top of page
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson 
Quinteiro

Producciones 

"Música, danza y animación. Experiencias emocionantes que hacen vibrar y celebran la vida y la alegría de vivir"

Proyecto cultural y compañía multidisciplinar lideradas por Nelson Quinteiro, con más de 20 años de formación y experiencia en el mundo artístico. Desde el escenario hasta la gestión y consultoría de contenidos culturales, colaboramos con una amplia gama de entidades e instituciones. Nos especializamos en la creación de experiencias temáticas que fusionan la música, la danza y el teatro, combinando perfiles excepcionales con ideas creativas innovadoras. Desde espectáculos de cabaré y teatro de calle hasta propuestas infantiles y música popular, abarcamos el ciclo festivo del año. Contamos con una amplia trayectoria en comunicación corporativa, street marketing y animación para todos los públicos. Nuestro objetivo es ofrecer experiencias emocionantes que te hagan vibrar, participar y celebrar la vida y la alegría de vivir. Ya sea con espectáculos propios o adaptados a tus necesidades específicas, estamos aquí para proporcionarte todo lo que requieras a medida de tus expectativas y mensajes a comunicar."

AldeaNadal 2025 verde.jpg

Vilagarcía transformará a rúa Clara Campoamor nunha rúa victoriana para a súa Aldea de Nadal. Presentamos a programación do Nadal que se estreará o 19 de decembro cunha decoración inspirada no Londres victoriano. Haberá actividade ata o 5 de xaneiro. O proxecto conta coa consultoría, dirección artística e de programación de Nelson Quinteiro e a decoración da empresa "Arousa Casa".

A programación de Vilagarcía para o Nadal no tocante á dinamización comercial e a Aldea de Nadal é froito dun fructífero proceso de traballo durante os últimos meses en cooperación cos técnicos/as municipais de promoción económica e Nelson Quinteiro  ao que se suman a empresa de decoración Arousa Casa, a empresa de luz son Duende e diversos servizos municipais como Xardíns, Comunicación, etc...

É unha proposta con un fío conductor e estético sólido en torno ao Conto de Nadal de Charles Dickens e á publicación da primeira postal de Nadal crada por Sir Henry Cole, e invítanos a retroceder a 1843 para facer unha chiscadela a esa Vilgarcía dos Ingleses, recreando un Londres victoriano na Rúa Clara Campoamor e Peixería Vella, recipientes, xunto coas rúas e prazas de Vilagarcía, dunha amplísima e coidadísima programación da que estamos moi satisfeitos. Pasarrúas, performances, obradoiros, musicoterapia infantil, espectáculos e concertos infantís, clown, música de circo, pintura ao vivo, corais e piano de cola ao vivo, gaiteiradas e panxoliñas porta a porta, comercio a comercio, cafetería a cafetería, todo pensado para vivir a experiencia dun "Nadal Dickensiano". Incluso a creación dun espectáculo de danza ad hoc creada para esta programación!

Grazas a todo o equipo de artistas que o ides facer posible, e grazas ao Concello de Vilagarcía, por valorar e apoiar o noso traballo e dándolle un novo pulo para subir novos chanzos na creación dun Nadal inesquencible e cun modelo propio que, en traballo conxunto, fumos quen de ir artellando ao longo dos últimos anos!

Que grande satisfacción!!!!

Viva o Nadal!!!

 

47e36a79-a2de-491f-a81f-374de35d8876.jpg
CARTAZ BARULLO DE NADAL 2025 2.jpg

Nelson Quinteiro ultima os detalles do seu espectáculo BARULLO DE NADAL! unha proposta didáctica e temática destas festas  que axiña chegará a prazas como A Cidade da Cultura de Galicia, Programa Rechouchíos de Moaña, Nadal en Poio, "Onde Habita o Nadal" en Cangas ou "Aldea de Nadal" en Vilagarcía de Arousa.

Barullo de Nadal! én espectáculo infantil e de clown ideal para nenos e nenas de 4 a 10 anos no que Nelson Quinteiro se transforma no divertido Trasno Patajullo, un axudante do Apalpador ao que acompaña o seu amigo Pepe, un simpático porquiño. 

O espectáculo baséase na aventura de escribir a carta ao Apalpador para Pepe, quen quere pedir un instrumento musical da música tradicional galega.

Nunha viaxe divertida e visual, descubrirán unha gran variedade de instrumentos: gaitas, pandeiros, peitoques, cunchas, tarrañolas... e coa axuda de pedais de loop crearán ritmos complexos.

Todo isto mestúrase co encanto do clown, creando un personaxe cómico que combina a música galega coa arte do pallaso.

Con ritmos esenciais como a xota, a muiñeira ou o pasodobre, o espectáculo convida as nensas e os nenos a cantar, bailar e participar desde o primeiro momento.

Barullo de Nadal! ofrece unha experiencia única e emocionante sobre o Nadal pensada para toda a familia.

 

2216a069-2c26-4ab8-a3f5-49fef83f4cab.jpg
CARTAZ BARULLO DE NADAL 2025 FOTO.jpg
cac02b55-b358-4af1-bbf3-63af30fc5c3f.jpg

TINO BAZ E NELSON QUINTEIRO PREPARAN UNHA XEITOSA PROPOSTA PARA ESTAS FESTAS BAIXO O LEMA:  PANXOLIÑAS MAN A MAN! QUE BEN O IMOS PASAR!

Despois de 25 anos en que Tino Baz e Nelson Quinteiro se coñeceran e cruzaran os seus camiños no seo da Asociación de Músicos/as en Língua Galega (AMELGA), estes dous amigos sempre tiveron a espiña de facer algo conxunto nun proxecto que xuntar as súas gorxas.

Como un desexo cumprido do espíritu do Nadal presente, desta vez ofrecán, por primeira vez nas súas carreiras, un concerto conxunto, coas panxoliñas como pano de fondo.

Pero non se crean que vai ser algo convencional!

Para nada!

Polo repertorio deste concerto aparecen poemas de Valle Inclán, Eduardo Blanco Amor, músicas de Suso Vaamonde, cantos de Nadal tradicionais ou panxoliñas pouco coñecidas a pesar da súa beleza e alegría.

Unha escolma de temas moi variado, no que tocarán guitarra, ukelele, caixón flamenco, pandeiro, pandeireta ou campaniñas para desfrutar unha experiencia na que a forte, grave e poderosa voz de Tino Baz encaixa como anel ó dedo á aguda, tímbrica e alegre voz de Nelson Quinteiro.

Un da Guarda, outro de Cangas, prometen unha actividade para a lembranza emocional na que festexar a amizade e o espíritu de Nadal. Un espectáculo cheo de complicidade, música e emoción, onde tradición e creatividade se dan a man para celebrar un cuarto de século de amizade e traxectoria compartida.

 

ONDE HABITA O NADAL 2.jpg

O Excmo Concello de Cangas pon en marcha a programación "Cangas, onde habita o Nadal", unha proposta innovadora e temática de dinamización comercial, música, danza e animación.

A programación é o resultado dunha colaboración moi enriquecedora coas asociacións de comerciantes (ACICA, Cangas Vella e ASVAM), asumindo dende o Concello o seu financiamento íntegro para facer realidade esta proposta compartida.

Xa case todo está preparado en Cangas, onde este ano máis que nunca habitará o Nadal!

Chega a programación “Cangas. Onde habita o Nadal", unha iniciativa do Concello de Cangas dentro do Grupo de Traballo para a Dinamización do Comercio Local, que está conformado, ademais da corporación municipal, polas asociacións de comerciantes de Cangas ( ACICA, CANGAS VELLA, ASVAM)

A idea desta proposta, que conta coa consultoría artística de Nelson Quinteiro, é activar o comercio, dar vida ás nosas rúas, prazas, locais comerciais e de hostelaría e crear unha chea de experiencias para todos os públicos, para desfrutar en familia e con especial atención aos nenos e nenas de Cangas, a alma das nosas festas.

Elfos bailaríns, elfos musicais, panxoliñas porta por porta, espectáculos musicais, contacontos, obradoiros ou pasarrúas conformarán un completo menú no que convidaremos ás máis grandes figuras da animación infantil para armarmos unha festas sonadas, con actividades que se complementarán coa habitual programación de Nadal e do Auditorio Municipal.

Este ano o Nadal habitará en Cangas.​ 

Crearemos un lugar máxico onde festexarmos estas datas escollendo a planta superior da Praza de Abastos de Cangas como epicentro creativo.

Agardámosvos alí! Rodeados de amizades, veciñanzas, familiares e seres queridos!

Viva o Nadal! Porque o Nadal habita en Cangas!

4d648ef9-a4a7-447d-b42c-6d6b12b591f9.jpg
O BOSQUE DE NADAL 2025.jpg

O Nadal volve ao Piñeiro:

O Centro de Xardinería Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) convértese nunha aldea máxica de inverno con programación cultural e familiar coa consultaría artística de Nelson Quinteiro. Un ano máis volve a proposta "O Bosque de Nadal" que dende o 2017 enche de ledicia o maior Home Garden de Galicia!

O Centro de Xardinería Viveiros O Piñeiro presenta unha nova edición do seu programa "O Bosque de de Nadal", que terá lugar do 14 de novembro ao 5 de decembro de 2025.

Nesta ocasión, o espazo transformarase nun auténtico escenario de fantasía inspirado nas aldeas de inverno, cunha coidada decoración e ambientes que convidan a vivir a maxia destas datas.

A programación inclúe obradoiros creativos, actividades musicais, espectáculos familiares, animación itinerante e as tradicionais visitas de Papá Noel, ademais de gaiteiros e recitais de panxoliñas.

O proxecto conta coa participación de artistas locais e galegos, e coa dirección creativa de Nelson Quinteiro.

O obxectivo principal é dinamizar o aspecto comercial e a marca, crear un espazo de encontro interxeracional e ofrecer unha experiencia cultural e emocional para familias, nenos e visitantes. Moitas actividades son gratuítas e outras contan cun prezo simbólico e prazas limitadas.

Con esta proposta, Viveiros O Piñeiro consolídase como un referente na creación de ambientes de Nadal únicos en Galicia, combinando decoración, cultura, tradición e comunidade.

ARTISTA INFANTIL.jpg
Barullo.jpg

O artista galego Nelson Quinteiro consolida a súa traxectoria no ámbito da creación escénica e musical infantil cun novo catálogo de propostas propias que combinan música, teatro e participación activa do público.

O actor, cantante e creador galego Nelson Quinteiro continúa a expandir o seu universo artístico no ámbito familiar e educativo cun novo catálogo de propostas escénicas e musicais de creación propia.

A través de espectáculos como Barullo!Pequeno Cabaret Infantil, As Nosas Músicas D´Aquí e de obradoiros participativos centrados na música, o movemento e a expresión, Quinteiro reforza a súa traxectoria como artista integral e referente da escena infantil galega, cunha aposta por experiencias cheas de humor, emoción e valor pedagóxico que convidan a soñar, cantar e xogar en familia.

Entre os puntos fortes que definen o traballo de Nelson Quinteiro destaca, en primeiro lugar, a súa extraordinaria capacidade de caracterización, que lle permite dar vida a personaxes únicos, expresivos e recoñecibles tanto no ámbito teatral como musical. A isto súmase unha sólida infraestrutura profesional, que lle permite ofrecer propostas versátiles e adaptadas a diferentes formatos e públicos, cunha produción técnica e artística de alto nivel.

A súa ampla bagaxe escénica e musical, compleméntase coa súa capacidade multiinstrumental, que o leva a empregar con naturalidade instrumentos como a guitarra, o ukelele, a percusión, a gaita ou a voz como ferramentas expresivas ao servizo da escena. Ademais, Quinteiro posúe unha notable habilidade para crear contidos orixinais en espazos diversos, dende o teatro de rúa e as intervencións urbanas ata o teatro escolar, os centros culturais ou as accións en espazos non convencionais, sempre coa premisa de conectar co público e facer da cultura unha experiencia viva, próxima e participativa.

Todas as nosas propostas infantís activas

para o curso 2025 2026

A MUIÑEIRA VAI CON TODO 2025.jpg

Abierto el plazo de inscripción para el curso "Musicoterapia. Música para la felicidad" que imparte Nelson Quinteiro en él Área de Extensión Académica de la UNED, campus de Pontevedra.

La musicoterapia es el empleo profesional de la música y de sus elementos (ritmo, melodía, forma, armonía) como una forma de incidir en los ambientes médicos, sociocomunitarios, educativos, familiares como una manera de conseguir mejoras en los aspectos físicos, psicológicos, emocionales, de comportamiento o espirituales y como medio de alcanzar mayor bienestar.

 

Este curso introduce al alumno/a en la musicoterapia, integrando teoría y práctica, y proporciona herramientas para usar la música en objetivos terapéuticos y de bienestar.  

 

Todos los jueves de 19:00 a 21:00 h

De 19 de septiembre a 19 de diciembre de 2024 30 horas lectivas  

En línea. Se puede seguir en directo, conectándose e interactuando con el profesor y compañeros/as o en diferido, visualizando las clases a tu ritmo según tu disponibilidad  

1.5 créditos ECTS

¡Matriculate online!  

https://bit.ly/4fmjHgr

 

#unedpontevedra #uned #somosuned #unedgalicia #aprenderuned #cursosuned #cursoonlineuned #musicoterapia #herramientasterapeuticas #bienestar

musical-instruments-getty-3488941125 (1).jpg

Abierto el plazo de inscripción para el curso "Musicoterapia. Música para la felicidad" que imparte Nelson Quinteiro en él Área de Extensión Académica de la UNED, campus de Pontevedra.

La musicoterapia es el empleo profesional de la música y de sus elementos (ritmo, melodía, forma, armonía) como una forma de incidir en los ambientes médicos, sociocomunitarios, educativos, familiares como una manera de conseguir mejoras en los aspectos físicos, psicológicos, emocionales, de comportamiento o espirituales y como medio de alcanzar mayor bienestar.

 

Este curso introduce al alumno/a en la musicoterapia, integrando teoría y práctica, y proporciona herramientas para usar la música en objetivos terapéuticos y de bienestar.  

 

Todos los jueves de 19:00 a 21:00 h

De 19 de septiembre a 19 de diciembre de 2024 30 horas lectivas  

En línea. Se puede seguir en directo, conectándose e interactuando con el profesor y compañeros/as o en diferido, visualizando las clases a tu ritmo según tu disponibilidad  

1.5 créditos ECTS

¡Matriculate online!  

https://bit.ly/4fmjHgr

 

#unedpontevedra #uned #somosuned #unedgalicia #aprenderuned #cursosuned #cursoonlineuned #musicoterapia #herramientasterapeuticas #bienestar

CORO ESPECTÁCULO CANGAS INSTAGRAM.jpg

Abierto el plazo de inscripción para el curso "Musicoterapia. Música para la felicidad" que imparte Nelson Quinteiro en él Área de Extensión Académica de la UNED, campus de Pontevedra.

La musicoterapia es el empleo profesional de la música y de sus elementos (ritmo, melodía, forma, armonía) como una forma de incidir en los ambientes médicos, sociocomunitarios, educativos, familiares como una manera de conseguir mejoras en los aspectos físicos, psicológicos, emocionales, de comportamiento o espirituales y como medio de alcanzar mayor bienestar.

 

Este curso introduce al alumno/a en la musicoterapia, integrando teoría y práctica, y proporciona herramientas para usar la música en objetivos terapéuticos y de bienestar.  

 

Todos los jueves de 19:00 a 21:00 h

De 19 de septiembre a 19 de diciembre de 2024 30 horas lectivas  

En línea. Se puede seguir en directo, conectándose e interactuando con el profesor y compañeros/as o en diferido, visualizando las clases a tu ritmo según tu disponibilidad  

1.5 créditos ECTS

¡Matriculate online!  

https://bit.ly/4fmjHgr

 

#unedpontevedra #uned #somosuned #unedgalicia #aprenderuned #cursosuned #cursoonlineuned #musicoterapia #herramientasterapeuticas #bienestar

MENIL SWING & AMIGOS Festival Cabaré Cabaré Pontevedra 2021
01:26
Promoción e street marketing das XI Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia.
01:01
FLASHTOP CABARET. Compañía Nelson Quinteiro
03:16
A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'
02:23
MASTER CLASS CABARET (Nelson Quinteiro Producciones)
06:55
Festival O BOSQUE DE NADAL. Unha experiencia navideña para toda a familia
02:15
21 de xuño. Día Internacional da Música
02:05
AS NENAS PERDIDAS. Videoclip
01:33

Suscríbete a novedades

Gracias!

SUSCRÍBETE Á LAS NOTICIAS

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música y Teatro"

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson Quinteiro

Producciones

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

bottom of page