MÚSICAS DE DOMINGO


Premendo no icono terás acceso a toda a carpeta de recursos do disco con toda a reportaxe gráfica de J.L Rúa, sección audiovisual con videoclips, dossier e todo o disco en formato.wav á máxima calidade.

Segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro da man do pianista Brais González.

Músicas de raíz e xogo de latitudes. Vibrante, evocador, tradicional e moderno. Pezas de grande sensibilidade galega e universal.

11 temas de música tradicional galega levada a un eixo de coordenada moi especial e sorprendente. Temas que conmoven e fan viaxar.

Un constante xogo de latitudes que fai das pezas de tradición oral galega algo incomensurablemente universal.

Coas colaboracións especiais de Blas Castañer e Roi Adrio na percusión, Erea Carbajales Molina ao violín, Raquel Miguélez ao contrabaixo, e David Álvarez Caneda ao acordeón.

O traballo foi gravado nos Estudios da Fundación SGAE Arteira Noroeste de Santiago de Compostela durante a primavera de 2019 e editado e masterizado por Gerardo Amigo, quen xa se fixera cargo da producción do primeiro disco "Orquesta Gharbo".

 

Co traballo “Músicas de Domingo” (2019) consiguen un directo de grande calidade e moi emocionante. Pezas dunha contundencia emocional sen comparación. Unha experiencia pensada para sala, teatro, salón, auditorio, praza, museo, espazo non convencional en calquera parte do mundo, co engado do noso piano de cola ao vivo. Unha tarxeta de visita da música galega cunha factura impecable.

O disco foi seleccionado como finalista aos prestixiosos XIX Premios OPINIÓN de Músicas de Raíz

nas categorías de  Mellor Artista grazas ao piano de Brais González e Mellor Adaptación dun tema tradicional grazas ao traballo compositivo e de arranxos da Xota do Norte.

Vituco Neira

Radio Galega >

Emilio Españadero

LUME NA PALLERA Radio Galega >

Antón Rebollido

A TARDE Radio Galega >

Fernando Íñiguez

TARATAÑA Radio 3 RNE

Marta Gómez

ZIG ZAG Televisión de Galicia >

VIDEOCLIP

ESCOITAO!

s

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

ENDEREZO FISCAL

Suscríbete ás novas

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco

Nelson Quinteiro

Producións