top of page
AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

_BAS2807-1

_BAS2807-1

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

AUPÁ! Quinteiro Prieto e Cardalda

Banda Nelson Quinteiro

Álvaro Cardalda + Iago Prieto + Xan Pérez

Xénero: Concerto // Concerto escénico

Música tradicional e popular galega.

Data de estrea: Festas de San Xoán de Poio 2020

4 de xullo de 2020. Parque da Reiboa.

Intérpretes: Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita), Xan Pérez (batería, percusión tradicional e voz), Nelson Quinteiro (ukelele, voz, percusión e pedais de loop)

Producción técnica: Marcos Souto Castelo

O cantareiro cangués Nelson Quinteiro presenta a súa nova banda na que volve ás súas orixes máis tradicionais con un son moi popular, festeiro e cun forte sabor galego.

Con un repertorio alegre e vivo, pensado para cantar e sobre todo bailar, para esta proposta arróupase do acordeonista Álvaro Cardalda (A Quenlla, Sanjurjo e Dopico), o gaiteiro Iago Prieto (Corisco, Queixumes, Traspés) e o percusionista Xan Pérez (Son de Seu, Los Jinetes del Trópico) cos que vén compartindo escenario en espectáculos como "Apalpadoriños" ou propostas como a "Charanga Mais Cantos".

O repertorio da Banda Nelson Quinteiro parte da música de taberna, coas súas foliadas, muiñeiras e pandeiradas e achégase á esfera do café cantante con aires de rumba, pasodoble, tango, fox-trot... e toma como inspiración e punto de referencia a bandas tan emblemáticas como "Os Cempés", "Quempallou" ou "Xochilmica", sempre dende a propia bagaxe e traxectoria musical dos músicos deste proxecto.

 

Na súa versión escénica contará coa pintura ao vivo da licenciada en Belas Artes e Master en Arte Contemporáneo Marta Quinteiro Villar e do bailarín Iván Villar (Nova Galega de Danza, Entrecaixas, El Taller).

No noso primeiro ano de vida estivemos en escenarios como a programación Re-Inicia o Verán do Excmo Concello de Poio, Festival Revenidas de Vilaxoán (Espazo Deleite) ou en formato virtual dentro do Festival Internacional Rebulir (FIR Ramirás, Ourense), así como na entrega de premios da Asociación Andaina de Redondela.

Músicas de Domingo

72965553_2498672523531730_23312973132820

Xénero: Concerto. Música galega con piano.

Data de estrea: Festa da Raia de Portonovo. 5 de maio de 2019

Intérpretes: Nelson Quinteiro, Brais González e artistas invitados/as

Producción técnica: Marcos Souto Castelo

 

Presentación e posta en escena do disco "Músicas de Domingo" (Inquedanzas Sonoras, 2019), que será presentado peza a peza, nun combo formado por Brais González ao piano, Nelson Quinteiro á voz, percusión, pedais e ukelele con colaboradores especiais en función do alcance da produción.
 
O disco "Músicas de Domingo", composto por 11 temas de música tradicional e popular leva a música de raíz galega a unha coordenada se cabe cinematográfica, creando con cada peza unha atmósfera particular e creando un directo composto de "estampas" que falan da traxectoria musical destes artistas.

 

Descrito por Emilio Españadero (Lume na Palleira, Radio Galega) como unha "marabilla musical" ou por Fernando Íñiguez (Radio3 RNE) como "un disco muy bonito, un universo sonoro evocador y hermoso", estamos a falar dun concerto de músicas de raíz e xogo de latitudes. Vibrante, evocador, tradicional e moderno, con pezas de grande sensibilidade galega e universal.  
 
No concerto, a piano e voz, non faltarán notas de cor, como a proxección do videoclip "O Paxaro" realizado por Dani López (Mandeo Records) con música orixinal do master e voz en directo, temas de piano e voz nas mans do virtuoso Brais González (Caspervek Trío) ou as colaboración puntuais e especiais máis increíbles.


Un concerto que ademais, percorre temas da discografía de Quinteiro, como "Marola", "Baldaio" ou "As Mans Perdidas" do anterior disco "Orquesta Gharbo!", levados a este novo concepto ou incluso momentos a pandeireta e voz, re-interpretando, en clave tradicional, diferentes temas que levan acompañando ao cantareiro ao longo destes últimos anos".

Imaxes e vídeo do noso concerto escénico para festexar o Día Internacional da Música 2020

promovido pola  Excma Deputación Provincial de Pontevedra. Sen dúbida unha magnífica experiencia contando con piano de cola, danza da man de Iván Villar, pintura ao vivo con Alba F.Troiteiro, acordeón con Álvaro Cardalda, gaita con Iago Prieto e batería e percusión multiétnica con Roi Adrio. Unha delicia!

Banner 2.jpg

Músicas de Domingo Sinfónico

Coa Banda de Música Municipal de Valga

Xénero: Concerto sinfónico 

Data de estrea: Concerto de Nadal 2019 da Banda Municipal de Valga

Intérpretes: Nelson Quinteiro, Brais González, Iván Villar, Banda de Música Municipal de Valga

Orquestación: Manuel Villar Touceda, Iago Sobrino

Dirección: Manuel Villar Touceda

Produción técnica: MUSIVAL. Banda de Música Municipal de Valga

Produción: ANBRASER S.L.

 

Un concerto espectacular no que os máis 80 músicos e músicas da Banda de Música Municipal de Valga baixa a batuta de Manuel Villar póñense ao servizo da música tradicional, canción de autor e música popular de Nelson Quinteiro, e creando unha experiencia sinfónica con moitísima forza e ofrecendo momentos máxicos e conmovedores.

 
O disco "Músicas de Domingo", segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro xunto ao pianista González chega así ao formato orquestal grazas á amizade e colaboración que dende os útimos anos vén trazando coa Banda de Música Municipal de Valga, con quen xa colaboramos na montaxe "As Viaxes de Castelao",

 

Arranxado por Nelson Quinteiro, Gerardo Amigo e Brais González na súa edición discográfica, agora ponse nas mans e talendo de Manuel Villar Touceda e lago Sobrino para esta posta en escena sinfónica. 


Un disco, xa de por sí enormamente cinematográfico que pasa a unha dimensión se cabe épica grazas a esta proposta e que xa está dispoñible para chegar a salas, teatros ou auditorios pero tamén a prazas, palcos da música ou escenarios ao aire libre.

 

 

Banner.jpg
Banner.jpg
bottom of page