top of page

Fartura!

Unha mesa de furancho portátil. Unha paparota musical ininterrumpida ao son da música popular, a gaita, as cantareiras e os cantos de taberna. Gorentoso, escénico e musical!

Xa está aquí a nova proposta musical da Nelson Quinteiro Troupe de cara ao 2025. Unha proposta concebida como unha performance gastronómica e musical con un equipo multidisciplinar de músicos/as, bailadores e artistas para ofrecer unha auténtica cornucopia musical arredor da música tradicional e popular galega, o canto das cantareiras, a música folque e os cantos de taberna.

"Fartura!" propón unha foliada poliédrica na que se xuntan repertorios das agrupacións que coinciden no banquete, con diferentes linguaxes musicais, dende o repertorio tradicional de gaita ao máis puro estilo estilo Ricardo Portela, a música das pandereteiras, cantos de taberna, habaneras ou temas máis arranxados que tenden cara ao folque.

A caracterización, inspirada na roupa tradicional, as máscaras de Entroido e os cadros de Laxeiro, Soutomaior e a escenografía da mesa, recreando un bodegón gastronómico e sinfónico contribúen a xerar unha estampa do máis evocadora que amplifica a proposta.

Se lle sumamos percusión de mesa e corporal, percusión con elementos pouco convencionais, sentido do humor e diversión, interacción e xogos rítmicos participativos co público e unhas excelentes e poderosas voces con arranxos polifónicos temas a receita xenial para unha experiencia musical e culinaria totalmente gourmet.

332433872_3355671704671243_8157869296444581062_n.jpg
464143012_10234789268257036_2744005639493484683_n.jpg
463950370_10234789877192259_5228213433393993833_n.jpg

Un auténtico banquete.

Tanto itinerante coma de escenario. Unha proposta flexible e moldeable cunha infinidade de aplicacións escénicas e de dinamización.

QUEN SOMOS

Menú Principal

Iago Prieto (gaita e ventos)

Álvaro Cardalda (acordeón e voz)

David Lourenzo (Gaita, bombo, voz)

Miguel Fraguas (batería, percusión, voz)

Nelson Quinteiro (guitarra, ukelele, gaita, pandeireta, percusións e voz)

Os viños

Pandereteiros/as da Fartura!

Ana, David, FLora, Isabel, Nelson, Teresa (pandeireta, percusións e voz)

Os Postres (opcionais)

Bailadores/as da Fartura!

André Adrio, Ari Vázquez, Iván Villar, Lucía Sueiro, Nelson Quinteiro, Ricardo Rozas, ,  (danza tradicional, neoclásica e contemporánea-fusión tradicional)

Os Entrantes (opcionais)

Animadores/as da Fartura!

Giovanni Peixoto, Ana Elena Pérez, Sibila Pujadas (coros, animación)

Fóra de carta (opcionais)

 

Gaiteiros Desbrosadores (acordeón, saxo, gaita, percusións, danza tradicional, cantos tradicional e de taberna)

QUE FACEMOS

Performance culinaria escénica e musical en formato de intervención fixa e/ou itinerante arredor da música tradicional, popular, cantareiras, folque e cantos de taberna.

COMO O FACEMOS

Mediante a instalación dunha escenografía na que recreamos unha mesa de furancho gastronómica e musical, arredor da que nos sentamos o elenco artístico e musical namentres comemos, bebemos e desfrutamos compartindo a nosa música e propostas.

Caracterización e vestiario de inspiración tradicional con toques de entroido e máscaras ancestrais para recrear estampas que evocan os universos pictóricos de Lugrís, Laxeiro, Colmeiro ou Sotomaior.

CANTO DURA

Iso nunca se sabe! Tendes que ter en conta que en Fartura! xuntámonos simultáneamente diferentes conxuntos con repertorios e linguaxes musicais ben diferenciados nunha experiencia musical na que compartimos as nosas viandas.

Ás veces uns tocan namentras outros beben, outros cantan namentras outros bailan, outros brindan namentres outros tocan, ás veces todas e todos brindamos, todas tocamos, ou todas cantamos. Temos mecha para rato!

Adaptámonos ás circunsantancias e idoneidade de cada encomenda en particular.​

MENÚ

Ao mesmo que cando vas a unha taberna ou a un restaurante, en Fartura!, como cliente, dámoste a escoller a proposta ao teu antollo. Se tés fame e cartos no peto, podes permitirte percebes, nécoras e marisco de primeira. Se non tés moita fame e optas por algo máis sinxelo, tipo zorza ou churrasco, ou mesmo unha ensalada da casa, tampouco hai problema. O cliente sempre ten a razón e aqui estamos para satisfacer os padais máis esixentes!

O que si, sempre garantimos o mellor producto local, calidade, frescura e a mellor das presentacións e empratados!

TRAXECTORIA

Concebido como un "work in progress" a nosa proposta proxectouse e estreouse nas Rutas de Turismo Mariñeiro "O Mar no teu prato" de Carril e VIlaxoán, Concello de Vilagarcía, nun proxecto ao abeiro dos Fondos de Transformación e Resiliencia da Unión Europea, en outubro de 2024 (Imaxes e vídeos: Fran Papiri).

De cara o 2025 xurden novas encomendas moi interesantes, co obxectivo de converterse no plato estrela de Nelson Quinteiro Producións de cara esta tempada escénica.

bottom of page