Pequeno Cabaret Infantil

Xénero: Teatro de rúa / Infantil

Data de estrea: Festival Potamérica 2016.

15 de xullo de 2016
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Autor: Nelson Quinteiro Roa

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.


Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música  para falar dos contos de toda a vida.


Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.
 

Outros datos de interese:
Un espectáculo que vén avalado por máis de cen funcións e citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea),  Festival Interritmos (Asociación DELOA-Fundación Paideia), Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Feira Modernista de Cartagena, Pequeno Circo de Nadal Rianxo, Pequeno Circo de Entroido A Coruña, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2018 de Circo Contemporáneo de Extremadura, etc...

ORZAMENTO:

Provincia de Pontevedra: 605 € + IVE

Resto de Galicia: 755 € + IVE

España e Península Ibérica: 1250 € + IVE

As Nosas Músicas D´Aquí

Xénero: Concerto /Contacontos

Data de estrea: Festival da Luz 2018
Director: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Nelson Quinteiro e músicos invitados. Nas súas postas en escena teñen participado David Álvarez Caneda (acrodeón), Iago Prieto (gaita) ou Álvaro Cardalda (acordeón)

Escenografía: Leandro Lamas

As Nosas Músicas D´Aquí  é un concerto-contacontos que se escora pola verquente máis tradicional e popular para sacar o máximo partido da nosa tradición oral nunha proposta infantil e musical na que Nelson Quinteiro arróupase do acordenista David Álvarez Caneda.

En "As Nosas Músicas D´Aquí" cantaremos un Maio. Festexaremos o Entroido, o San Xoán. Cantaremos cantigas de canteiros, de mariñeiros, tocaremos o acordeón, o pandeiro, as cunchas, os pitos, o punteiro. Remaremos nunha traíña. Bogaremos nun batel. Tiraremos das pedras, tocaremos o bombo imaxinario...

Unha experiencia musical con un grande sabor mariñeiro e temática tradicional.

Unha proposta que xa pasado por citas tan interesantes como o Ourense Foud Street Festival, a Zona Infantil do Festival de la Luz de Boimorto, a programación infantil das Festas do Cristo de Cangas, o Mercado Mariñeiro "Muros mira ao Mar"o festival "Parranda&Trucks" de Portonovo, o "Mercado de Nadal" do Concello de Narón ou o Programa APEGO do Auditorio Municipal de Ourense, nunha versión para bebés.

ORZAMENTO:

Provincia de Pontevedra: 605 € + IVE

Resto de Galicia: 755 € + IVE

España e Península Ibérica: 1250 € + IVE


ESTREA aprazada por mor

da crise sanitaria

do CORONAVIRUS.

Confirmaranse novas datas.

Principiños de Papel

Xénero: Teatro Infantil 

Data de estrea: Por estrear
Guión: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Iván Davila e Nelson Quinteiro

"Principiños de Papel" é unha obra de teatro infantil Inspirada no libro "O Principiño" de Antonie Saint-Exúpery no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a linguaxe do clown e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido ara nenos e nenas de 6 a 12 anos.

 
Falaremos da historia do papel, das tres erres á hora de reducir, reciclar e reutilizar o emprego do papel, do importante que é o papel nas nosas vidas e empregaremos a PAPIROFLEXIA como discurso narrativo e escenográfico. 


En "Principiños de Papel" as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes darán ritmo e narración a un relato moi divertido con transfondo ecolóxico. 

SIPNOSE:

Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel. Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614. Os seus pequenos habitantes, Julius e Augustus, teñen un grande corazón, tamén de papel. Guiados por unha bandada de grullas de papel percorre moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubre unha grande traxedia: que aqui, na terra, para facer papel hai que talar árbores. É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, aldeas, comunidades e países para transmitir aos máis pequenos unha importante mensaxe: Aproveitares ao máximo o uso do papell Hai que reducir! Hai que reciclar! Hai que reutilizar! E o máis importante e o que máis nos gusta!!! Hai que XOGAR!!! 

ORZAMENTO:

Provincia de Pontevedra: 805 € + IVE

Resto de Galicia: 905 € + IVE

España e Península Ibérica: 1350 € + IVE

AUTONOMIA TÉCNICA.

Os nosos espectáculos infantís están pensados para ser autónomos a nivel técnico, aportando o noso propio equipo de son de 1600 w, axeitado para aforos e formatos medios.

Os orzamentos inclúen este equipamento, así como unha persoa de asistencia técnica e de produción.

A ficha técnica redúcese a tarima ou escenario de 6 x 4 m, permiso de circulación e estacionamento, toma de corrente de 220 v e camerinos con auga corrente e espellos.

s

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

ENDEREZO FISCAL

Suscríbete ás novas

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco

Nelson Quinteiro

Producións

Pequeno Cabaret Infantil

Pequeno Cabaret Infantil Nelson Quinteiro Teatro Infantil Cabaret Infantil Teatro de Calle, Teatro de Rúa, Circo de Pulgas