top of page
6903234_0658-11ec-9e97-005056bd5094_236787015_10226711131908676_1346798_D9LVG7z.jpg

Novecento Cabaret

Xénero: Danza-Teatro + Cabaret + Pintura ao vivo + Música en Directo

Data de estrea: Artes Vivas. Pontevedra Vívese. 22 de xullo de 2020
Concepto e dirección: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Alvaro Cardalda Melendez, Marta Quinteiro Villar, Nelson Quinteiro e elencos variables.

Un espectáculo de danza-teatro e cabaré plenamente evocador e pensado para prazas e escenarios en aberto.

 

Unha viaxe polas emocións, o arte e a música que recrea as vangardas e movementos políticos de principios do século XX.


Un espectáculo de escenario que nos traslada a principios do século XX, a un periodo marcado pola guerra e a aparición das primeiras vangardas.

 

Innovador, cunha estética "vintage", e unha fórmula escénica que crea imaxes evocadoras e emocionantes entroncadas co aspecto cinematográfico. 


Creado e artellado como unha experiencia para todos os públicos, convírtese nun percorrido polas artes e a beleza, con un pequeno toque revolucionario. 


Unha peza inspirada na película "Novecento" de Bernardo Bertolucci, coa que comparte título. 
 

O espectáculo preséntavos a unha familia acomodada, dedicada á industria conserveira, que vive no ideal das vangardas, no concepto de arte pola arte, da " vie bohéme", da alegría, do amor por encima de todas as cousas, que coa chegada da guerra atópase coa crueza desta nova realidade: coa fame, co medo e a violencia. 


Motivados polo seu espírito vangardista, polos seus ideais e a a súa rebeldía, inician unha viaxe cara ás novas correntes artísticas, atopando refuxio no mundo do cabaré, un lugar onde gozar da liberdade, a verdade, a beleza e o amor, alicerces do seu manifesto. 


Un espectáculo para todos os públicos, apto tanto para teatros como para prazas, carpas ou eventos ao aire libre.

Un percorrido pola música, a literatura, as ideoloxías políticas e o cabaré de principios do Século XX. 

 

Un evento que se converte nunha experiencia festiva, de alegría, diversión e emoción. 

_RET8872-1.jpg
Novecento 2.jpg
Novecento 4.jpg
DSC_6416-2.jpg

Flashtop Cabaret

Xénero: Danza-Teatro / Cabaret

Data de estrea: Campaña 125 anos 125 funcións do IGAEM. 2006
Concepto e dirección: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Elencos variables en función da temporada e dispoñibilidade dos/as artistas.

Un asalto escénico que converte as rúas en unha auténtica festa seguido dun espectáculo de cabaré ao máis puro estilo berlinés.

 

Dinamización comercial, street márketing e cabaret de impacto ou de guerrilla.

 

Unha proposta que combina a filosofía do flashtop como método de intervención urbana pero entroncándoo co cabaret: o seu ritmo, a súa cor, a súa frescura, a súa música alegre e divertida, o seu descaro, a súa provocación, a súa forza e a súa presenza escénica.

Para todos os públicos, quedándonos co lado máis desenfadado e circense do xénero, facendo do espectáculo unha proposta que conecta tanto co público máis maior, que revive tempos inalcanzables así como o público infantil, os nenos e nenas, que quedan entusiasmados co colorido, alegre e enérxico da proposta.

Unha montaxe de rúa que converte as prazas nun music-hall, as alamedas en voulevards, as praias ou areais en escenario casual dun can-cán.

En definitiva, unha auténtica festa que mediante accións de impacto, vistosas coreografías, xogos de interacción cos paseantes chea de cor calquera contorna.

Dispoñible en diferentes formatos, en función da produción. Dende accións puntuais de street marketing a pasarrúas con música en directo, para o que nos facemos acompañar da banda Els Bregadiers.

bottom of page