APALPADORIÑOS


Premendo no icono terás acceso a un COMPLETO DOSSIER DO ESPECTÁCULO coa descripción completa do espectáculo, elenco, intencións e orzamento.

Unha grande produción de danza, música e teatro posible grazas ao apoio das subvencións ao Impulso de Sector Escénico Galego 2020 promovidas dende a Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC-Xunta de Galicia e coa colaboración do Excmo Concello de Poio, que apoiou o proxecto mediante unha residencia artística e albergue para tres representacións no Centro Cultural Xaime Illa.

En "Apalpadoriños" damos cita a un formidable elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns, de cara a dar un novo pulo e adaptación COVID á nosa máis especial montaxe temática de Nadal destinada a toda a familia e que contará con versión de sala e de rúa, en formato itinerante.

Cunha xira moi especial no Nadal 2020 na que visitamos Poio, Touro, Valdoviño, Rianxo, Negreira, Pontevedra, a Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela ou Salceda de Caselas .

TÍTERES

XIGANTES

Un dos atractivos fundamentais do noso espectáculo reside na posta en escena de dous títeres xigantes de tres metros de alto proxectados en co-producción coa Compañía de Títeres Errantes de Burgos, cos que Nelson Quinteiro entrou en contacto no Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura 2017 e con quen temos  grande amizade.

Dúas figuras agarimosas que representar ao mítico carboaeiro do Courel e mais á súa dona, a Apalpadora.

DANZA

TRADICIONAL

Xa que os "Apalpadoriños" veñen a ser algo así como os tradicionais trasnos domésticos que recolle a tradición oral galega a través dos contos e dos relatos, non se nos ocorre mellor forma de concebilos que a través da danza tradicional e popular galega, dándolle unha volta de parafuso e enriquecéndoa co particular linguaxe dos coreógrafos Iván Villar e Nelson Quinteiro, nun laboratorio de movementos e coreográfico para facer danza escénica galega. O corpo de baile estará formado polos propios Villar e Quinteiro, así como polos bailaríns Yohel Santos, Laura Casás e María Cordeiro, membros habituais dos cabarés de Nelson Quinteiro.

MÚSICA

AO VIVO

Os Apalpadoriños non poderían ter outra banda sonora máis axeitada que a música tradiconal e popular galega, polo que ofrecemos un animado combo ao vivo formado por gaita, acordeón, ukelele e percusión en forma de animadas pasacorredoiras, pasodobles, muiñeiras e xotas regadas cunha chea de panxoliñas.

Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita e pitos), Xan Pérez (percusión e voces) e Nelson Quinteiro (voz, pandeireta, caixón flamenco e ukelele) fan a banda sonora do espectáculo.

TEATRO

Na súa versión escénica, a montaxe toma formato de espectáculo de variedades para ofrecer unha  unha peculiar viaxe pola Galicia imaxinaria, na que dous simpáticos elfos interpretados por Adela Bértolo e Iván Davila serán os presentadores dun magazine emitido dende o Courel con música en directo, cancións, coreografías, entrevistas ou incluso deslocalización a varios puntos da xeografía galega!

Flashtop Christmas.

Os trasnos do Nadal.

Un auténtico cabaré navideño con coreografías poéticas e outras máis desenfadadas, números de maxia, clown, cinta acrobática, cancións e todo o espíritu navideño, cunha escenografía ben xeitosa, co seu teatriño navideño e árbores de Nadal. 

Ao son dos temas máis clásicos do nadal, como o "Jingle Bells", "Let's Snow" ou "Joy to the World", entre outros, estes elfos e elfas farán bailar a todo o mundo contaxiando aos espectadores/as coa maxia do Nadal.

Unha proposta de teatro-danza e animación altamente participativa e na que, ademais de bailar, convidaremos ao público a unha batalla de bolas de neve imaxinaria, bailar ao "janchete" ou imitar aos animais e personaxes máis entrañables do Nadal. 

Xénero: Espectáculo de teatro-danza infantil e familiar pensado para teatros, auditorios ou especialmente carpas e escenario en aberto. Dispoñible tamén en formato pasarrúas e intervención urbana.

Data de estrea: Festival "O Bosque de Nadal" 2018 en Viveiros O Piñeiro.
Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Intérpretes: Adela Bértolo, Nelson Quinteiro, Yohel Santos, María Cordeiro, Laura Casas, Kathy Sánchez, Iván Davila, Manu Albariñas Otero, entre outros/as.

Duración: 70 minutos

Na súa versión itinerante consiste nun asalto escénico completamente navideño que asaltará as túas rúas, prazas ou centros comerciais con unha trepulación de elfos máxicos a cabalo do trineo do mesmísimo Papá Nóel e chegados directamente dende o polo norte.

Podedes ver un vídeo que dá conta das dúas facetas do espectáculo durante a súa posta en escena no festival "Pequeno Circo de Nadal".

s

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

ENDEREZO FISCAL

Suscríbete ás novas

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Experiencias Emocionantes en Danza, Música e Teatro".

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco

Nelson Quinteiro

Producións