Pequeno Cabaret Infantil

Xénero: Teatro de rúa / Infantil

Data de estrea: Festival Potamérica 2016.

15 de xullo de 2016
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Autor: Nelson Quinteiro Roa

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.


Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música  para falar dos contos de toda a vida.


Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.
 

Outros datos de interese:
Un espectáculo que vén avalado por máis de cen funcións e citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea),  Festival Interritmos (Asociación DELOA-Fundación Paideia), Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Feira Modernista de Cartagena, Pequeno Circo de Nadal Rianxo, Pequeno Circo de Entroido A Coruña, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2018 de Circo Contemporáneo de Extremadura, etc...

De cara a súa adaptación COVID19 optamos por incorporar

música en directo da man do acordeonista Álvaro Cardalda

e aumentar o formato do espectáculo para reducir a interacción cos nenos e nenas, ofrecendo un espectáculo máis multidisciplinar e de maior calado.

As Nosas Músicas D´Aquí

Xénero: Concerto /Contacontos

Data de estrea: Festival da Luz 2018
Director: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Nelson Quinteiro e David Álvarez Caneda (acordeón)

Escenografía: Leandro Lamas

As Nosas Músicas D´Aquí  é un concerto-contacontos que se escora pola verquente máis tradicional e popular para sacar o máximo partido da nosa tradición oral nunha proposta infantil e musical na que Nelson Quinteiro arróupase do acordenista David Álvarez Caneda.

En "As Nosas Músicas D´Aquí" cantaremos un Maio. Festexaremos o Entroido, o San Xoán.

 

Cantaremos cantigas de canteiros, de mariñeiros, tocaremos o acordeón, o pandeiro, as cunchas, os pitos, o punteiro. Remaremos nunha traíña. Bogaremos nun batel. Tiraremos das pedras, tocaremos o bombo imaxinario...

Unha experiencia musical con un grande sabor mariñeiro e temática tradicional.

Unha proposta que xa pasado por citas tan interesantes como o Ourense Foud Street Festival, a Zona Infantil do Festival de la Luz de Boimorto, a programación infantil das Festas do Cristo de Cangas, o Mercado Mariñeiro "Muros mira ao Mar"o festival "Parranda&Trucks" de Portonovo, o "Mercado de Nadal" do Concello de Narón ou o Programa APEGO do Auditorio Municipal de Ourense, nunha versión para bebés.

Ao ser un espectáculo concebido para escenario, con cuarta parede e con grande protagonismo do aspecto musical, non precisamos dunha adaptación COVID, dado que garda as distancias e mantén as medidas de seguridade

AUTONOMÍA TÉCNICA.

Os nosos espectáculos infantís están pensados para ser autónomos a nivel técnico, aportando o noso propio equipo de son de 1600 w, axeitado para aforos e formatos medios.

Os orzamentos inclúen este equipamento, así como unha persoa de asistencia técnica e de produción.

A ficha técnica redúcese a tarima ou escenario de 6 x 4 m, permiso de circulación e estacionamento, toma de corrente de 220 v e camerinos con auga corrente e espellos.

s

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

ENDEREZO FISCAL

Suscríbete ás novas

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco

Nelson Quinteiro

Producións