top of page

COLABORA!

Forma parte dalgún dos nosos colectivos Mais Cantos!

1

Temos en marcha ensaios permanentes, regulares e simultáneos, tanto cos nosos maiores como con nenos e nenas!

Inscríbete e participa dos ensaios e das experiencias! Ademais de pasalo xenial, aprender canto coral, ritmo e animación formarás parte da nosa familia e contribuirás achegar alegría, música, ritmo e memoria para as nosas persoas maiores.

3

Pon alegría e ritmo nos eventos máis lindos da túa vida cunha finalidade solidaria!

VEÑA!

Colabora na misión de levar alegría, música e ritmo ás nosas persoas maiores máis dependentes e aos seus coidadores/as

Podes facerte socio/a colaborador/a, aportando unha cuota regular.

A túa colaboración materializarase en visitas artísticas e asistenciais individualizadas para as persoas maiores máis dependentes e os seus coidadores/as, tanto a domicilio como en centros hospitalarios e residencias.

2
4

FAI UNHA DOAZÓN!

Pon banda sonora e animación ás túas festas e eventos vitais coa conciencia de estar contribuíndo coa misión solidaria de levar alegría, ritmo e memoria aos nosos maiores.

Tamén podes optar pola merca ou reparto du agasallo solidario nas túas festas, banquetes ou eventos vitais.

Non é preciso dispoñer dunha gran fortuna para contribuír ó empoderamento, dignificación das condicións de vida, alegría para os nosos maiores a través dunha aportación solidaria.

Calquera doazón, por pequena que sexa, é importante para seguir protexendo as condicións de vidas das persoas ás que lle debemos tanto.

ES13 2080 0515 5430 0004 3798

bottom of page