ORQUESTA GHARBO!

Orquestra Gharbo! é o primeiro disco profesional de Nelson Quinteiro, gravado grazas aínda proxecto de crowdfunding a través de verkami nos Estudios das Fundación SGAE Arteria Noroeste de Santiago de Compostela, con producción técnica de Gerardo Amigo e publicado como unha autoproducción por medio de Inquedanzas Sonoras en xaneiro de 2014.
Neste disco podemos atopar nove temas de música de raíz galega, músicas de autor e músicas do mundo arranxados dende linguaxes que se achegan ao pop, o bravú, o tango e rescursos musicais e tecnolóxicos moito máis actuais.
Acompañado de artistas como Álex Lorenzo (guitarras), Fran Castro (teclado, baixo), Pulpiño Viascón ( serrucho musical, zendrum, percusións), Eduardo Méndez (saxo tenor e sorprano, frauta traveseira), Silvia Penide (voz), Xandre Outeiro (zanfona e coros), María López (voces) ou un coro de homes de agrupacións como "Os Estalotes" ou a coral "Cantigas e Agarimos" atopámonos diante dun disco moi interesante, rico en matices, sorprendente na súa mestura e masterización, e no que a bagaxe escénica de Quinteiro aflora por todos os poros para conformar un tracklist que vai moito máis alá da esfera musical e que, despois dos anos, envellece como un bo viño e non deixa indiferente a ninguén.