top of page
Un mundo ben bonito 22 04 2021.jpg

UN MUNDO BEN BONITO

Espazo radiofónico con Nelson Quinteiro no

programa "La Mañana con Eva" con Eva Millán

todos os xoves ás 12:30 h en RADIOVOZ

emitindo para toda Galicia.

"Un mundo ben bonito", é o título dun espazo semanal para as persoas que traballan pola felicidade e por facer deste mundo un lugar máis lindo. Despois de varias entrevistas de Nelson Quinteiro no programa "La Mañana con Eva" de Radiovoz, xurdíu a idea de crear unha sección no programa para dar boas noticias, contar cousas bonitas e falar de todas as persoas que traballan pola felicidade.

Artistas de hospital, persoas que traballan por persoas con discapacidade, proxectos formativos, recuperacións patrimoniais, baños de bosque...

Todo isto e moito máis nun espazo desenfadado, tenro e con sentido do humor e no que regularmente tamén contamos as novidades da nosa fábrica de "Experiencias Emocionantes".

Abaixo podedes escoitar os podcast máis recentes:

bottom of page