Habitante
Xénero: Instalación escénica / Performance / Teatro contemporáneo
Data de estrea: Feria "Cuarto Público". Museo de Arte Contemporáneo MARCO de Vigo 2014
Concepto: Nelson Quinteiro Roa
Cuerpo performer: Nelson Quinteiro Roa
Técnico: Eloy Pugasanta
Datos de interese: O Proxecto #HABITANTE é froito dunha colaboración coa Feira de Arte Contemporáneo Cuarto Público e estreada na edición 2014 da mesma, no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Ten sido levado a escena en campañas como "Letras nos Mercados 2018" do Servizo Municipal de Bibliotecas da Coruña ou "Ponte en Escena 2015" do Fórum Metropolitano da Coruña, reinventándose e adaptándose en cada posta en escena.
A proposta #HABITANTE de Nelson Quinteiro é unha performace e instalación escénica que xira arredor do concepto da procura da inspiración como álma mater da creación artística.
Abordando unha imaxe de escritor actual, sen mergullarse en outras épocas históricas, o intérprete permítese xogar con diferentes elementos para crear unha peza plástica con un elevado factor estético arredor da literatura, e onde a poesía de vangarda, a experimentación sobre a palabra escrita e a liberdade de ritmo escénico serán eixos da posta en escena.
Tzara, Jlevnikov, Juan Larrea, Huidobro, Manoel Antonio... A poesía de vangarda, acompañada de textos do propio Quinteiro, servirán como base para accións escénicas arredor da palabra e a través do movemento, o son e o emprego de elementos cotiáns como libros, follas, froitos, etc...
Unha proposta atemporal cun gran poder evocador. A performance #HABITANTE pode ser entendida como unha nova forma de abordar un recital poético, no que incluímos unha potente e evocadora posta en escena ademais dun constante xogo escénico con elementos e ritmos narrativos.
Brancas
Xénero: Itinerario Escénico Urbano / Performance / Danza tradicional - contemporánea
Data de estrea: Día Internacional dos Museos 2012 da Coruña
Director/a: Nelson Quinteiro Roa
Intérpretes: Elencos variables. Nas súas postas en escena teñen participado artistas como María Polo Piñeiro, Iván Villar, Yolanda Paz, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Bea Bravo, Inés Barcia, Cristina Casas Pou ou o propio Nelson Quinteiro, entre outros.
"Brancas", estreado na Noite dos Museos 2011 da Coruña como un "Itinerario Escénico Urbano" trátase dunha montaxe plástica, artística e escénica arredor do branco como elemento aglutinador e representativo da esencia da identidade galega.
Empregando elementos cotidiáns como madeira, farelo, corda, pinzas, telas e outros elementos un equipo de 7 artistas vestidos de branco transfor-man o espacio escénico por medio da danza, a poesía, o mimo, a expresión corporal ou a performance.
"Brancas" revélase así como un rico e frutífero traballo de interacción entre disciplinas, artistas e público, nunha xornada na que a poética da posta en escena e a linguaxe artística se fusiona co cotidian e transcende os formatos habituais de exhibición.
Enfiando unha narración plástica ao redor da luminosidade e a expresividade do branco, os sete artistas participantes debuxan un lenzo espacial no que deixan impresa a súa particular pegada.
A tradición e a muller na arte e no colectivo imaxinario son as dúas grandes protagonistas temáticas da montaxe.
Imaxes de potente carga simbólica, social e cultu-ral, interpretadas en pezas que apelan directamente a temas recorrentes na maioría das manifestacións artísticas populares galegas. Lavandeiras, redeiras, baile e vestiario tradicionais son revisitados transversalmente a través da performance, a expresión corporal, a danza e o mimo.
A literatura, outro dos eixos centrais da montaxe, focaliza accións colectivas en torno ao libro, ao poema e á enerxía lírica da palabra en diálogo coa música e o movemento.
Unha nova concepción en canto a formatos de exhibición, acotando espazos escénicos en entornos abertos a través de obxectos e materiais cotiás -farelo, papel, corda, pinzas- poñendo de manifesto unha exploración e redifinición en canto á creación de entornos inusuais e propicios tanto para a representación como para a recepción do feito artístico.
Waterproof
Xénero: Performance Acuática / Danza moderna - contemporánea
Data de estrea: Festival Galego de Cabaré de Redondela o 25 de agosto de 2018
Director/a: Nelson Quinteiro Roa
Intérpretes: Elencos variables. Nas súas postas en escena teñen participado artistas como Yohel Santos, Susana Martínez Otero "Susi Ons", Leonor Sangabriel e propio Nelson Quinteiro, entre outros.
Conta Diego Ameixeiras no libro "Tres segundos de memoria" que todos nós tendemos a certa melancolía cando nos atopamos de frente co mar ou coa auga dun río en movemento.
lsto débese, según o protagonista da novela, a que o noso corpo componse nun 70 % do líquido elemento, co que sentimos una sensación de orixe e de morriña do noso medio e compoñente principal.
Dado que somos auga ao 70% a teoría que dá orixe ao noso vindeiro espectáculo é que o outro 30% non pode ser de outra cousa que de amor, compoñente que articula a nosa unión molecular.
Unha proposta de danza-teatro que se recrea na auga como elemento vertebrador dunha historia que reflexiona sobre a nosa identidade e como esta se constrúe.
Unha montaxe que instalará unha infraestructura concebida como recipiente escénico cunha alta capacidade visual e evocadora pero que ó mesmo tempo posibilita a posta en marcha dun sistema de duchas, cortinas de auga, aspersores e outros efectos acuáticos que potenciarán o aspecto dramatúrxico e coreográfico da nosa montaxe.
Waterproof componse de accións con elementos acuáticos como regadeiras, globos de auga, caldeiros e capachos, pompas de xabrón ou outros elementos, ingredientes para un espectáculo de danza-teatro capaz de xerar imaxes impactantes, orixinais e altamente simbólicas que se queden na retina dos nosos espectadores.