Preme na imaxe para descargar o DOSSIER COMPLETO da actividade
A Concellaría de Cultura do Excmo Concello de Poio programa a actividade QUEER CABARET. Empoderando a diversidade!, unha proposta formativa e lúdica con motivo do Día do Orgullo LGTBQI 2022.
Dende o luns 27 ao xoves 30 de xuño de 2022 terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (Poio) un laboratorio de empoderamento a través do movemento e a danza, o teatro e o cabaré.
Dirixido a todo tipo de persoas, independentemente da súa idade, sexo, xénero, identidade, condición física ou experiencia previa. Destinado a romper conceitos, explorar os límites do autocoñecemento, creación libre e gozosa e mergullo nas características do xénero do cabaré a través dun traballo de deseño do espazo escénico, a atitude e a construción estética. Durante 4 sesións de 4 horas cada unha convidamos aos participantes a desempolvar a súa pluma, a sacar a súa panteira interior, traballar co seu corpo e coa súa fluideza, e divertirse colocándose diante do espello deformado do esperpento.
Tipoloxía: Obradoiro escénico con remate en forma de mostra ou intervención callejera
Duración: 4 sesións de 4 horas c/u. De luns a xoves de 09:30 a 13:30 h e mostra final o venres 1 de xullo
Aforo: Mínimo 5 persoas. Máximo 20 persoas
Espazo: Centro Cultural Xaime Illa de Raxó
IMPARTE: Nelson Quinteiro. Autor do manual de cabaret contemporáneo "Pequeno Manual das Artes Perversas". Director do Festival Galego de Cabaret en 14 edicións. Director da Compañía Femme Fatale e da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret en ducias de montaxes, tanto de rúa coma de sala. Director artístico de programación de propostas de cabaré como a "Compostela Carpa Cabaret" (Santiago de Compostela, 2009), Portamérica Circo Cabaret (2016) ou Festival "Cabaré Cabaré" (Pontevedra, 2021).
DATOS DE INTERESE: Este obradoiro ten sido desenvolvido noutras ocasións e espazos como a Sala L-Mono de Bilbao, Sala hACERIA Arteak de Bilbao, Espazo Danza da Universidade de Santiago de Compostela (na imaxe), Fórum Metropolitano da Coruña, Casa Azul de Pontevedra, Salason de Cangas ou en diferentes festivais como o Festival Galego de Cabaré ou Festival FICE 2015 (Festival lberoamericano de Cabaré de Madrid).
Unha das características máis identificables do cabaré como xénero radica no ensalzamento da ambigüedade e o constante xogo, tanto a través da interpretación coma do vestiario e atrezzo coa elasticidade dos xéneros e as indeterminadas liñas borrosas entre os sexos. Ademais de traballar estes aspectos, centrarémonos no concepto de "pluma" de cara a empoderala, amplificala e facer desta ferramenta a mellor das nosas armas, reflexionando, ademais, e combatindo a epidemia de "plumofobia" que se vive tanto dentro como fóra do colectivo LGTBQI.
LA PIUMA É BELLA!
A construcción da personaxe, en cabaré toma como punto de partida o propio "eu" de cara a convertilo nese "eu" que habitaría un cabaré berlinés atemporal. Deste xeito hai un traballo sobre o ego e a autoestima de alta intensidade, de cara ao empoderamento personal. É un traballo de ego, ademais, concomitente cos meus compañeiros/as/es de elenco, polo que tamén é un exercicio de sinceridade e xenerosidade personal. Axudaremos a estirar o pescozo aos noso parrulos/as/es, abrir ben as ás e brilar con luz própia.
TODO PARRULO/A AGOCHA UN CISNE
Traballo do humor e, sobre todo da frivolidade, aprendendo a reirnos de nós mesmos/as/es e reirnos en grupo. No cabaré subímonos a uns taconazos reais pero tamén figurados, para ver a vida dende un novo prisma máis colorido, alegre, desenfadado, descarado e por veces frívolo, como actitude escénica pero tamén vital.
A VIDA, DENDE A PERSPECTIVA DUNS TACONASSOS
O cabaré é fantasía, purpurina, maquillaxe, perrucas, boas de plumas, saias cortas e vaivéns. Saquearemos o fondo de roupeiro e todo tipo de complementos nos almacéns de cercanía e luxo oriental para construir un auténtico outfit cabareteiro a punto de subirse a unha carroza ou pisar os escenarios do mesmísimo Moulin Rouge. Con un punto de perrallleirismo encantador e encanto bizarro, que nos chifla. áComo ía ser doutro modo? Estamos no cabaré!!!!
E QUE NON FALTE BRILLI BRILLI!
CONTIDOS: