top of page
O BOSQUE DE NADAL 2025 O lugar onde florece a ilusión do nadal.jpg

Volve a programación "O Bosque de Nadal". O Centro de Xardinería Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) convértese nunha aldea máxica de inverno con programación cultural e familiar coa consultaría artística de Nelson Quinteiro. 

O Centro de Xardinería Viveiros O Piñeiro presenta unha nova edición do seu programa "O Bosque de de Nadal", que terá lugar do 14 de novembro ao 5 de decembro de 2025.

A programación inclúe obradoiros creativos, actividades musicais, espectáculos familiares, animación itinerante e as tradicionais visitas de Papá Noel, ademais de gaiteiros e recitais de panxoliñas.

O proxecto conta coa participación de artistas locais e galegos, e coa consultaría creativa e artística de Nelson Quinteiro.

 

O obxectivo principal é dinamizar o aspecto comercial e a marca, crear un espazo de encontro interxeracional e ofrecer unha experiencia cultural e emocional para familias, nenos e visitantes.

Moitas actividades son gratuítas e outras contan cun prezo simbólico e prazas limitadas.

Con esta proposta, Viveiros O Piñeiro consolídase como un referente na creación de ambientes de Nadal únicos en Galicia, combinando decoración, cultura, tradición e comunidade.

O BOSQUE DE NADAL 2025.jpg
OBRADOIRO DIADEMAS DE NADAL.jpg
52203899-9316-4192-b624-de5d7f8fe9bc.jpg
CARTAZ BARULLO DE NADAL 2025.jpg
aff37c8c-17e2-4f6d-a20d-301a11b473ad.jpg
ec074f67-e4d5-49d1-887a-bd9187b90bd6.jpg
3B.jpg
CÉ ORQUESTRA PANTASMA.jpg

PROGRAMACIÓN

 

 

VENRES 14 DE NOVEMBRO

16:00 h OBRADOIRO DE COROAS DE NADAL DA AGRUPACIÓN “MÁIS CANTOS”,

Celebraremos un obradoiro creativo de coroas-diadema de Nadal, unha actividade pensada para todas as idades onde gozaremos do espírito festivo a través da artesanía e da música tradicional.

Durante o obradoiro, cada participante poderá deseñar e elaborar a súa propia coroa-diadema, empregando ornamentación festiva.

Contaremos con mestres-dinamizadores/as que acompañarán o proceso creativo, ofrecendo asesoramento artístico e técnico para que cada persoa leve un agasallo único, elaborado coas súas propias mans.

Unha vez finalizadas as coroas, habilitarase un espazo para realizar unha pequena sesión fotográfica, inmortalizando este momento tan especial.

Prezo de inscrición: 5 € por persoa

Inclúe materiais do propio Centro de Xardinería Viveiros O Piñeiro + Material base + Conselo profesional durante o obradoiro.

Aforo: 75 persoas

Idade: Todos os públicos.

Inscripción: Por orde de chegada, na caixa do Centro de Xardinería.

 

18:00 h DINAMIZACIÓN CON CLASE DE CANTO, RECITAL DE PANXOLIÑAS

Ao remate da actividade manual, a agrupación MÁIS CANTOS impartirá unha clase colectiva de canto aberta a todos os participantes, seguida dun pequeno recital de panxoliñas tradicionais, que encherán o espazo de música, emoción e espírito comunitario.

 

19:00 h ÁGAPE DE NADAL.

Para pechar a xornada, compartiremos un pequeno ágape de Nadal, cortesía da agrupación Mais Cantos, quenes compartirán as súas viandas, e brindando pola convivencia, pola cultura e pola creatividade compartida.

 

SÁBADO 15 DE NOVEMBRO

16:30 h OBRADOIRO DE RITMO E PANXOLIÑAS DOS ELFOS DE PAPÁ NOEL (musicoterapia infantil educativa)

 

Unha actividade participativa, divertida e chea de maxia navideña na que os nenos e nenas se converterán en auténticos elfos músicais ao servizo de Papá Noel.

A través de xogos rítmicos, exercicios de expresión corporal, percusión corporal e pequenas dinámicas vocais, explorarán o seu sentido do ritmo e a súa voz como instrumento.

Aprenderán panxoliñas tradicionais e modernas, experimentarán co son e vivirán unha experiencia creativa que estimula a cooperación, a escoita activa, a atención e a alegría compartida.

Unha proposta ideal para fomentar a musicalidade, a autonomía e o espírito comunitario nesta época tan especial.

Prezo de inscrición: 5 € por persoa

Inclúe pequenos instrumentos de percusión + sábana de panxoliñas + gorriño de elfo para portar durante o obradoiro. Recoméndase aos nenos/as vir vestidos de verde.

Aforo: 15 participantes por turno (50 minutos c/u)

Idade: De 3 a 12 anos

Inscripción: Por orde de chegada, na caixa do Centro de Xardinería

 

VENRES 21 DE NOVEMBRO

18:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL: BARULLO DE NADAL! — de Nelson Quinteiro

 

Un espectáculo infantil e de clown onde Nelson Quinteiro se transforma no divertido Trasno Patajullo, un axudante do Apalpador ao que acompaña o seu amigo Pepe, un simpático porquiño. O espectáculo baséase na aventura de escribir a carta para o Apalpador para Pepe, quen quere pedir un instrumento musical da música tradicional galega.

Nunha viaxe divertida e visual, descubrirán unha gran variedade de instrumentos. Desde gaitas ata pandeiros, peitoque, tarrañolas, etc... e coa axuda de pedais de loop para crear ritmos complexos.

Todo isto mestúrase co encanto do clown, creando unha personaxe cómica que combina a música galega coa arte do paiaso.

Con ritmos esenciais como a xota, a muiñeira ou o pasodoble, o espectáculo convida ós nenos/as a cantar, bailar e participar desde o primeiro momento.

Barullo de Nadal! ofrece unha experiencia única e emocionante completamente temática do Nadal pensada para toda a familia.

Entrada: libre. Actividade gratuíta

Aforo: Ata completar

 

SÁBADO 22 DE NOVEMBRO

 

A partir das 16:30 h OBRADOIRO DE UKELELES DE NADAL

 

Unha sesión musical participativa para nenos e nenas de 5 a 10 anos na que aprenderemos acordes sinxelos e divertidos ritmos navideños e panxoliñas co ukelele.

Non fai falla experiencia previa: traballaremos paso a paso e de forma lúdica para descubrir a maxia deste instrumento tan especial.

Afinaremos o instumento traballando o oído musical.

Tocaremos panxoliñas, cantaremos, xogaremos co ritmo e prepararemos pezas final para compartir en grupo.

Prezo de inscrición: 5 € por persoa.

IMPORTANTE: Cada participante deberá traer e seu propio ukelele!

Inclúe dinamización e acompañamento profesional durante o obradoiro + gorriño de elfo para portar durante o obradoiro.

Recoméndase aos participantes vir vestidos/as de verde e/ou vermello.

Aforo: Aberto.

Idade: Nenos e nenas de 5 a 10 anos

Inscripción: Por orde de chegada, na caixa do Centro de Xardinería

A continuación: PASACORREDEOIRAS COS UKELELES DE NADAL

Despois do obradoiro, os participantes converteranse nunha pequena comitiva musical e festiva que percorrerá o espazo . Acompañados por animación e panxoliñas cantadas, encheremos o recinto de alegría e espírito do Nadal. Un desfile musical cercano, alegre e familiar que busca sorprender, emocionar e contaxiar ilusión ao público presente

16:30 h Animación co Paiaso Rudi

O entrañable e toleirísimo Rudi chega cun carrelo cheo de gargalladas, xogos, maxia e improvisación. Unha animación polo centro cemercial adiante, chea de ternura e humor absurdo que converterá cada esquina do espazo nun escenario inesperado e cheo de risas. Rudi promete facer do Nadal unha aventura imprevisible... e moi divertida!

 

17:00 h Chegada de Papá Noel + Grupo de Gaiteiros

 

A tradición tamén será protagonista: as melodías da nosa música máis auténtica acompañarán a xornada, enchendo o espazo de espírito festivo galego. Panxoliñas, pezas tradicionais e ritmos populares para celebrar o Nadal con raíces e alegría colectiva.

 

17:15 h Recepción de Papá Noel

 

O personaxe máis agardado da tempada fará a súa aparición para saudar a nenas e nenos, recoller ilusións, cartas e desexos, e repartir agarimo e emoción. Haberá momento para conversa, fotografía e moita maxia ao vivo. Un encontro para gardar na memoria.

 

VENRES 28 DE NOVEMBRO

18:00 h Cabaret Infantil de Nadal con Nelson Quinteiro

 

Descubre a adaptación ao Nadal do noso espectáculo máis representado de Nelson Quinteiro nunha proposta chea de panxoliñas, xogos dinamizados e contos de Nadal. Nel, un elfo encargado das cartas de Nadal, descubrirá que foi abandonado, por descuido, do trineo de Papá Noel. Haberá que chamar, logo, ao reno Rodolfo! Como este non aparece por ningures... ¿Que tal se vos conta como é a súa vida no Polo Norte?

Entrada: libre. Actividade gratuíta

Aforo: Ata completar

 

SÁBADO 29 DE NOVEMBRO

 

11:30 h Obradoiro de movemento, expresión corporal e danza: Os Elfos do Polo Norte en Acción!

 

Prepárate para mover o corpo e activar a maxia do Nadal!

Neste obradoiro especial, pequenos e maiores converteranse en auténticos elfos do Polo Norte, explorando o movemento, a expresión corporal e a danza a través do xogo, a música e a imaxinación.

Esta sesión combina: quencemento creativo aprendizaxe das danzas dos elfos traballo corporal e rítmico en clave lúdica expresión e teatralidade máxica.

Un espazo onde bailar, soñar, rir e descubrir a alegría de movernos en comunidade.

Ao final, realizarase unha pequena mostra colectiva aberta ás familias para compartir a coreografía dos elfos e sacar fotos nun photocall temático.

Un plan perfecto para entrar no espírito das festas cun sorriso… e cos pés en movemento!

Prezo de inscrición: 5 € por persoa

Inclúe dinamización e acompañamento profesional durante o obradoiro + gorriño de elfo para portar durante o obradoiro.

Recoméndase aos nenos/as vir vestidos de verde e traer calzado cómodo, preferiblemente barefoot

Aforo: Aberto. Sen límite.

Idade: Todas as idades. Ideal para realizar en familia!

Inscripción: Por orde de chegada, na caixa do Centro de Xardinería

 

17:00 Chegada de Papá Noel + Grupo de Gaiteiros

 

17:15 h Visita e recepción de Papá Noel Papá Noel ofrecerá a recepción dos nenos e nenas.

 

A ilusión tomará corpo coa chegada de Papá Noel, disposto a recoller as cartas, escoitar desexos e repartir sorrisos. Un encontro cercano para que as nenas e nenos vivan o auténtico espírito do Nadal. Haberá momento para fotos e agarimos.

 

VENRES 5 DE DECEMBRO

 

17:15 h Visita e recepción de Papá Noel + Elfo Animador

18:00 h O CÉ ORQUESTRA PANTASMA. A VOAR!!!

 

Comeza a maxia! Chega ao Centro de Xardinería Viveiros O Piñeiro un dos espectáculos familiares máis divertidos e inimitables do panorama galego: O Cé Orquestra Pantasma, coa súa proposta A Voar!!! Un show cheo de ritmo, humor e participación no que o artista nos convida a facer o máis importante da vida: xogar, cantar e voar coa imaxinación. A través de cancións trepidantes, instrumentos sorprendentes e inventos músicais imposibles, os máis pequenos —e tamén os maiores— descubrirán que todo é posible cando se fai desde o corazón e o bo humor. Un espectáculo cañeiro, creativo e cheo de enerxía, onde as risas están garantidas e onde o público convértese en parte da banda.

Entrada: libre. Actividade gratuíta

Aforo: Ata completar

Suscríbete a novedades

Gracias!

SUSCRÍBETE Á LAS NOTICIAS

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música y Teatro"

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson Quinteiro

Producciones

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

bottom of page