PROXECTOS
Creamos proxectos orixinais con ideas únicas e exclusivas segundo as túas necesidades. Eventos, festivais, plans formativos ou divulgativos cun marcado carácter innovador.
Propostas evocadoras, que celebran a vida e a ledicia de vivir.
Abordando os imaxinarios colectivos e os ciclos festivos do ano.
Creando experiencias sensoriais que se fixan nas retinas dos nosos espectadores/as. Animando, comunicando, emocionando.
Aquí tés só algúns dos nosos principais proxectos, os máis representativos.
Premendo nas imaxes dos nosos proxectos terás acceso a dossieres completos sobre cada festival, evento ou produción.
Imaxina TODO o que podemos facer contigo!
Algo de histórico...
Pequeno Circo de Nadal
2019 en Salceda de Caselas
O Pequeno Circo de Nadal, concebido como unha "experiencia navideña" para toda a familia, foi o prato forte dun programa amplo, diverso e pensado para o público familiar con motivo das Festas de Nadal 2019-2020 no Concello de Salceda de Caselas (Pontevedra)
Pasarrúas, espectáculos infantís, zona de obradoiros e actividades para realizar en familia, decoración e un xeitoso teatriño navideño para albergar espectáculos nunha carpa instalada diante do Concello de Salceda.
Dende o xoves 26 ao sábado 28 de decembro de 2019, en horario de 17:00 a 20:30 h. Cos Apalpadores Xigantes, Pakolas, Paco Nogueiras, Olga de Abad ou as propostas de Nelson Quinteiro. Totalmente gratis e sen reserva de praza. Unha festa!
O Bosque de Nadal 2019
en Viveiros O Piñeiro
Durante os últimos sábados do mes de novembro e os primeiros do mes de decembro de 2019 tivo lugar o 3º Festival "O BOSQUE DE NADAL" nas instalacións de Viveiro O PIÑEIRO (Pontevedra), un dos nosos proxectos favoritos e máis exitoso dende a súa primeira edición, en 2017.
Arrasando as marcas de aforo e o éxito mediático, "O Bosque de Nadal 2019" axuntou os decorados máis evocadores de Nadal con pasarrúas, concertos, espectáculos infantís, un Xigantón do Apalpador, a estrea do espectáculo "Apalpadoriños", Papá Nöel e os seus elfos, chocolate con churros ou actividades para realizar en familia e darlle unha benvida ao nadal por todo o alto creando "Unha experiencia de Nadal para toda a familia" que se convirte nunha das propostas de Nadal máis exitosa e máis emblemática do panorama galego.
Unha idea única e exclusiva para "Viveiros O Piñeiro" (Pontevedra), un espazo único entre plantas e frores, decorados e árbores de Nadal.
Músicas ao Natural
en Viveiros O Piñeiro
O PIÑEIRO SESSIONS: Concertos entre prantas e frores. Músicas ao Natural.
Concertos nun entorno natural, decorado e singular. Unha oferta formativa en voz, canto e composición musical impartida directamente polos artistas. Moi cerquiña de Pontevedra cidade, nun viveiro, rodeados/as de vexetación. Maridado cun bo viño, unha copa, unha delicathessen...
¿Imaxínaste un concerto entre plantas e frores?
¿Imaxinas unha oferta formativa en voz, canto e composición musical impartida directamente polos artistas?
¿Imaxínaste poder xantar, ter un encontro único e irrepetible nun entorno natural e fermoso?
¿Imaxínaste que sexa moi cerquiña de Pontevedra, nun viveiro, rodeados/as de vexetación?
¿Imaxínaste maridalo cun viño, unha copa, unha delicathessen?
Dos creadores do Festival O BOSQUE DE NADAL así foron as O PIÑEIRO SESSIONS: Músicas ao Natural. Unha delicia!
Nadal ao Noso Xeito 2018
Concello de Rianxo
A proposta lúdica do Concello de Rianxo para animar as festas de Nadal 2018.
Alí fixemos estrea do noso Apalpador Xigante, de tres metros de altura, que se converteu no protagonista das actividades que, coma en anos anteriores, estiveron dirixidas por Nelson Quinteiro.
O epicentro foi unha carpa instalada na praza Castelao, e na que o Apalpador Xigante estivo arroupado por formacións coma os gaiteiros Prima de Buxo, as cantareira Bulideiras, o colectivo Máis Cantos de Marín, Río de Anxo ou a Banda do Patajullo.
Tamén no interior da carpa, que funciou do 26 ao 29 de decembro, se desenvolveron unha serie de actividades dirixidas fundamentalmente ao cativos. Entre as máis importantes estiveron unha sesión de contos con Anxo Moure e Servando Barreiro; o concerto de Lydia Botana; a actuación de Paco Nogueiras, que ofreceu o seu espectáculo Brinca vai; o espectáculo musical de Nelson Quinteiro "As Nosas Músicas D´Aquí" ou o concerto de Tino Baz, autor da panxoliña contemporánea de maior éxito, "Os pitiños".
Parranda&Trucks 2018
Portonovo
Portonovo acolleu por segundo ano consecutivo o Festival PARRANDA& TRUCKS, un dos mellores na súa especie á hora de combinar a mellor proposta gastronómica en formato foodtrucks cunha programación musical, teatral e de animación para toda a familia.
Portonovo sumouse así á moda dos festivais de #foodtrucks e #streetfood, pero non de calquera modo, senón co evento PARRANDA& TRUCKS, unha proposta organizada polos propios foodtrucks Lucus Food Bus e a granxa CampoMayor.
Comida de autor, comida caribeña, comida italiana, comida arxentina, arepas, crèpes, hamburguesas de boi, papas arrúgás, cupcakes e mil e unha delicathessens doces e salgadas.
Todo amenizado cunha proposta cultural e de lecer de primerísima calidade e que ademais apostou por artistas locais ou das Rías Baixas, deseñada dende Nelson Quinteiro Producións, quenes, como no ano anterior, nos encargamos do street márketing e comunicación, garantindo o máximo mimo e detalle en toda a factura final do festival.
SPRING! Marín 2018
Festa da Primavera
Un Pequeno Circo de Primavera que animou o Domingo de Pascua 2018 en Marín!
Chegou o sol, agromaron as primeiras fores, cambiou o horario, chegou a primavera!!!!
Por todo iso, dende o Concello de Marín quixeron festexalo mediante unha festa para toda a familia da nosa man.
Alí instalamos o teatriño de Pedriño Mendrugo, mestre de cerimonias do espectáculo "Pequeno Cabaret Infantil" plato central dunha programación cheiña de obradoiros e animación arredor das acrobacias e malabares, con Joaco Showman, sombras chinesas con Olga de Abad, hula hoop e hula dance con Alba F.Troiteiro, así como caracterización e pintacaras con Alejandra Tomé.
Un equipo multidisciplinar e aberto co que convertiremos a alameda de Marín nun xeitoso cabaret de circo.
Pequeno Circo de Nadal
2016 en Rianxo
O Excmo Concello de Rianxo ofreceu aos seus veciños e veciñas unha proposta tremendamente pioneira naquela altura, o "Pequeno Circo de Nadal"; catro días con mil e unha actividades da man de Nelson Quinteiro Producións e unha proposta que desde a carpa instalada na Praza de Castelao encheu de pasarrúas, concertos, obradoiros, espectáculos de teatro e danza ou outras actividades para os máis pequenos/ as da casa!. Mil e unha actividades que pasaron pola dinamización comercial, gastronomía, patrimonio, artes escénicas e artes plásticas.
Mercado Modernista
de Cartagena 2016
Unha proposta para Rivendel Mercados Temáticos. 4, 5 e 6 de novembro de 2016.
A Compañía Nelson Quinteiro colleu as maletas e cruzou toda a península ibérica para ambientar co seu teatriño e os seus espectáculos o Mercado Modernista de Cartaxena 2016.
Durante tres días, a nosa compañía instalou o vistoso teatrillo do espectáculo Pequeno Cabaret Infantil, que formou parte da ambientación do propio mercado, ademais de ser o punto referencial de todas as actividades que desenvolvimos, entre as que destacan obradoiros, actividades de animación e espectáculos.
Deste xeito ofrececimos diferentes pases diarios do "Pequeno Cabaret Infantil", así como do espectáculo de interacción, intervención e animación urbana FLASHTOP CABARET, que percorreu as rúas e prazas ademais do propio mercado modernista. Como guinda do pastel ofrecimos dous pases diarios do espectáculo Novecento, a proposta coa que pechamos o IX-X Festival Galego de Cabaré, inspirada no homónimo filme.
Entre moitos outros...
Portamérica
Circo Cabaret 2016
Unha proposta para Esmerarte Industrias Creativas. Xullo de 2016.
Unha proposta dirixida ao público infantil e familiar na que durante os dous días en que se desenvolveu o festival PORTAMÉRICA 2016 en Porto Molle (Nigrán) encheu de pasarrúas, espectáculos infantís e talleres a zona de mercadillo e foodtrucks do emblemático festival das Rías Baixas (Galicia).
Un espazo simbólico e evocador ao redor dun teatriño que recreaba unha barraca de circo antigo como epicentro de concertos de dixie, talleres de hula- hop, papiroflexia ou pintacaras, e recipiente de espectáculos como CABARÉDEAMBULANTE, Flashtop Cabaret ou a estrea do espectáculo Pequeno Cabaret Infantil.