top of page
Facemos xirar o Nadal.jpg
AF A5 ALDEA DE NADAL VILAGARCÍA.jpg
AF PEQUENO CIRCO DE NADAL 2024 A5.jpg
470687337_10236090401144545_2981667437949174125_n.jpg

O equipo de Nelson Quinteiro Producións fecha unha das mellores campañas de Nadal da que ten rexistro coa satisfacción de termos levado a ilusión a miles de persoas baixo o lema "Facemos xirar o Nadal"

A campaña de Nadal para a nosa pequena industria de experiencias emocionantes non pode ter mellor balance que a enorme satisfacción de ter feito un traballo inmellorable para os nosos clientes e espectadores/as.

Foron case 30 días de programación ininterrumpida na que só paramos para coller ar e conciliar as nosas vidas familiares o 25 de decembro e 1 de xaneiro.

O resto dos días, dende que arrancamos co acendido da iluminación de Nadal do Concello de Sanxenxo o 5 de decembro e até o día 3 de xaneiro, onde fechamos a xira acompañados da familia Mais Cantos no Pazo de Besada en Poio todo foron dobletes, tripletes ou actuación simultáneas.

Pasarrúas, pasatabernas, visitas escolares, centros comerciais, festas privadas, dinamización comercial e street marketing, concertos en carpa e escenario ou estrea do noso máis recente “Aldea Musical de Nadal”, programacións dirixidas e xestionadas directamente por nós, encomendas, producións “ad hoc” ou obradoiros completaron unha inmellorable axenda na que ademais do noso equipo habitual contamos coa presenza de varios/as dos/as artistas máis destacados do panorama cultural infantil de Galicia.

Vilagarcía, Vigo, Sanxenxo, Moaña, a Cidade da Cultura de Galicia, Portas, Poio, A Golada, Dozón, Verín, Baiona, Marín ou Salceda de Caselas foron, entre outros, só alguns dos nosos clientes e marabillosas paradas neste increíble roteiro ou xira de Nadal.

Acompañáronnos artistas como Larraiz Urruzola, Olga de Abad, Pakolas, La Duendeneta, Cé Orquestra Pantasma, Paco Nogueiras, Caxoto, Gaiteiros Desbrosadores, Batucada Bate no Cobre, Batucada “Os Queimatasas”, Pandereteiras "Fentos e Frouma" ou a contacontos Erica González, entre outros/as.

 

Producións exclusivas.

 

A nosa empresa foi agasallada coa magnífica encomenda de programar a proposta “Aldea de Nadal” para o Excmo Concello de Vilagarcía, dando vida ao Nadal dun xeito único, orixinal e que, para os responsables de promoción económica, a día de hoxe, e xa de cara o Nadal 2025-2026 amósase como un modelo de Nadal diferente, diferenciado, único e que recolleu inmellorables opinións, retroalimentación e testemuñais dos veciños/as, comerciantes, hosteleiros/as e paseantes da cidade.

De igual xeito recuncamos, por quinta edición consecutiva co noso “Pequeno Circo de Nadal” na Praza do Concello de Salceda de Caselas provocando unha auténtica revolución verde cos nosos elfos, trasnos domésticos, Apalpadores Xigantes ou artistas infantís.

Unha das novidades máis satisfactorias desta xeira foi a encomenda, de cara á toma das uvas anticipadas de Vilgarcía de Arousa, dunha proposta “a medida” cuxa temática trazou o cliente, o “Desfile Celta do Sol Nacente” que tivo grande impacto mediático e colleitou imaxes increíbles.

 

Circuito “+Escénicas”

 

A nosa compañía foi seleccionada por 5 Concellos para levar a escea o espectáculo “Aldea Musical de Nadal” dentro deste novidoso circuito dentro do panorama cultural da Provincia de Pontevedra. A Golada, Baiona, Dozón, Poio e Salceda de Caselas optaron, como primeiro prato da súa escolla, con este espectáculo musical coral baseado na musicoterapia educativa e no que contamos con músicos de primeiro nivel para poñer sobre as táboas un xeito diferente de entender as panxoliñas e os cantos de Nadal.

Para o mesmo creamos un vestiario orixinal e moi creativo que suscitou inmellorables observacións.

 

Preparando o 2025-2026

 

De cara á vindeira campaña de Nadal xa comezamos a colleitar encargos e propostas, como avanzar e aumentar a nosa estreita colaboración con Concellos como Vilagarcía de Arousa ou Salceda de Caselas ou distribuir novamente propostas como a “Aldea Musical de Nadal”, “Xigantón do Apalpador e Trasnos Domésticos do Courel”, “Flashtop Christmas” “Buscando a Rodolfo”, o noso espectáculo de danza e animación cos Elfos do Polo Norte.

Suscríbete a novedades

Gracias!

SUSCRÍBETE Á LAS NOTICIAS

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música y Teatro"

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson Quinteiro

Producciones

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

bottom of page