top of page
CARTAZ BARULLO DE NADAL 2025 FOTO.jpg
RUA_1446.jpg

Barullo de Nadal! é un espectáculo infantil de clown e música para nenos e nenas de 4 a 10 anos, no que Nelson Quinteiro se transforma en axudante do Apalpador xunto a Pepe, un simpático porquiño.

A través da escrita dunha carta ao Apalpador, o público descubre instrumentos e ritmos da música tradicional galega nunha viaxe divertida, participativa e chea de humor que invita a cantar, bailar e gozar do Nadal en familia.

O espectáculo, de 50 minutos de duración e pensado para medianos formatos e prazas de mediano aforo con escenario,  destaca polo seu forte compoñente visual e sonoro, no que o público descobre en directo unha ampla variedade de instrumentos da música tradicional galega, como a gaita, pandeiros, peitoques, cunchas ou tarrañolas, combinados coa creación de ritmos mediante pedais de loop. Grazas a estes instrumentos abórdanse contidos didácticos musicais, (ritmo/melodía, corda / vento/ percusión, altura /tono / intensidade /timbre) como de magnitudes, tamaños, formas, materiais, etc...

A música intégrase co humor e a linguaxe do clown para dar forma a un personaxe cómico e próximo, que emprega ritmos populares como a xota, a muiñeira ou o pasodobre.

A proposta complétase con panxoliñas e Cantos de Nadal baseados en xogos participativos e improvisación musical, inspirados na musicoterapia educativa, fomentando a creatividade e a participación activa do público.

En conxunto, Barullo de Nadal! preséntase como unha proposta divertida, próxima e chea de espírito navideño, que combina música, humor e participación dun xeito moi especial. O seu carácter lúdico e educativo convérteo nun espectáculo único no panorama do teatro e da música infantil en Galicia, ofrecendo unha experiencia diferente que celebra o Nadal desde a tradición, a creatividade e a alegría compartida.

 

Suscríbete a novedades

Gracias!

SUSCRÍBETE Á LAS NOTICIAS

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música y Teatro"

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson Quinteiro

Producciones

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

bottom of page