





















Nelson
Quinteiro
Producións
"Música, danza e animación. Creo experiencias artísticas que conectan escenario, rúa e comunidade."
Son artista multidisciplinar e consultor cultural.
Levo máis de 25 anos traballando na creación, produción e desenvolvemento de proxectos artísticos en contextos moi diversos.
Interésame especialmente levar a creación máis alá do escenario tradicional: á rúa, aos espazos públicos ou a lugares inesperados onde a arte pode xerar encontro, sorpresa e participación.
Ao longo da miña traxectoria desenvolvín unha infinidade de proxectos que combinan sempre música, danza e teatro, creando experiencias temáticas e formatos híbridos pensados para públicos amplos.
Traballo en xéneros que van desde o cabaré escénico ou o teatro infantil até a animación de rúa e a música popular.
Paralelamente, colaboro con institucións e organizacións no deseño de contidos, comunicación creativa, street marketing e dinamización de eventos, así como en proxectos de musicoterapia con enfoque social, educativo e interxeracional.
PROXECTOS
Creamos proxectos orixinais con ideas únicas e exclusivas segundo as túas necesidades. Eventos, festivais, plans formativos ou divulgativos cun marcado carácter innovador.
Propostas evocadoras, que celebran a vida e a ledicia de vivir.
Abordando os imaxinarios colectivos e os ciclos festivos do ano.
Creando experiencias sensoriais que se fixan nas retinas dos nosos espectadores/as. Animando, comunicando, emocionando.
Aquí tés só algúns dos nosos principais proxectos, que están por vir ou xa realizados recentemente.
Premendo nas imaxes dos nosos proxectos terás acceso a dossieres completos sobre cada festival, evento ou produción.
Imaxina TODO o que podemos facer contigo!
RE-INICIAMOS ACTIVIDADE!
UNED SENIOR UNED Pontevedra
A MUIÑEIRA VAI CON TODO!
Bailoterapia a través da danza tradicional galega
IMPARTE Nelson Quinteiro
Todos os mércores de 10:00 h a 12:00 h a partir do 11 de febreiro de 2026 e ata o 24 de xuño de 2026.
Na Faculdade da UNED
Campus de Pontevedra.
Rúa Portugal 1
(Monteporreiro-Pontevedra)
Os beneficios terapéuticos asociados ao baile inclúen aspectos físico-motrices (mellora da tonicidade, mellora articular, mellora postural, mellora do aspecto e da forma física, entre outros), aspectos cognitivos (memoria coreográfica, memorización de secuencias de movementos), aspectos psicolóxicos (mellora da autoestima e autopercepción estimulación sensorial a través da música, expresión emocional, entre outros) e aspectos socio-afectivos (sentido de pertenza, logro de obxectivos conxuntos, creación de comunidade e vínculos sociais, entre outros).
Neste obradoiro, principalmente lúdico e divertido, pretendemos crear unha iniciativa que aúna os beneficios terapéuticos asociados á danza co sentido de identidade e memoria emocional, recreándonos nos sons, os instrumentos, os ritmos e características do baile tradicional de Galicia. Desta xeito , inspirándonos nos movementos, postura, música e xéneros do baile tradicional, crear unha proposta terapéutica adaptada a todas as idades e condicións físicas.
Do 11 de febreiro ao 24 de xuño de 2026
+ INFO: 647 647 404
Matrícula única 50 €
(inclúe todas as sesións do obradoiro):
https://extension.uned.es/senior_asignatura&idactividad=45415&asignatura=92109
NOVA ACTIVIDADE!
UNED Pontevedra
MUSICOTERAPIA. Aplicacións Prácticas
IMPARTE Nelson Quinteiro
Todos os xovesde 19:00 h a 21:00 h na Faculdade da UNED
Campus de Pontevedra.
Modalidade ON-LINE
(tanto presencial como en diferido)
Nesta nova edición achegámonos á musicoterapia como unha disciplina viva e profundamente humana, na que a música se converte nunha ferramenta de intervención, acompañamento e transformación en contextos reais como o hospitalario, o educativo, o traballo con persoas maiores e a terapia psicolóxica.
Ao longo do curso explóranse diferentes formas de aplicar a musicoterapia desde a práctica, a través de exemplos reais, experiencias sonoras e técnicas como a improvisación terapéutica, a creación de cancións, o GIM ou distintos modelos de referencia.
O obxectivo é que o alumnado experimente como a música pode facilitar a comunicación, a expresión emocional, a estimulación e o benestar, descubrindo o seu enorme potencial para conectar coas persoas e acompañalas en distintas etapas e situacións da vida.
+ INFO: 647 647 404
Matrícula única 53 €
(inclúe todas as sesións do obradoiro):















