top of page

PRODUCIÓNS

Este 2020 está a ser un ano moi diferente a moitos niveis, despois da crise do COVID19 e os seus efectos derivados.

Aínda así para nós está sendo un ano de moito traballo e producións moi emocionantes adaptadas á nova realidade e con obxetivos específicos como manter a ilusión, animar o comercio ou aledar os corazóns.

A nosa versatilidade, multidisciplinareiedade e capacidade de adaptación e de produción a medida ten feito que moitos clientes pensaran en nós á hora do re-inicio cultural, ademais de todas as iniciativas destinadas a apoiar á cultura das que temos sido beneficiarios, como o Fondo de Proxectos Culturais Xacoeo 21 de Política Lingüística ou as subvencións ao Impulso do Sector Escénico Galego da AGADIC-Xunta de Galicia. Grazas! 


Premendo nas imaxes dos nosos proxectos terás acceso a seccións específicas completas nas que desenvolvemos sobre cada festival, evento ou produción.

Imaxina TODO o que podemos facer contigo!

Apalpadoriños A3 Marta.jpg

APALPADORIÑOS

Un Nadal para cantar, brincar e bailar cos

títeres xigantes do Apalpador e a Apalpadora e

os seus trasnos domésticos ou "Apalpadoriños"

Unha grande prdución de música, danza e teatro posible grazas ao apoio das subvencións ao Impulso de Sector Escénico Galego promovidas dende a Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC-Xunta de Galicia e coa colaboración do Excmo Concello de Poio, que apoia o proxecto mediante unha residencia artística e albergue para tres representacións no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.

Un elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns, de cara a dar un novo pulo e adaptación COVID á nosa especial montaxe temática de Nadal destinada a toda a familia e que conta con versión de sala e de rúa, en formato itinerante.

1.tif

PEQUENO CIRCO DE NADAL

Un festival de Nadal moi especial con epicentro

nunha carpa de Nadal instalada na Praza do

Concello de Salceda de Caselas.

Por segundo ano consecutivo os elfos, Papá Nöel, os Apalpadores Xigantes cos seus Apalpadoriños e varias das máis grandes estrelas do panorama infantil en Galicia volverán a visitar o Concello pontevedrés de Salceda de Caselas nunha programación infantil destinada a crear unha auténtica experiencia navideña para toda a familia.

Cun novo enfoque respetando ao máximo os condicionantes que dende as autoridades sanitarias se están a marcar, con espectáculos de maior formato e concebidos con cuarta parede, distanciamento e aforos limitados, pero sen perder a ilusión do Nadal e que os nenos e nenas poidan vivir a mellor maxia do Nadal.

bottom of page