top of page
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson 
Quinteiro
Producións 

Música, danza, animación e comunidade.
Creamos experiencias que emocionan, conectan e transforman.

Compañía artística multidisciplinar e consultoría especializada en experiencias culturais e creación comunitaria.

Desde hai máis de 25 anos desenvolvemos proxectos onde música, escena, participación e comunidade conflúen desde unha mirada contemporánea, emocional e profundamente humana.

O noso traballo estrutúrase arredor de catro grandes liñas de creación:

-Espectáculos e experiencias escénicas 
-Proxectos inmersivos e intervencións temáticas en espazo público
-Creación musical e discográfica en formatos e espazos de exhibición non convencionais
-Musicoterapia e artes aplicadas á saúde, á emoción e á comunidade

 

A través delas impulsamos propostas que combinan música, danza, teatro, tradición contemporánea e creación colectiva, entendendo a cultura como unha experiencia capaz de emocionar, conectar persoas e transformar espazos e comunidades.

PROXECTOS

Creamos proxectos orixinais con ideas únicas e exclusivas segundo as túas necesidades.

Eventos, festivais, plans formativos ou divulgativos cun marcado carácter innovador.

Propostas evocadoras, que celebran a vida e a ledicia de vivir.

Abordando os imaxinarios colectivos e os ciclos festivos do ano. 

Creando experiencias sensoriais que se fixan nas retinas dos nosos espectadores/as.

Animando, comunicando, emocionando.

Aquí tés só algúns dos nosos principais proxectos, que están por vir ou xa realizados recentemente.

Boceto Noite das pepas 2026.jpg


Premendo nas imaxes dos nosos proxectos terás acceso a dossieres completos sobre cada festival, evento ou produción.

Imaxina TODO o que podemos facer contigo!

CANTATA COMUNAL. Grándola Vila Morena. Pontevedra. 24 de abril de 2026.
01:51
O povo é quem mais ordena. Vigo. 25 de abril de 2026
02:45
Bienal de Pontevedra 2025. Performance Colectiva.
Aldea de Nadal 2025 Vilagarcia
Onde habita o Nadal Cangas 2025
Oh Rama! Cantata comunal e pública polo 25 de abril en Pontevedra coa Banda do Nelson Quinteiro
01:11
Conmemoración da Revolución dos Caraveis en Pontevedra
02:20
A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'
02:23
bottom of page