Habitante

Xénero: Instalación escénica / Performance / Danza contemporánea

Data de estrea: Feria "Cuarto Público". Museo de Arte Contemporáneo MARCO de Vigo
Concepto: Nelson Quinteiro Roa

Cuerpo performer: Nelson Quinteiro Roa

Técnico: Bruno Rodríguez Álvarez

A proposta #HABITANTE de Nelson Quinteiro é unha performace e instalación escénica que xira arredor do concepto da procura da inspiración como álma mater da creación artística.

 

Abordando a imaxe do escritor dende a visión que temos no imaxinario colectivo, o intérprete permítese xogar con diferentes elementos para crear unha peza plástica con un elevado factor estético arredor do libro como elemento escénico, e onde a poesía de vangarda, a experimentación sobre a palabra escrita e a liberdade de ritmo escénico serán eixos da posta en escena. 


Tzara, Jlevnikov, Juan Larrea, Huidobro, Manoel Antonio...  A poesía de vangarda, acompañada de textos do propio Quinteiro, cunha escolma de poesía galega de todos os tempos servirán como pretexto para accións escénicas arredor da palabra e a través do movemento, o son e o emprego de elementos cotiáns como libros, follas, froitos, etc...


Unha proposta atemporal cun gran poder evocador.

A performance #HABITANTE pode ser entendida como unha nova forma de abordar un recital poético, no que incluímos unha potente e evocadora posta en escena ademais dun constante xogo escénico con elementos e ritmos narrativos.

A proposta está concebida con carácter atemporal, polo que non se recrea en estéticas de tempos pasados se ben bebe de certas correntes literarias que nos poden trasladar a diferentes momentos históricos. 
O Proxecto #HABITANTE é froito dunha colaboración coa Feira de Arte Contemporáneo Cuarto Público e estreada na edición 2014 da mesma, no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Ten sido levado a escena en campañas como "Letras nos Mercados 2018" do Servizo Municipal de Bibliotecas da Coruña ou "Ponte en Escena 2015" do Fórum Metropolitano da Coruña, reinventándose e adaptándose en cada posta en escena. 

Brancas

Xénero: Itinerario Escénico Urbano / Performance / Danza tradicional - contemporánea

Data de estrea: Día Internacional dos Museos 2012 da Coruña
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Elencos variables. Nas súas postas en escena teñen participado artistas como María Polo Piñeiro, Iván Villar, Yolanda Paz, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Bea Bravo, Inés Barcia, Cristina Casas Pou ou o propio Nelson Quinteiro, entre outros.

Indicado para: Festas, actos culturais e festivos, Letras Galegas, 25 de xullo, Noite dos Museos, Feiras Tradicionais. 

"Brancas", estreado na Noite dos Museos 2011 da Coruña como un "Itinerario Escénico Urbano" trátase dunha montaxe plástica, artística e escénica arredor do branco como elemento aglutinador e representativo da esencia da identidade galega. 

Empregando elementos cotidiáns como madeira, farelo, corda, pinzas, telas e outros elementos un equipo de 7 artistas vestidos de branco transfor-man o espacio escénico por medio da danza, a poesía, o mimo, a expresión corporal ou a performance nun discurso que fala do mar, da emigración, das mulleres no mundo tradicional, redeiras, conserveiras ou do ritmo das estacións. 
Unha proposta moi visual con un equipo de artístas de primeira.

"Brancas" revélase así como un rico e frutífero traballo de interacción entre disciplinas, artistas e público, nunha xornada na que a poética da posta en escena e a linguaxe artística se fusiona co cotidian e transcende os formatos habituais de exhibición. 

Enfiando unha narración plástica ao redor da luminosidade e a expresividade do branco, os sete artistas participantes debuxan un lenzo espacial no que deixan impresa a súa particular pegada. 
A tradición e a muller na arte e no colectivo imaxinario son as dúas grandes protagonistas temáticas da montaxe.

Imaxes de potente carga simbólica, social e cultu-ral, interpretadas en pezas que apelan directamente a temas recorrentes na maioría das manifestacións artísticas populares galegas. Lavandeiras, redeiras, baile e vestiario tradicionais son revisitados transversalmente a través da performance, a expresión corporal, a danza e o mimo. 
A literatura, outro dos eixos centrais da montaxe, focaliza accións colectivas en torno ao libro, ao poema e á enerxía lírica da palabra en diálogo coa música e o movemento, en particular coa palabra de Uxío Novoneyra. 
Unha nova concepción en canto a formatos de exhibición, acotando espazos escénicos en entornos abertos a través de obxectos e materiais cotiás -farelo, papel, corda, pinzas- poñendo de manifesto unha exploración e redifinición en canto á creación de entornos inusuais e propicios tanto para a representación como para a recepción do feito artístico. 

Waterproof

Xénero: Performance Acuática / Danza moderna - contemporánea

Data de estrea: Por estrear

Pre-estreado como performance no Festival Galego de Cabaré de Redondela o 25 de agosto de 2018
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Elencos variables. Nas súas postas en escena teñen participado artistas como Yohel Santos, Susana Martínez Otero "Susi Ons", Leonor Sangabriel e propio Nelson Quinteiro, entre outros.

Indicado para: Festas, programacións culturais, intervención na praia ou espazos de lecer.

Conta Diego Ameixeiras no libro "Tres segundos de memoria" que todos nós tendemos a certa melancolía cando nos atopamos de frente co mar ou coa auga dun río en movemento.

lsto débese, según o protagonista da novela, a que o noso corpo componse nun 70 % do líquido elemento, co que sentimos una sensación de orixe e de morriña do noso medio e compoñente principal. 
Dado que somos auga ao 70% a teoría que dá orixe ao noso vindeiro espectáculo é que o outro 30% non pode ser de outra cousa que de amor, compoñente que articula a nosa unión molecular. 
Unha proposta de danza-teatro que se recrea na auga como elemento vertebrador dunha historia que reflexiona sobre a nosa identidade e como esta se constrúe. 
Unha montaxe que instalará unha infraestructura concebida como recipiente escénico cunha alta capacidade visual e evocadora pero que ó mesmo tempo posibilita a posta en marcha dun sistema de duchas, cortinas de auga, aspersores e outros efectos acuáticos que potenciarán o aspecto dramatúrxico e coreográfico da nosa montaxe. 

 

Waterproof componse de accións con elementos acuáticos como regadeiras, globos de auga, caldeiros e capachos, pompas de xabrón ou outros elementos, ingredientes para un espectáculo de danza-teatro capaz de xerar imaxes impactantes, orixinais e altamente simbólicas que se queden na retina dos nosos espectadores. 

 

Pre-estreado como performance no contexto do Xl Festival Galego de Cabaret de Redondela. #waterproof é entendido como un proceso #work_in_progress que se irá desenvolvendo en adaptación e reinvención ao espazo, motivo, cliente en particular.. 

 

Danza-teatro, poesía, palabra, accións performáticas con auga e elementos acuáticos, moita alegría, enerxía e presencia escénica e unha banda sonora de grande emotividade para crear unha experiencia altamente emocionante. 

s

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

ENDEREZO FISCAL

Suscríbete ás novas

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco

Nelson Quinteiro

Producións