor, emoción e alegría compartida onde nenos, nenas e familias descobren que as músicas da nosa terra tamén poden ser unha gran aventura.
Unha proposta cun sabor moi enxebre e, sobre todo, moi mariñeiro.
UNHA PROPOSTA QUE FUSIONA:
-Música tradicional galega
-Conto de narración oral
- Humor
- Participación activa
- Multiinstrumentismo
- Xogos musicais
- Tradición popular
- Experiencias colectivas
DURACIÓN: 60 minutos
PÚBLICO RECOMENDADO: Familiar · Infantil (4-10 anos)
AFORO IDEAL: Ata 300 persoas
IDEAL PARA:
-Programación escolar
-Bibliotecas
-Auditorios
-Programación familiar
-Campañas de dinamización lingüística
-Día das Letras
-Festivais infantís
-Programación cultural
-Centros educativos
-Feiras e festas populares
ESTIVEMOS EN:
FESTIVAL FOLK ILLA DE SAN SIMÓN Cesantes (Redondela)
OURENSE STREET FOUD Festas de Ourense
MERCADO MARIÑEIRO DE MUROS "Muros mira ao mar"
FESTIVAL PARRANDA&TRUCKS Portonovo
FESTAS DO CRISTO Cangas
FESTIVAL DA LUZ Boimorto
FESTIVAL O BOSQUE DE NADAL Pontevedra
FESTIVAL NADAL AO NOSO XEITO Rianxo
MERCADO DE NADAL Narón
ENTROIDO DE CEE. Auditorio de Cee
FESTAS DE SAN BLAS EN BEMBRIVE...


AUTONOMÍA TÉCNICA.
Os nosos espectáculos infantís están pensados para ser autónomos a nivel técnico, aportando o noso propio equipo de son de 4000 w (Dúas pantallas HK POLAR 10), axeitado para aforos e formatos medios, así como máquina de fume.
Os orzamentos inclúen este equipamento, así como unha persoa de asistencia técnica e de produción.
A ficha técnica redúcese a permiso de circulación e estacionamento para NISSAN NV200 7813LYP, toma de corrente de 220 v e camerinos con auga corrente e espellos. No caso de optar por tarima ou escenario, o tamaño ideal é de 6 x 4 m, cunha altura de 0,60 m
No caso de espazos non convencionais dispoñemos de xenerador de CA 220 v!
