
Conto-Danza de Nadal
“Os espíritos do Nadal danzan entre nós.”
Un espectáculo inmersivo de teatro-danza inspirado no universo de Charles Dickens que transforma rúas, prazas e escenarios nunha experiencia viva para toda a familia.
Danza tradicional galega, movemento contemporáneo, música en directo e narración emocional nunha proposta itinerante e escénica creada por Nelson Quinteiro Producións.
Descripción:
O Nadal convértese nun escenario vivo en Conto-Danza de Nadal, unha experiencia escénica inmersiva inspirada no célebre A Christmas Carol de Charles Dickens.
A compañía de danza de Nelson Quinteiro Producións, dirixida a nivel coreográfico polo Premio Max de Danza Iván Villar, presenta unha proposta poética e emocionante que combina danza tradicional galega, movemento contemporáneo, interpretación teatral e música en directo nun espectáculo pensado para emocionar a públicos de todas as idades.
A través da palabra narrada pola xornalista Eva Millán e o piano en directo do músico Brais González, o público emprende unha viaxe polos espíritos do Nadal —pasado, presente e futuro— nun relato próximo, evocador e profundamente humano.
O elenco, integrado por figuras destacadas da danza galega como Ricardo Fernández Louro, Estefanía Gómez e Alba Vázquez, converte cada representación nun encontro entre tradición, emoción e contemporaneidade.
Conto-Danza de Nadal pode desenvolverse tanto en formato itinerante como escénico, adaptándose a rúas comerciais, prazas, mercados de Nadal, auditorios ou programacións culturais especiais.
Unha proposta creada para sorprender, emocionar e dinamizar os espazos urbanos durante as Festas de Nadal.
DATAS CONFIRMADAS NADAL 2026-2027
4 DE DECEMBRO. SADA. ACENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL. REDE CULTURAL DA EXCMA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. VERSIÓN MIXTA.
19 DE DECEMBRO. VILAGARCÍA DE AROUSA. ALDEA DE NADAL. O NADAL VÍVESE AQUÍ! VERSIÓN ESCÉNICA NO SALÓN GARCÍA
20 DE DECEMBRO. VILAGARCÍA DE AROUSA. ALDEA DE NADAL. O NADAL VÍVESE AQUÍ! VERSIÓN ITINERANTE
21 DE DECEMBRO. VILAGARCÍA DE AROUSA. ALDEA DE NADAL. O NADAL VÍVESE AQUÍ! VERSIÓN ITINERANTE
26 DE DECEMBRO. POIO. CARPA DO NADAL MÁXICO. REDE + ESCÉNICAS DA EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. VERSIÓN ESCÉNICA.
IDEAL PARA:
Programacións culturais de Nadal
Campañas de dinamización comercial
Mercados e vilas de Nadal
Auditorios e teatros
Programación familiar
Festivais e eventos urbanos
Contratación e información:
Disponible para o Nadal 2026-2027
RGTA, RGS, +Escénicas, Culturea, Rede Cultural Coruña...
📩 contacto: nelson.quinteiro@gmail.com
Teléfono (+34) 647647404













