libro_feira_007.jpg

UN RECITAL POÉTICO COMO NUNCA TIÑAS VISTO

Ademais da opción itinerante, o espectáculo Ronda Poética ofrece a posibilidade de ofrecer un recital poético fixo moi fermoso, sembrado dunha escolma de poemas interpretados polo noso elenco, que se van sucedendo entre accións performáticas de inspiración literaria e coreografías con acordeón ou unha escolma de temas musicais do máis emocionante.

A orixinalidade da proposta, o coidado do vestiario, o xeito no que os nosos artistas e bailaríns se meten no papel e o identificable da proposta fai que sempre colleitemos un grande éxito en todas as representacións que levamos a cabo.

Ronda Poética Batallón Literario

Xénero: Pasarrúas literario

Estrea: Campaña "A Cidade que lee" do Excmo Concello da Coruña. 2008.

Creación e dirección: Nelson Quinteiro
Elenco: Elencos variables. Actualmente participan actores e actrices do elenco orixinal: María Polo, Uxía Vázquez, Yolanda Paz, Fabiana Gastaldello e Nelson Quinteiro, aos que se suma o actor Iván Davila.
Música en directo: Álvaro Cardalda ou Iago Camaño (según dispoñibilidade)

Datos de interese: Este espectáculo ten pasado por fitos como o Día das Letras Galegas do Centro Dramático Galego 2012, Solpor Literario en Laxe 2011, Festas de Nadal de Ferrol 2008, Día das Letras Galegas en Culleredo 2009, Feira de 1900 de Arteixo 2009, Día das Bibliotecas da Coruña 2015, Día das Letras Galegas en Combarro 2021 ou Festival PRIMALETRAS da Coruña 2022.

Seis actores caracterizados de escritores de inspiración decimonónica acompañados por un
acordeonista percorrerán as rúas e prazas a golpe de versos, facendo improvisacións, agasallando
poemas, relatando cadáveres exquisitos, recitando, escribindo versos no chan, bailando e
interactuando cos viandantes nunha proposta moi visual e nada prosaica.

Trátase dun espectáculo de rúa que aborda a figura do escritor/a desde o concepto que del mesmo habita no imaxinario colectivo.

Unha proposta que reivindica o papel da poesía e o seu espazo nas nosas vidas.

Un pasarrúas itinerante con música en directo que une unha posta en escena moi coidada cunha interpretación que reivindica a exaltación poética.

A partir de textos coidadosamente escollidos presentes na literatura galega e na poesía de tradición oral de Galicia, así como noutros da literatura universal, prantexamos un delicado pasarrúas de inspiración literaria e estética decimonónica que se recrea no libro como elemento escénico.

FAINO AO GRANDE!

Dende a nosa compañía queremos propoñervos a idea de facer este espectáculo AO GRANDE contando coa posta en escena dun carruaxe de época tirado por dous impresionantes cabalos co seu chófer caracterizado como parte da proposta para crear unha auténtica estampa decimonónica que ficará para sempre impregnada nas retinas dos teus paseantes/as.

Dende a empresa encárganse da xestión de todos os permisos e certificados, e dos aspectos de produción derivados da posta en escena desta ferramenta escénica.

1649761594489.jpg