CABARÉ CABARÉ!

4 DÍAS CO MELLOR CABARÉ EN PONTEVEDRA.
Un festival de cabaré con epicentro na Praza da Ferrería aderezado con pasarrúas e espectáculos itinerantes durante dutante os días 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2021.
Pontevedra vai ser un grande cabaré!

Pontevedra convírtese nun cabaré!

Achégase o festival "Cabaré Cabaré!", unha nova proposta moi especial do Concello de Pontevedra que durante catro días encherá a cidade do Lérez de descaro, provocación, swing, burlesque, humor ou espectáculos itinerantes


Achégase unha programación moi cabareteira e especial dentro da programación "O Son da Rúa" do Excmo Concello de Pontevedra. Baixo o nome "CABARÉ CABARÉ!" atópase un festival de cabaré cheo de propostas co mellor swing, burlesque, cabaret berlinés, fusión de estilos,  espectáculos itinerantes, empoderamento, glamour, música, ritmo, descaro ou provocación.
Será do xoves 29 de xullo ao domingo 1 de agosto con epicentro cada noite ás 22:00 h na Praza da Ferrería.

 

E completamente de balde!

CARTEL CABARÉ CABARÉ.jpg
LAS ANTONIAS BAN.jpg

Las Antonias Band

Xoves 29 de xullo de 2021

22:00 h Praza da Ferrería

Pontevedra

Un concerto escénico con diversión, optimismo, empoderamento, actitude, participación.

 

As Antonias comparten o seu lema "Todas somos Antonias" adaptando boleros e cancións coñecidas para engadir personalidade ás súas letras.

 

Cinco mulleres no escenario desfrutando e facendo desfrutar.

 

Un novo xeito de entender o cabaré con un prisma femenino e contemporáneo.

AS ANTONIAS.jpg

Menil Swing

Venres 30 de xullo de 2021

22:00 h Praza da Ferrería

Pontevedra

Unha das bandas de swing e "manouche" máis recoñecidas do panorama estatal.

 

Fundada polo violinista Raúl Márquez (Swing Machine Orquestra, Zenet, Cabaret Flotante), arróupase dos mellores músicos para montar unha auténtica festa con sabor gypsie jazz.

 

Non estarán solos!

Será unha grande festa na que non faltará o claqué do bailarín Lucas Tadeo ou as voces de varios dos cabareteiros/as galegos máis consolidados, como Lilí Berlín, Iria Pinheiro ou Nelson Quinteiro, que cantarán temas moi especiais coa banda.

 

Unha velada increíble co swing como fío conductor.

MENIL.jpg

Gala de cabaré berlinés

Sábado 31 de xullo de 2021

22:00 h Praza da Ferrería

Pontevedra

Todo o que o público agarda cando asiste a un espectáculo de cabaré!

 

Fume, sensualidade, provocación, ruptura da cuarta parede, coreografías corais, números con sillas, corsetería, sombreiros...


Da man da Compañía Nelson Quinteiro con artistas invitados como o dúo "Lilí Berlín" formado por Suso Alonso e Branca Cendán, a actriz e presentadora Iria Pinheiro, o bailarín Iván Villar (Nova Galega de Danza) ou o acordeonista Álvaro Cardalda. 

Unha auténtica festa para desfrutar e deixarse seducir!

CABARÉ BERLINÉS.jpg
ESTREA A3.jpg

Fala-Me.

Galician Trad Cabaré

Domingo 1 de agosto de 2021

22:00 h Praza da Ferrería

Pontevedra

O cabareteiro local Nelson Quinteiro sube ás táboas da Ferrería asumindo unha nova e rompedora proposta na que fusiona o cabaré como xénero coa estética, música e danza tradicional que latexan no seu facer artístico dende os inicios da súa carreira.


O resultado é cumprir unha antiga arela na que consigue fusionar xéneros como o cabaré, a foliada, o musical ou mesmo a zarzuela.


Arroupado con un poderoso elenco no que destacan tanto os músicos coma os bailaríns, o "Trad-Cabaré" de Nelson Quinteiro lévanos a un salón de baile galego dos anos 30 no que acontecen cousas tan galegas como a regueifa, o parrafeo, o serán, o torreiro, a danza e contradanza nunha atmósfera canalla, sensual, provocadora e moi moi fetichista.


Unha proposta na que os instrumentos ou máscaras ancestrais feitas a medida, o vestiario e os complementos realzan o discurse de fondo de empoderamento da língua, a cultura, a música e danza galegas. 

TRAD CABARÉ.jpg