APALPADORIÑOS


Premendo no icono terás acceso a un COMPLETO DOSSIER DO ESPECTÁCULO coa descripción completa do espectáculo, elenco, intencións e orzamento.

Unha grande produción de danza, música e teatro posible grazas ao apoio das subvencións ao Impulso de Sector Escénico Galego promovidas dende a Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC-Xunta de Galicia e coa colaboración do Excmo Concello de Poio, que apoia o proxecto mediante unha residencia artística e albergue para tres representacións no Centro Cultural Xaime Illa.

 

En "Apalpadoriños" damos cita a un formidable elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns, de cara a dar un novo pulo e adaptación COVID á nosa máis especial montaxe temática de Nadal destinada a toda a familia e que contará con versión de sala e de rúa, en formato itinerante.

Cunha xira moi especial no Nadal 2020 na que visitaremos Poio, Touro, Valdoviño, Rianxo, Negreira, Pontevedra, a Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela ou Salceda de Caselas .

APALPADORIÑOS A3 ACOPLADO.jpg

Dende o 21 de novembro e até o 12 de decembro de 2020, os integrantes da Compañía de Danza, Música e Teatro Nelson Quinteiro Producións mergúllanse nunha Residencia Artística de Inmersón de cara ós espectáculos de Nadal, grazas ao apoio das subvencións ao Impulso de Sector Escénico Galego promovidas dende a Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC-Xunta de Galicia e coa colaboración do Excmo Concello de Poio.

O acordeonista Álvaro Cardalda, o gaiteiro Iago Prieto, o percusionista e cantareiro Xan Pérez e o multiinstrumentista Nelson Quinteiro farán a banda sonora en directo para os espectáculos aos que se suman os bailaríns Iván Villar, Yohel Santos, María Cordeiro, Manu Albariñas, Laura Casas, o actor e clown Iván Davila, a actriz Adela Bértolo e a artista plastica Marta Quinteiro Villar.

Un elenco multidisciplinar, de moitísimo talento e titulación e que de seguro fará as delicias do público infantil e levará a máis necesaria que nunca necesaria ilusión do Nadal a prazas como Poio, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, Touro, Valdoviño, á Cidade da Cultura de Galicia, Negreira e moitas máis nunha campaña de Nadal que se aveciña do máis completa e con máis de 30 representacións escénicas.

Contaremos, ademais de especialistas audiovisuais para a documentación de todo o proxecto, tanto coreográfico como audiovisual, da man dos nosos colaboradores habituais, e dun equipo de produción e comunicación para que neste Nadal as nosas badaladas sexan ben sonadas.

APALPADORIÑO_2.jpg

TÍTERES

XIGANTES

Un dos atractivos fundamentais do noso espectáculo reside na posta en escena de dous títeres xigantes de tres metros de alto proxectados en co-producción coa Compañía de Títeres Errantes de Burgos, cos que Nelson Quinteiro entrou en contacto no Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura 2017 e con quen temos  grande amizade.

Dúas figuras agarimosas que representar ao mítico carboaeiro do Courel e mais á súa dona, a Apalpadora.

Novecento 1.jpg

DANZA

TRADICIONAL

Xa que os "Apalpadoriños" veñen a ser algo así como os tradicionais trasnos domésticos que recolle a tradición oral galega a través dos contos e dos relatos, non se nos ocorre mellor forma de concebilos que a través da danza tradicional e popular galega, dándolle unha volta de parafuso e enriquecéndoa co particular linguaxe dos coreógrafos Iván Villar e Nelson Quinteiro, nun laboratorio de movementos e coreográfico para facer danza escénica galega. O corpo de baile estará formado polos propios Villar e Quinteiro, así como polos bailaríns Yohel Santos, Laura Casás e María Cordeiro, membros habituais dos cabarés de Nelson Quinteiro.

81320399_10221707124251612_6676803090022

MÚSICA

AO VIVO

Os Apalpadoriós non poderían ter outra banda sonora máis axeitada que a música tradiconal e popular galega, polo que ofrecemos un animado combo ao vivo formado por gaita, acordeón, ukelele e percusión en forma de animadas pasacorredoiras, pasodobles, muiñeiras e xotas regadas cunha chea de panxoliñas.

Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita e pitos), Xan Pérez (percusión e voces) e Nelson Quinteiro (voz, pandeireta, caixón flamenco e ukelele) fan a banda sonora do espectáculo.

_REP2032-1.jpg

TEATRO

Na súa versión escénica, a montaxe toma formato de espectáculo de variedades para ofrecer unha  unha peculiar viaxe pola Galicia imaxinaria, na que dous simpáticos elfos interpretados por Adela Bértolo e Iván Davila serán os presentadores dun magazine emitido dende o Courel con música en directo, cancións, coreografías, entrevistas ou incluso deslocalización a varios puntos da xeografía galega!

NOVIDADES

IMG-20201116-WA0007.jpg

NOVA ESCENOGRAFÍA!
A artista plástica e licenciada en Belas Artes Marta Quinteiro Villar será a encargada de deseñar unha nova escenografía para o espectáculo "Os Apalpadoriños" nunha moi especial viaxe pola Galicia Imaxinaria do Apalpador e a Apalpadora Xigantes e mailos "Apalpadoriños", trasnos domésticos galegos que nas noites de Nadal axudan e acompañan ós Xigantes do Courel na súa grande tarefa de levas castañas quentiñas, agasallos e agariño ós nenos e nenas do Noroeste. 

IMG_20201121_095513.jpg

RESIDENCIA ARTÍSTICA

O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acolle a residencia artística para a adaptación do espectáculos ás novas exixencias provocadas pola COVID19, ademais de ser unha ocasión única para re-definir e ampliar o noso espectáculo, ao que lle damos un novo enfoque radicalmente distinto.

Nova posta en escena, nova escenografía, cambios sustanciais no vestiario, incorporación de novos músicos, novas coreografías e dirección coraográfica, para crear un espectáculo único.

124837165_10224721511769416_108062664039

NOVO VESTIARIO!
Para esta nova campaña, os acompañantes de Papá Nöel e mais do Apalpador e da Apalpadora lucirán novo vestiario coidando ó máximo todos os detalles.

Con telas de pano rexional e lá de primeira calidade, así como especial coidado nos remates, apliques e complementos, puxémonos nas mans de especialistas en traxe tradicional galego para que este ano os nosos elfos e mailos "Apalpadoriños" sexan máis auténticos que nunca.

Cartaz JLPR.jpg

NOVAS COREOGRAFÍAS!
O bailarín e coreógrafo Iván Villar incorpórase ao elenco dos Apalpadoriños e convírtese no co-director coreográfico da peza.

Deste xeito os trasnos domésticos do Courel adoptan outro tipo de movemento que, partindo do baile tradicional e popuar galego ofrecen unha formación e linguaxe.

Iván Villar formou parte do Ballet Galego Rey de Viana, Centro Coreográfico Galego, e dende o 2010 forma parte do elenco estable de Nova Galega de Danza ou dirixe a súa compañía "Entrecaixas". 

OS APALPADORIÑOS.

UN NADAL PARA CANTAR, BRINCAR E BAILAR

XIRA ESPECIAL DE NADAL 2020-2021

Do 21 de novembro ao 11 de decembro de 2020

RESIDENCIA ARTÍSTICA NO CENTRO CULTURAL XAIME ILLA DE RAXÓ (POIO)

12 de decembro

12:30 h Pasarrúas polo Casco Vello do Concello de Pontevedra

18:00 h ESTREA: Centro Cultural Xaime Illa. Raxó. Poio.

15 de decembro

18:00 h Centro Cultural de Negreira

 

18 de decembro

17:30 h Pasarrúas e representación no Concello de Touro

19 de decembro

18:00 h Pasarrúas no Concello de Valdoviño

20 de decembro

18:00 h Representación no Auditorio da Biblioteca

da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

23 de decembro

18:00 h Representación no Festival PEQUENO CIRCO DE NADAL DE Salceda de Caselas

26 de decembro

18:00 h Pasarrúas polo Centro de Rianxo

27 de decembro

18:00 h Representación no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (Poio)

29 de decembro

12:30 h Pasarrúas polo Casco Vello do Concello de Pontevedra

16:30 h Pasarrúas polo Casco Vello do Concello de Pontevedra

2 de xaneiro (VIRTUAL)

18:00 h Representación en espazo por desvelar

OUTRAS PROPOSTAS DE NADAL

OS TRASNOS DE NADAL. Nadal en Poio

15, 16 e 17 de decembro:  VISITAS ESCOLARES

19 de decembro 11:00 h San Salvador

22 de decembro 11:00 h San Xoán

30 de decembro 11:00 h Raxó e Samieira e 18:00 h en Lourido

31 de decembro 11:00 h en Campelo

FLASHTOP CHRISTMAS. Os elfos de Papá Nöel

21 de decembro 18:00 h PEQUENO CIRCO DE NADAL. Salceda de Caselas

23 de decembro. PASARRÚAS POR PONTEVEDRA 12:30 h O BURGO-PZA DE ABASTOS

26 de decembro. PASARRÚAS POR PONTEVEDRA. 12:30 h PEREGRINA-OLIVA-ROSALÍA DE CASTRO