Os Apalpadoriños

Xénero: Concerto de Nadal / Panxoliñas e Música Tradicional / Infantil e familiar /Títeres Xigantes

Data de estrea: Festival "O Bosque de Nadal" 2019 en Viveiros O Piñeiro.
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Álvaro Cardalda (acordeón), lago Prieto (gaita), Nelson Quinteiro (voz, ukelele, caixón e percusión), Yohel Santos (animación), entre outros/as.

Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto ós que acompañan "Os Apalpadoriños", elfos rústicos e axudantes destes personaxes que propoñen un xeitoso espectáculo, tanto itinerante e de pasarrúas como de sala, praza, carpa ou escenario. 


Os Apalpadoriños son músicos, bailaríns, animadores, e propoñen unha festa moi pero que moi animada a través de música galega, as panxoliñas, os cantos de reis e os xogos rítmicos e de movemento. 


Un equipo magnífico e unha festa rachada para cantar, brincar e bailar, con unha fabulosa trepulación artística e unha posta en escena coidada, co Xigantón do Apalpador, a Apalpadora Xigante e 6 elfos rústicos compañeiros/as desta figura con unha caracterización moi singular. 


Como espectáculo, os "Apalpadoriños" ofrecen un animado concerto e contacontos con danza, contos e xogos de participación en galego, escollendo un repertorio de panxoliñas e cantos populares adaptados á figura do Apalpador. "Os Pitiños", "O pelo Roxiño", "Ghedellos de Cabra","Miñas Cousas", "Nun Bou", "O Malhao", nunha viaxe pola xeografía galega onde van deixar os agasallos. 


"Os Apalpadoriños" foron estreados como espectáculo residente do Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiro O Piñeiro (Pontevedra), e tiveron unha campaña de Nadal increíble, estando en Marín no Acendido das Luces de Nadal, en Salceda de Caselas, como compañia residente do Festival "Pequeno Circo de Nadal", na programación "Tempo de Nadal" no Concello de Pontevedra con cinco pasarrúas ao longo das festas e cabalgata de Reis, en Rois, en Poio, no Centro Comercial A BARCA, en Vilanova... 

Flashtop Christmas

Xénero: Danza-Teatro de Nadal / Pasarrúas e desfiles / Infantil e familiar / Cabaret Infantil

Data de estrea: Festival "O Bosque de Nadal" 2018 en Viveiros O Piñeiro.
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Adela Bértolo, Nelson Quinteiro, Yohel Santos, María Cordeiro, Laura Casas, Kathy Sánchez, Manu Albariñas Otero, entre outros/as.

Un asalto escénico completamente navideño que asaltará as túas rúas, prazas ou centros comerciais con unha trepulación de elfos máxicos a cabalo do trineo do mesmísimo Papá Nóel e chegados directamente dende o polo norte.

 

Ao son dos temas máis clásicos do nadal, como o "Jingle Bells", "Let's Snow" ou "Joy to the World", entre outros, estes elfos e elfas farán bailar a todo o mundo contaxiando aos paseantes e veciños/as coa maxia do Nadal.

 

Unha proposta de teatro-danza e animación altamente participativa e na que, ademais de bailar, convidaremos ao público a unha batalla de bolas de neve, bailar ao "janchete" ou imitar aos animais e personaxes máis entrañables do Nadal. 
 

Un auténtico cabaré navideño con coreografías poéticas e outras máis desenfadadas, números de maxia, hula hoop, cancións e todo o espíritu navideño, cunha escenografía ben xeitosa, co seu teatriño navideño e árbore de Nadal. 

s

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

ENDEREZO FISCAL

Suscríbete ás novas

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco

Nelson Quinteiro

Producións