1/19

Nelson 

Quinteiro

Producións 

22528392_10155208417612893_9164319198322

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro"

Artista multidisciplinar especializado na creación de experiencias temáticas a través da danza, a música e o teatro sabendo conxugar sempre os mellores perfiles coas mellores ideas creativas. 

Especialista en cabaré e contidos para todo o ciclo festivo do ano, creando propostas para toda a familia. Con amplia experiencia en comunicación corporativa, street márketing, teatro de rúa e animación infantil.

Creando propostas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivosExperiencias emocionantes que nos fan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir.

Espectáculos propios e todo o que necesites A MEDIDA do que precises comunicar.

¿Falamos?

1.jpg

Preme na imaxe para descargar o DOSSIER COMPLETO da nosa campaña de verán 2022.

Xa está aquí o noso novo catálogo de PROPOSTAS DE VERÁN E FESTAS 2022
Pasarrúas, actuacións de praza, infantís, música e moitas cousas máis. O verán está a piques de chegar. REFRÉSCATE!

A primavera foi enchendo todo, os días fixéronse cada vez e cada vez máis longos, o mercurio foi subindo nos nosos termómetros, e o que máis ou o que menos foi entrando en contacto co COVID cunha sintomatoloxía leve ou moderada que nos permite pensar xa na pandemia como unha experiencia que pouco a pouco imos superando e na planificación dun verán como os de sempre, cheo de terrazas, mercadillos, prazas, praias ou intervencións do máis fresco no contexto das festas. 

Para nós, habitualmente é unha das epocas máis activas do ano, e como sempre, estamos listos e preparados/as para ser a alternativa ideal de cara a animar, dinamizar, crear contidos especiais e divertir cos nosos pasarrúas e espectáculos itinerantes, propostas en praza con cabaré, música ou danza, propostas infantís de pequeno formato ou incluso eventos de mediano ou grande de contido temático. 

Agardamos que vos guste o menú que temos preparado para este ano.
Trátase dunha batería de propostas festivas, moi frescas, ideais para o contexto da programación de verán ou o contexto das festas.

Tómao ben fresquiño!!! 

PJ18C10F1_16245.webp

Nelson Quinteiro será anfitrión nas Festas de San Xoán de Poio 2022, dinamizando festivamente o Pregón de Festas, con un desfile ancestral e mais un Serán Popular que arroupará á tradicional desgustación de rosca e viño.

O vindeiro mércores 22 de xuño terá lugar o acto inaugural das Festas de San Xoán de Poio 2022 que dende a Concellería de Festexos do Excmo Concello de Poio deron en encomendar a Nelson Quinteiro.

A idea deste ano consiste na posta en marcha dun desfile ancestral no que participarán os máis de 50 integrantes da Asociación Cultural Mais Cantos xunto á charanga tradicional "Os Desbrosadores" e o acordeonista Álvaro Cardalda.

O acto comezará ás 20:30 h saíndo dende a rúa Fernández de la Mora ata a Praza do Concello. Nese mesmo contorno celebrarase a entrega de premios do concurso de carteis de San Xoán e os Premios do Deporte, correspondente ás temporadas 2020- 2021 e 2021-2022.

A continuación terá lugar o pregón, a cargo do actor, director e dramaturgo Quico Cadaval

A festa comezará despois do chupinazo, con un colorido serán a cargo de Nelson Quinteiro e a comitiva artística que o acompañará, dando paso paso á degustación gratuíta de 100 quilos de rosca e de 300 litros de viño.

1.jpg

Preme na imaxe para descargar o DOSSIER COMPLETO da actividade

A Concellaría de Cultura do Excmo Concello de Poio programa a actividade QUEER CABARET. Empoderando a diversidade!, unha proposta formativa e lúdica con motivo do Día do Orgullo LGTBQI 2022.

Dende o luns 27 ao xoves 30 de xuño de 2022 terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (Poio) un laboratorio de empoderamento a través do movemento e a danza, o teatro e o cabaré.

Dirixido a todo tipo de persoas, independentemente da súa idade, sexo, xénero, identidade, condición física ou experiencia previa. Destinado a romper conceitos, explorar os límites do autocoñecemento, creación libre e gozosa e mergullo nas características do xénero do cabaré a través dun traballo de deseño do espazo escénico, a atitude e a construción estética. Durante 4 sesións de 4 horas cada unha convidamos aos participantes a desempolvar a súa pluma, a sacar a súa panteira interior, traballar co seu corpo e coa súa fluideza, e divertirse colocándose diante do espello deformado do esperpento. 
 

Tipoloxía: Obradoiro escénico con remate en forma de mostra ou intervención callejera

Duración: 4 sesións de 4 horas c/u. De luns a xoves de 09:30 a 13:30 h e mostra final o venres 1 de xullo

Aforo: Mínimo 5 persoas. Máximo 20 persoas

Espazo: Centro Cultural Xaime Illa de Raxó
IMPARTE: Nelson Quinteiro. Autor do manual de cabaret contemporáneo "Pequeno Manual das Artes Perversas". Director do Festival Galego de Cabaret en 14 edicións. Director da Compañía Femme Fatale e da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret en ducias de montaxes, tanto de rúa coma de sala. Director artístico de programación de propostas de cabaré como a "Compostela Carpa Cabaret" (Santiago de Compostela, 2009), Portamérica Circo Cabaret (2016) ou Festival "Cabaré Cabaré" (Pontevedra, 2021). 
DATOS DE INTERESE: Este obradoiro ten sido desenvolvido noutras ocasións e espazos como a Sala L-Mono de Bilbao, Sala hACERIA Arteak de Bilbao, Espazo Danza da Universidade de Santiago de Compostela (na imaxe), Fórum Metropolitano da Coruña, Casa Azul de Pontevedra, Salason de Cangas ou en diferentes festivais como o Festival Galego de Cabaré ou Festival FICE 2015 (Festival lberoamericano de Cabaré de Madrid). 

vilagarcia-diversa-e-orgullosa-vilagarcia-de-arousa_img24074n1t0.jpg

A Área de Igualdade e o CIM do Concello de Vilagarcía de Arousa programan a proposta "Vilagarcía Diversa e Orgullosa", coa posta en escena do espectáculo "TRAD CABARÉ ITINERANTE".

Reivindicar os dereitos do colectivo LGTBI+ e fomentar a súa visualización e normalización son os obxectivos cos que este ano regresa Vilagarcía Diversa e Orgullosa, o programa que pon en marcha a concellería de Igualdade que dirixe Tania García e desenvolverase entre o 28 de xuño e o 2 de xullo.

O día central da proposta chegará o sábado 2 de xullo. Trad Cabaré Itinerante ofrecerá un espectacular e vistoso pasacalles que percorrerá o centro da cidade á hora do vermú.

Trátase dun espectáculo que fusiona música e danza galegas co cabaré.

Nel participan un sexteto tradicional (Gaitas, acordeón, saxo, tambor e bombo) e cinco bailadores, entre os que se atopan Iván Villar (Nova Galega de Danza, Premio Max 2021 como mellor intérprete de Danza Masculino), Ari Vázquez, Uxía Rivas (Nova Galega de Danza), Ricardo Fernández (Nova Galega de Danza, Mestre en SaDanza) e Nelson Quinteiro (director da proposta).

AXENDA 2022

NELSON QUINTEIRO JL RUA FLORAL.jpg

30 de abril

TRAD CABARÉ. Concerto escénico de Nelson Quinteiro e Álvaro Cardalda en Cambre, no Foro da Educación

18 de maio

BARULLO! No Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo.

A MUIÑEIRA VAI CON TODO.jpg

5 de xuño

Taller de Danza: A MUIÑEIRA VAI CON TODO! na Praza da Granxa, en Campelo (Poio) organizado pola Asoc. ARELA.

DSC_2998.JPG

22 de xuño

Pequeno Cabaret Infantil no CEIP CHANCELAS de Poio, dentro das actividades de fin de curso escolar.

_RET2270.jpg

30 de xuño

PEQUENO CABARET INFANTIL na Praza do Mercado de MUROS. Ciclo Ler Conta Moito.

vilagarcia-diversa-e-orgullosa-vilagarcia-de-arousa_img24074n1t0.jpg

2 de xullo

TRAD CABARÉ ITINERANTE conmemorando o DÍA DO ORGULLO GAI nos actos do Concello de Vilagarcía.

PR Cartel 11 Xornadas Ruta Vinos Galicia.jpg

Do 2 ao 8 de maio

Campaña de promoción e street marketing das XI Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia.

21 de maio

Pasarrúas musical co Colectivo MAIS CANTOS polas Rúas de Pontevedra dentro do Feira PONTESAN.

_REP1343-1.jpg

10 de xuño

Animación de música popular e cantos de taberna co COLECTIVO MAIS CANTOS en Combarro.

3P0A3243 copia.jpg

22 de xuño

Organización do dinamización festiva do PREGON INAUGURAL DAS FESTAS DE SAN XOÁN DE POIO.

Do 27 ao 1 de xullo

QUEER CABARET. Laboratorio Escénico de cabaret, performance e teatro de rúa empoderando a diversidade.

19787338_1586952524680126_6531799788851562072_o.jpg

16 de agosto

PEQUENO CABARET INFANTIL no Concello de O GROVE, ÁS 11:00 h diante da Biblioteca Municipal.

1 Portada Barullo.jpg

14 de maio

BARULLO! O novo espectáculo de Nelson Quinteiro chega a Ribeira da man do Ciclo Ler Conta moito.

276168189_5562221150457393_1693591437306420843_n.jpg

4 de xuño

Nelson Quinteiro Trío no Festival UKELELE KIT PROJECT DAY de Ribadavia.

21688363_1713229595362866_1475147086781841640_o.jpg

17 de xuño

O ASTEROIDE DE PAPEL. Espectáculo infantil sobre a reciclaxe no CC A Barca de Poio (Pontevedra)

_RET0232-1.jpg

28 de xuño

Obradoiro de PAPIROFLEXIA no Centro Comercial A BARCA de Poio, dentro das actividades de conciencia ecolóxica.

_RET2463WEB.jpg

1 de xullo

PEQUENO CABARET INFANTIL no Parque Costa Xiráldez de Lourido (Poio) organizados pola AAVV de Lourido.

RUA_5712.jpg

18 de agosto

TRAD CABARÉ ITINERANTE con motivo da Semana Cultural de San Roque en Combarro.