top of page

MÓLLATECON NÓS

BUSCAMOS OS/AS MELLORES ARTISTAS PARA DAR O MELLOR DE NÓS MESMOS/AS
26114186_10215519656808793_6478112735090136020_n.jpg

Se che gustaría formar parte do noso equipo prestando un servizo profesional  ben sexa como músico/a, bailarín, actor/actriz ou aportando as túas competencias profesionais ao noso staff (fotografía, deseño gráfico e web, audiovisuais, produción, comercial, etc...) estamos abertos á recepción de currículos e candidaturas.

Artísticamente, seleccionamos perfís multidisciplinares, persoas con competencias artísticas e musicais e, sobre todo, de movemento, con un marcado carácter dinámico, empático e vocacional

 

O training permanente é parte da rutina da compañía. Soemos ter dun día fixo á semana de adetramento e ensaio. Grazas a el podemos enfrentar as producións que non encargan ou que nos contratan. A partir de esa rutina armamos os elencos en función da dispoñibilidade, tipo de evento ou espectáculo a representar, forma do actor/actriz e constancia co traballo de grupo. 

Profesionalmente, se te estás a formar ou vés do mundo da produción, comunicación audiovisual,  xornalismo, marketing cultural ou calquera outra disciplina que poida encaixar coas nosas áreas de actividade, non dubides en contactar connosco.

Garantímosche a máxima flexibilidade e o mellor clima laboral.

Precisamos de persoas con experiencia que poidan formar parte dos nosos proxectos, tanto a nivel de produción, comunicación, asistencia técnica así como perfís artísticos para formar parte dos nosos elencos deseñando "Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

bottom of page