top of page

DISCOGRAFÍA

Musicalmente activo dende 1997, Nelson Quinteiro ten sido percusionista, pandereteiro e sobre todo vocalista, cantareiro e arranxista de interesantes propostas de canto tradicional como a banda de fusión "Cabesa de Pau", o grupo de pandereteiras "Liñaceira" ou o grupo "Maghúa Pandereteiros", ademais dos espectáculos en solitario "Contador e cantareiro" ou "Pandereteiro Interactivo"

No ano 2007 entra en contacto co mundo dos pedais de loop e delay, chegando a unha innovadora proposta polifónica en directo arredor da música de tradición oral galega, e coa que pon en marcha os espectáculos "As Mans Perdidas" ou crea as bandas sonoras para espectáculos de danza tradicional-contemporánea como "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!" (Co-producción 2012 do Centro Coreográfico Galego).

GALLETA ACOPLADA.tif
72965553_2498672523531730_23312973132820

No ano 2014, e por medio dunha campaña de crowdfunding bota adiante o seu primeiro traballo discográfico de corte profesional, baixo o título "Orquesta Gharbo!", que acada increíbles críticas da prensa especializada.

Actualmente vén de presentar o disco "Músicas de Domingo", unha nova aposta que mestura música tradicional galega con piano de cola da man de Brais González e que, ademais de colleitar inmellorables críticas é finalista nos XIX Premios Opinión de Músicas de Raíz nas categorías de mellor artista e mellor adaptación dunha peza tradicional.

Ambolos discos foron unha autoproducción baixo o paraugas de Inquedanzas Sonoras S.L.

Foron gravados e editados nos estudios da Fundación SGAE Arteria Noroeste de Santiago de Compostela  con mestura, masterización e producción técnica da man de Gerardo Amigo.

bottom of page