
Vivan as insolentes! é o novo concerto escénico-musical de Nelson Quinteiro: unha viaxe entre cancións propias, tradición e himnos da liberdade.
Un espectáculo participativo que mestura música, memoria e rebeldía, inspirado no espírito da canción protesta dos anos 70.
Un convite a sentir, pensar… e cuestionar o mundo que nos rodea.
Inspirándose no legado de autores como José Afonso, Vitorino, Mikel Laboa, Voces Ceives, Víctor Jara ou tantos outros/as, o espectáculo recupera o espírito da canción protesta e de autor e da música como ferramenta de transformación social.
Sobre o escenario, a voz e a interpretación íntima de Quinteiro mestúranse cunha instrumentación diversa —ukelele, guitarra, percusión tradicional galega— e co uso de recursos como loops en directo, xerando unha experiencia sonora contemporánea e envolvente.
O repertorio percorre emocións e contextos históricos, desde a loita pola liberdade ata a afirmación da identidade cultural.
“Vivan as insolentes!” é unha proposta participativa que invita ao público a escoitar, sentir e cuestionar, convertendo o concerto nun espazo compartido de reflexión e celebración colectiva.
